08/06/2026
📅 O próximo venres, 12 de xuño, o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología MUNCYT acollerá a charla "Cando a Lúa apaga o Sol: a grande eclipse de 2026 na Coruña" impartida por Xabier Pérez Couto “AstroXabi”, matemático e astrofísico do CITIC Centro de Investigación TIC - Universidade da Coruña.
🗓️🌒O próximo venres, 12 de xuño, o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología MUNCYT acollerá a charla-obradoiro "Cando a Lúa apaga o Sol: a grande eclipse de 2026". Será impartida por Xabier Pérez Couto “AstroXabi”, matemático e astrofísico do CITIC Centro de Investigación TIC - Universidade da Coruña.
☀️😎Estará centrada na singularidade dunha eclipse total e a súa relevancia desde o punto de vista científico. A continuación, as persoas participantes poderán poñerse mans á obra e recibir consellos prácticos para a súa observación.
🕢 Hora: 19:30 h
📍Onde? MUNCYT
👥 Público: xeral e familiar, reserva previa en [email protected]