BNG - Deputación da Coruña

BNG - Deputación da Coruña Páxina en Facebook do Grupo Provincial do BNG Asembleas Abertas na Deputación da Coruña.

🟦 Xosé Regueira destaca o investimento de 2,24 millóns que a Deputación repartirá entre 19 entes e asociacións turística...
07/09/2026

🟦 Xosé Regueira destaca o investimento de 2,24 millóns que a Deputación repartirá entre 19 entes e asociacións turísticas para impulsar a calidade e competitividade do sector en 2026.

🗣️ O vicepresidente valorou moi positivamente a resolución definitiva dunha convocatoria que «reforza o modelo turístico polo que aposta a Deputación: un modelo de calidade, sostible, descentralizado e respectuoso co territorio».

🗣️ «Con esta liña de axudas, dotamos as mancomunidades, consorcios e asociacións do sector dos recursos necesarios para desenvolver produtos turísticos de alto valor engadido, profesionalizar a xestión nos destinos e consolidar a provincia como un referente tanto a nivel nacional como internacional».

🗣️ Para Regueira, o programa «blinda e dá continuidade a proxectos de vertebración territorial», coma o Xeoparque do Cabo Ortegal, a Reserva de Biosfera das Mariñas Coruñesas, os itinerarios náuticos ou o Camiño Inglés.

🗣️ «Garantir a suficiencia financeira destes entes é clave para que a provincia siga medrando de xeito equilibrado e xerando dinamismo económico no conxunto do territorio».

05/09/2026

🟦 Así, neste minutiño, resumímosvos a presentación, onte no Pazo da Cultura de Carballo, do , «un proxecto que representa moi ben aquilo no que cremos desde a area de Cultura da Deputación: unha cultura de calidade, accesible, descentralizada e capaz de transformar os lugares nos que acontece», en palabras da deputada de Cultura, Natividade González.

🗣️ Natividade González: «Apoiar o FIOT é apoiar as artes escénicas, apoiar a creación e apoiar o dereito da cidadanía a ...
04/09/2026

🗣️ Natividade González: «Apoiar o FIOT é apoiar as artes escénicas, apoiar a creación e apoiar o dereito da cidadanía a acceder á cultura».

🟦 A deputada do BNG participou esta tarde na presentación do programa do festival, que se vai celebrar do 23 de setembro ao 31 de outubro en Carballo e volve contar co apoio da Deputación da Coruña.

🗣️ «Na Deputación», subliñou González, «sentimos o FIOT tamén como un proxecto moi próximo, porque levamos anos acompañándoo e apoiando unha iniciativa que representa moi ben aquilo no que cremos desde a area de Cultura: unha cultura de calidade, accesible, descentralizada e capaz de transformar os lugares nos que acontece».

🗣️ «Hai festivais que traen espectáculos e hai festivais que, despois de tantos anos, constrúen identidade», destacou. «O FIOT é destes últimos: forma parte xa da identidade cultural de Carballo e é tamén unha referencia das artes escénicas galegas».

🗣️ «Trinta e cinco edicións falan de moitos anos de traballo, de compromiso co teatro e, sobre todo, dun público que fixo seu este festival e que o converteu nunha das grandes citas culturais do noso país».

🗣️ Natividade González destaca «a capacidade da Semana do Patrimonio Invisible e  e As Noites do Patrimonio para descubr...
03/09/2026

🗣️ Natividade González destaca «a capacidade da Semana do Patrimonio Invisible e e As Noites do Patrimonio para descubrir a herdanza monumental de Compostela e para facer da cultura algo vivo, próximo e compartido».

🟦 O ciclo, impulsado polo Concello de Santiago a través de Compostela Cultura, vaise celebrar do 7 ao 12 de setembro e volve contar coa colaboración de Cultura Deputación da Coruña a través do convenio co Auditorio de Galicia.

🗣️ «Un convenio que fomos incrementando ao longo destes anos porque entendemos que apoiar a cultura en Compostela é tamén apoiar a cultura de todo o país», salientou a deputada do BNG na presentación esta mañá do programa, que compartiu coa concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, e co xestor cultural de Trivium, Manuel Rial.

🗣️ Para a titular de Cultura, «a Semana do Patrimonio Invisible ten, ademais, algo que me parece especialmente fermoso: permítenos mirar Compostela doutro xeito, abrir espazos que habitualmente permanecen pechados, descubrir o que se agocha detrás de edificios polos que pasamos tantas veces e achegarnos á súa historia a través de visitas coidadas e en grupos reducidos».

🗣️ «E iso ten tamén moito que ver coa maneira na que entendemos a cultura desde a Deputación: coma un dereito e coma unha ferramenta para coñecermos e recoñecermos o noso patrimonio», subliñou. «Porque conservar o patrimonio non significa unicamente protexelo: significa tamén abrilo, explicalo, compartilo e conseguir que a cidadanía o sinta como propio».

03/09/2026

🟦 Xosé P***s convídavos a g***r do ciclo Espazos Sonoros 2026, que este sábado, ás 20 horas, comeza na igrexa de San Tomé de Monteagudo, de Arteixo, co concerto do conxunto suízo Le Miroir de Musique.

02/09/2026

🗣️ «A Festa do Lúpulo encaixa perfectamente coa campaña 'A paisaxe que sabe', pois é capaz de atraer turismo desde a diferenza».

🟦 Díxoo esta mañá a nosa portavoz, Avia Veira, na presentación da Festa, que se vai celebrar en Betanzos do 11 ao 13 de setembro co apoio de Turismo da Deputación.

🟦 Sol Agra lembra a importancia de seguir dándolle visibilidade á realidade da represión na provincia da Coruña durante ...
01/09/2026

🟦 Sol Agra lembra a importancia de seguir dándolle visibilidade á realidade da represión na provincia da Coruña durante o golpe de estado militar do ano 1936.

🟦 A titular de Dereitos Civís visitou hoxe no cemiterio de Serantes a cata arqueolóxica que, ata o 11 de setembro, alí se está a desenvolver, coordinada polo grupo de investigación Histagra da USC, co obxectivo de determinar a localización e o estado dunha das foxas da violencia franquista rexistradas no camposanto ferrolán.

🟦 As actuacións forman parte do convenio entre a Deputación da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela, financiado cunha subvención de 150 000 € do Ministerio de Política Territorial y Memoria Democrática, que permitiu o estudo e exhumación das foxas do cemiterio de Beira, en Carral –onde apareceron catro corpos e puideron exhumarse dous, traballos que xa remataron en xullo–, e vai posibilitar en datas vindeiras a mesma intervención no de Boisaca, en Santiago de Compostela.

🗣️ «Aquí», afirmou Agra, «non chegou a haber guerra, ningunha batalla, só persoas asasinadas por pensar que a república representaba a lexitimidade saída das eleccións».

🗣️ «No caso deste cemiterio, as investigacións falan de máis de 190 homes enterrados en varias foxas comúns, despois de matanzas masivas, de até 20 ou 30 persoas a un tempo; ás máis delas, militares patriotas, que non traizoaron o seu xuramento de defender a legalidade».

🗣️ «Non sabemos se poderemos sacar todos os corpos pola colocación posterior de nichos, pero tentaremos pescudar onde se atopan para dignificar os seus nomes as súas historias de valentía», explicou. «Debémosllo a eles e ás súas familias, e a toda a sociedade, porque sen coñecer a verdade é imposible ter liberdade para ter opinión».

31/08/2026

🟦 Natividade González reafirma a aposta da área de Cultura da Deputación por festivais coma a II Mostra de Teatro no Mosteiro, que se vai celebrar do 3 ao 5 de setembro no cenobio de San Salvador, de Bergondo.

🟦 A deputada do BNG presentou esta mañá a cita, unha iniciativa do Concello de Bergondo e da Asociación Cultural Catro Gatos que conta co patrocinio da administración provincial. Acompañárona a concelleira de Cultura bergondesa, Patricia Vázquez, e Tone Martínez, de Galeatro, unhas das tres compañías en cartel, ademais de Dani Blanco Cía e do grupo amador de Catro Gatos.

🟦 Sol Agra reivindica a memoria histórica e pide «oficializar o 17 de agosto como Día da Galiza Mártir».🟦 Fíxoo esta tar...
17/08/2026

🟦 Sol Agra reivindica a memoria histórica e pide «oficializar o 17 de agosto como Día da Galiza Mártir».

🟦 Fíxoo esta tarde na Coruña, nun acto organizado pola Deputación e pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda no que se rendeu homenaxe ás vítimas do franquismo.

🗣️ «O 17 de agosto non é un día calquera, senón unha xornada na que a dor se transforma en rebeldía e en memoria viva para render tributo a todas as persoas represaliadas, paseadas nas cunetas, exiliadas ou torturadas por defender a liberdade e a democracia».

🗣️ A deputada do BNG subliñou «a urxencia de combater o revisionismo histórico» e advertiu: «Non haberá unha democracia plena mentres quede un só corpo sen identificar nas gabias ou se sigan a branquear os crimes da ditadura».

🗣️ Agra destacou a figura de Alexandre Bóveda, fusilado hai hoxe noventa anos, «como motor e alma organizadora do Estatuto de Autonomía de 1936 e cuxo sacrificio foi fío condutor dunha resistencia galega que inclúe os Mártires de Carral, Antolín Faraldo, o nacemento das Irmandades da Fala e a loita clandestina de Moncho Reboiras, asasinado en Ferrol en 1975».

🗣️ Tamén tivo un recordo especial «para as mulleres humilladas e represaliadas polo réxime, os mestres, os mariñeiros, os labregos e os traballadores que sufriron a barbarie franquista».

🟦 Sol Agra representou onte en Melide a Deputación na homenaxe dos departamentos provinciais de Cultura e Igualdade á fo...
15/08/2026

🟦 Sol Agra representou onte en Melide a Deputación na homenaxe dos departamentos provinciais de Cultura e Igualdade á fotógrafa pioneira Mary Quintero, nun acto ao que tamén asistiron a concelleira de Cultura Ana Mosteiro e a ex alcaldesa da localidade, Soqui Cea.

🗣️ Agra reivindicou o valor político e social do acto e lembrou que, durante séculos, «a historia oficial deitouse sobre olladas maioritariamente masculinas e os grandes nomes que se recoñecían eran homes; pero as mulleres sempre estivemos aí, detrás e diante das cámaras, sostendo a memoria do noso pobo, aínda que moitas veces dende a invisibilidade».

🗣️ «Mary Quintero rompeu todos os moldes e converteuse na primeira muller galega en abrir un estudio co seu propio nome», sinalou. «Iso non foi só un fito profesional, foi un acto de absoluta rebeldía e empoderamento nunha España onde as mulleres nin sequera tiñan dereitos civís básicos».

🗣️ «Hoxe, grazas a Mary, as mozas que collen unha cámara saben que o seu lugar está no centro da creación, liderando o relato do noso tempo. Porque a fotografía non é só unha imaxe bonita; é patrimonio, é memoria colectiva e é unha ferramenta imprescindible para construír a igualdade».

Dirección

A Coruña

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG - Deputación da Coruña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir