Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés Biblioteca de carácter xeral que ten como obxectivo cubrir as necesidades informativas, educativas, culturais e de ocio dos cidadáns. Sala de reunións

A Biblioteca Pública da Coruña, construida de nova planta nun barrio de expansión da cidade, ocupa unha superficie de 5.869 m2 útiles distribuidos en tres plantas. As noticias máis antigas que se conservan da Biblioteca datan de 1882. Instalada no Instituto de Segunda Enseñanza Eusebio da Guarda, pasou despois a formar parte da Casa da Cultura da Coruña, creada en 1956. No 1989, o Ministerio de Cu

ltura e a Xunta de Galicia asinan un convenio polo que o Estado segue conservando a titularidade e transfire a xestión á Xunta de Galicia. O 23 de setembro de 1994 modifícase o convenio no que se refire á ubicación da Biblioteca, que pasa desde ese momento ao edificio actual e, o 4 de abril de 1995 engádese a denominación Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés. Distribución do edificio:

Planta Baixa
Vestíbulo, control de seguridade e gardarroupa Catálogos de acceso en liña-OPACs Zona de exposicións e Salón de actos Centros de interese Sala Infantil-Xuvenil Zona de descanso

Planta Primeira
Sala de préstamo Hemeroteca Sala de medios audiovisuais Aula Web Zona de exposicións Zona de administración e dirección

Planta Segunda
Sala de consulta Comicteca

Fantásticas historias contadas por especialistas en Lingua de Signos da FAXPG Federación de Asociacións de Persoas Xorda...
04/09/2026

Fantásticas historias contadas por especialistas en Lingua de Signos da FAXPG Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia
🕛Sábado 5 de setembro. 12:00 h.
🔵Bebeteca. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Bótalle un ollo ás actividades de setembro!
04/09/2026

Bótalle un ollo ás actividades de setembro!

"Entre os froitos do outono: última poesía galega", 45 poetas e unha antoloxía para o século XXI. Mostra bibliográfica n...
02/09/2026

"Entre os froitos do outono: última poesía galega", 45 poetas e unha antoloxía para o século XXI.
Mostra bibliográfica no andar baixo.
Podes consultar a guía de lectura na seguinte ligazón: https://www.calameo.com/read/0006653462a5f75070185

Lembrade que a partir de hoxe a biblioteca volve ao seu horario habitual: Luns a venres de 8:30 a 20:30Sábados de 10:00 ...
01/09/2026

Lembrade que a partir de hoxe a biblioteca volve ao seu horario habitual:
Luns a venres de 8:30 a 20:30
Sábados de 10:00 a 14:00

Dende o country inesquecible e o cinema entrañable ata o rock, a comedia e os clásicos de culto, hoxe rendemos homenaxe ...
27/08/2026

Dende o country inesquecible e o cinema entrañable ata o rock, a comedia e os clásicos de culto, hoxe rendemos homenaxe a dúas figuras irrepetibles do espectáculo cunha selección especial de películas e música. Descobre as súas historias, revive os seus mellores momentos e déixate inspirar polo seu talento!

Pásate polo primeiro andar da biblioteca e visita a mostra audiovisual de Dolly Parton e Tim Curry.

Onte tivemos a sorte de contar cun grupo de rapaces da Escola do Real Club Deportivo de La Coruña  de visita na biblio.C...
27/08/2026

Onte tivemos a sorte de contar cun grupo de rapaces da Escola do Real Club Deportivo de La Coruña de visita na biblio.
Con eles fixemos un percorrido polas instalacións para que coñecesen os nosos servizos e recursos. Ademais, puideron visitar a exposición de carteis do Trofeo Teresa Herrera, e achegarse á historia do club a través da nosa hemeroteca.
Foi un pracer atendervos!

11/08/2026

Está a piques de celebrarse a L###I edición do Trofeo Teresa Herrera!
Na biblioteca facemos un percorrido pola historia deste emblemático torneo a través dos seus carteis, que nos permiten lembrar algunhas das súas edicións máis destacadas.
Podedes visitar a exposición no 1.º andar da biblioteca.

04/08/2026

Xa queda menos para a do DÍA 12; pero se tedes présa, nesta Biblioteca todos os días temos o noso particular eclipse (9:30-10:00) sempre e cando o noso amigo das Azores nos axude. E se o sol🌞 non aparece a Lúa🌔🌚 é a protagonista da exposición dos contos📚 da eclipse.

Dirección

Calle Miguel González Garcés, 1
A Coruña
15008

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 20:30
Martes 08:30 - 20:30
Miércoles 08:30 - 20:30
Jueves 08:30 - 20:30
Viernes 08:30 - 20:30
Sábado 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría