17/06/2026
[GAL]
O 1 de maio de 1963, a nena Mercedes escríbelle unha carta ao gobernador civil para informarlle de que cando ela estaba soa en casa, a Garda Civil apareceu con dous veterinarios para castrar ao porco familiar. Ela, asustada, deixounos pasar e foi buscar a súa nai. As dúas, vían como perdían o sustento familiar, así que Mercedes recrimínalle ao gobernador que “non hai dereito a quitarlle o modo de vivir a dúas persoas”, que elas só teñen a casa feita coa axuda do pobo, o cocho e unha cría de 5 meses que tamén queren capar. “Xa bastante traballo ten un con ser pobre que aos pobres ninguén os atende”.
O expediente dinos que súa nai foi, no seu momento denunciada polo veterinario municipal pola obrigación de castrar ao porco para utilizalo como semental. Ela manifestou que quería matricular ao animal pero non o fixo, o que elevou a 250 pesetas de multa e a castración do mesmo.
[ES]
El 1 de mayo de 1963, la niña Mercedes le escribe una carta al gobernador civil para informarle de que cuando ella estaba sola en casa, la Guardia Civil apareció con dos veterinarios para castrar al cerdo familiar. Ella, asustada, les dejó pasar y se fue a buscar a su madre. Las dos veían cómo perdían el sustento familiar, así que Mercedes le recrimina al gobernador que “no hai derecho a quitarle el modo de vivir a dos personas”, que ellas sólo tienen la casa hecha con ayuda del pueblo, el cerdo y una cría de 5 meses que también quieren capar. “Ya bastante trabajo tiene uno con ser pobre que a los pobres nadie los atiende”.
El expediente nos dice que su madre fue, en su momento denunciada por el veterinario municipal por la obligación de castrar al cerdo para utilizarlo como semental. Ella manifestó que quería matricular al animal pero no lo realizó, lo que elevó a 250 pesetas de multa y a la castración del mismo.
Sig. 33625/127