Biblioteca Casa Consulado

Biblioteca Casa Consulado Fundación cultural privada más antigua de España, con una importante colección de libro antiguo, a disposición de investigadores y público en general

Fundación cultural más antigua de España, con una importante colección de libro antiguo, a disposición de investigadores y público en general.

🔬 Hoy celebramos el Día Internacional de la Mujer y la Ciencia recordando a Émilie du Châtelet, una de las científicas m...
11/02/2026

🔬 Hoy celebramos el Día Internacional de la Mujer y la Ciencia recordando a Émilie du Châtelet, una de las científicas más brillantes del siglo XVIII.

Matemática, física y traductora de Newton, Émilie fue una intelectual clave de la Ilustración. En el castillo de Cirey, junto a Voltaire, debatía sobre literatura, filosofía y los últimos descubrimientos científicos, y realizaba experimentos pioneros sobre el calor y el fuego.

En 1737 se convirtió en la primera mujer en publicar en la Academia de Ciencias de Francia. Su traducción del Principia de Newton difundió la física moderna en Europa y aún hoy es una referencia.

📚 Una vida dedicada al conocimiento y a la defensa de la razón y la ciencia.

📅Este xoves 27 de novembro, completamos o noso ciclo de Galicia no horizonte coa intervención de Juan Manuel Liñares Six...
25/11/2025

📅Este xoves 27 de novembro, completamos o noso ciclo de Galicia no horizonte coa intervención de Juan Manuel Liñares Sixto, doutor en Medicina e máster en Historia Militar na USC, que impartirá a conferencia Vida, horror e morte nas viaxes transoceánicas.

Liñares mergullaranos nas severas condicións da vida a bordo: alimentación e hixiene, enfermidades e incluso a morte dos mareantes, así como na práctica médica da época.

Para pechar con un broche musical, contaremos coa actuación do Coro da Escola Municipal de Música da Coruña.

Agradecemos a colaboración da Cultura da Deputación da Coruña, a Vicaría Episcopal territorial da Coruña-Arzobispado de Santiago, a Escuela Municipal de Música de A Coruña e o Concello da Coruña
📍 Igrexa das Capuchinas, A Coruña
🕢 19:30 h

📅Este xoves 20 de novembro continúa o ciclo Galicia no horizonte, coa conferencia De Galicia á Especiaría. A participaci...
19/11/2025

📅Este xoves 20 de novembro continúa o ciclo Galicia no horizonte, coa conferencia De Galicia á Especiaría. A participación galega nas expedicións de Magallanes e Loaysa, impartida por Tomás Mazón, investigador y divulgador especializado nas grandes navegacións do século XVI e creador do recoñecido proxecto Ruta Elcano.
Nesta charla, Mazón afondará no papel, ás veces pouco recoñecido, que tiveron numerosos mariñeiros e profesionais galegos en dúas das expedicións máis decisivas da historia marítima: a armada de Magallanes-Elcano, que completou a primeira volta ao mundo, e a de Loaysa, destinada a asegurar a presenza hispana na ruta cara ás Molucas. A partir de fontes documentais e testemuños da época, poñerase en valor a pegada galega nestas grandes empresas oceánicas
📍 Igrexa das Capuchinas, A Coruña
🕢 19:30 h

📅 “Galicia no espello da arte. Unha viaxe polas súas cidades e arquitecturas na Idade Moderna”, a segunda conferencia de...
13/11/2025

📅 “Galicia no espello da arte. Unha viaxe polas súas cidades e arquitecturas na Idade Moderna”, a segunda conferencia deste ciclo do 2025, será impartida polo catedrático emérito de Historia da Arte da USC Alfredo Vigo Trasancos, reputado especialista en temas de arquitectura e urbanismo e gran coñecedor das cidades galegas nesta etapa.

Esperámosvos hoxe xoves 13 de novembro as 19.30, na Igrexa das Capuchinas.

Coa colaboración da Cultura da Deputación da Coruña, a Vicaría Episcopal Territorial da Coruña. Arzobispado, e o Concello da Coruña

📅 Este xoves, 6 de novembro, dá comezo o noso ciclo Galicia no horizonte coa conferencia inaugural a cargo de Mia Rodríg...
06/11/2025

📅 Este xoves, 6 de novembro, dá comezo o noso ciclo Galicia no horizonte coa conferencia inaugural a cargo de Mia Rodríguez-Salgado, Catedrática Emérita de Historia na London School of Economics and Political Science (LSE), recoñecida especialista en historia internacional da Idade Moderna e, en particular, na monarquía hispánica dos Habsburgo.
A súa intervención, titulada “Reis, armadas, comercio e peste en ‘o mellor porto nos vosos reinos’. A Coruña no século XVI”, invítanos a descubrir o papel estratéxico da cidade herculina no contexto político, económico e sanitario do século XVI.
📍 Igrexa das Capuchinas, A Coruña
🕢 19:30 h
Entrada libre, con inscrición recomendada:
👉 bibliotecacasaconsulado.com/axenda-e-novas
📧 [email protected] | ☎️ 981 206 274
Coa colaboración de Cultura da Deputación da Coruña, Vicaría Episcopal Territorial da Coruña (Arcebispado) e Concello da Coruña.

31/10/2025
Antes de comezar novembro, temos o pracer de anunciar o noso ciclo de outono 2025: Galicia no horizonte: visitas, expedi...
31/10/2025

Antes de comezar novembro, temos o pracer de anunciar o noso ciclo de outono 2025: Galicia no horizonte: visitas, expedicións, enfermidades e olladas (ss. XVI-XVIII).

Este ciclo de conferencias convídanos a descubrir como foi a conexión de Galicia co mundo entre os séculos XVI e XVIII. Ao longo de catro charlas, exploraremos:
⚓ o papel da Coruña como porto clave en tempos de comercio e epidemias,
🎨 a representación das súas cidades a través da arte,
🌍 a participación galega nas expedicións de Magallanes e Loaysa,
🚢 e as duras condicións de vida nas viaxes transoceánicas.

Un percorrido apaixonante pola historia, a aventura e a saúde na Galicia da Idade Moderna — catro olladas complementarias para comprender mellor a nosa historia e a súa proxección atlántica.

📅 Datas: 6, 13, 20 e 27 de novembro
🕢 Hora: 19:30 h
📍 Lugar: Igrexa das Capuchinas, A Coruña

A entrada é gratuíta, pero recoméndase inscrición previa a través de:
👉 https://www.bibliotecacasaconsulado.com/.../axenda-e-novas

📧 [email protected]

☎️ 981 206 274

Coa colaboración de: Cultura da Deputación da Coruña, Vicaría Episcopal Territorial da Coruña (Arcebispado) e Concello da Coruña

🌕 Esta noite brilla a Lúa do CervoO 10 de xullo regálanos a lúa chea deste mes, coñecida como Lúa do Cervo.En moitas cul...
10/07/2025

🌕 Esta noite brilla a Lúa do Cervo
O 10 de xullo regálanos a lúa chea deste mes, coñecida como Lúa do Cervo.
En moitas culturas, este momento marcaba o cambio de ciclo, as colleitas, a renovación.

🌙 Na Biblioteca da Casa Consulado conservamos libros de astronomía, almanaques e gravados que nos amosan como, dende hai séculos, a humanidade observa a Lúa como símbolo, guía ou inspiración.

Esta noite, convidámoste a facer o mesmo:
🔭 Mira ao ceo.
📖 Pensa en todo o que nos une a quen, hai séculos, tamén erguía a vista dende outro lugar, coa mesma emoción.

́rica
🌕 Esta noche brilla la Luna de Ciervo
El 10 de julio nos regala la luna llena de este mes, conocida como Luna de Ciervo.
En muchas culturas, este momento marcaba el cambio de ciclo, las cosechas, la renovación.
🌙 En la Biblioteca de la Casa Consulado conservamos libros de astronomía, almanaques y grabados que nos muestran cómo, desde hace siglos, la humanidad observa la Luna como símbolo, guía o inspiración.
Esta noche, te invitamos a hacer lo mismo:
🔭 Mira al cielo.
📖 Piensa en todo lo que nos une a quienes, siglos atrás, también alzaban la vista desde otro lugar, pero con la misma emoción.
́rica

✨ MULLERES OCULTAS ENTRE OS NOSOS LIBROS ✨Ao longo da historia, moitas mulleres contribuíron ao avance das ciencias, das...
19/06/2025

✨ MULLERES OCULTAS ENTRE OS NOSOS LIBROS ✨

Ao longo da historia, moitas mulleres contribuíron ao avance das ciencias, das letras e da cultura. Pero os seus nomes e logros quedaron, en moitos casos, esquecidos entre as páxinas dos libros.

Na Biblioteca da Casa Consulado, queremos devolverlles o lugar que merecen, compartindo as súas historias gardadas entre os nosos fondos antigos.

📚 Egeria, unha viaxeira da Gallaecia do século IV, autora do primeiro relato de viaxes coñecido en latín.
🔬 Trótula de Salerno, médica do século XI e pioneira na Escola Médica de Salerno.
📝 María de Zayas, escritora valente que desafiou as regras sociais do seu tempo.
🔬 Émilie du Châtelet, científica que traduciu a Newton e participou dos debates científicos da súa época.
📝 Gertrudis Gómez de Avellaneda e Emilia Pardo Bazán, defensoras do acceso das mulleres á educación e á literatura.

E moitas máis: ilustradoras científicas, grabadoras, mecenas, educadoras...

📖 Se queres coñecer as súas historias, achégate á nosa biblioteca ou síguenos aquí.
Dende os libros antigos tamén se pode mirar cara o futuro.

Na festa das Letras Galegas celebramos a nosa lingua, cultura e tradición musical!Hoxe acompañámonos de cantareiras, pan...
16/05/2025

Na festa das Letras Galegas celebramos a nosa lingua, cultura e tradición musical!

Hoxe acompañámonos de cantareiras, pandereiteiras e bailadoras para lembrar que a nosa poesía popular sempre soou con música

Dende os Cancioneiros Galegos de Xosé Pérez Ballesteros no século XIX, ata os recollidos por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina no século XX, a nosa biblioteca garda estas xoias da tradición.

Achégate a coñecelas!

Expediciones desde Coruña, en el siglo XVI
08/05/2025

Expediciones desde Coruña, en el siglo XVI

Un libro rescata la segunda circunnavegación de la historia, pilotada por Elcano rumbo a las Molucas para abastecer a la Casa de Contratación de Especiería concedida por Carlos I a la ciudad

12/12/2024

Hoxe queremos agradecer a participación no ciclo Mulleres Guerreiras nos séculos XV-XVII a Noelia García Pérez , a Bernardo García García, a Carmen Saavedra Vázquez e a Mía Rodríguez Salgado, polas súas exposicións tan expresivas e elocuentes, sobre mulleres artistas ou iconos femininos, sobre mulleres soldado ou mulleres pioneiras na enxeñaría militar, mulleres míticas e mesmo reais. E ao padroado con Javier Padín ao frente, e a Mia Rodriguez Salgado pola organización do ciclo. E por suposto a todos os asistentes ás conferencias e o “equipo de montaxe” e ao Coro da Escola Municipal, coa súa estupenda interpretación
Agardámosvos no seguinte ciclo. Grazas e bo Nadal!

Dirección

PLAZA PINTOR ÁLVAREZ SOTOMAYOR Nº 1 BAJO (antes Panaderas 58)
A Coruña
15001

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 13:30
Martes 09:30 - 13:30
Miércoles 09:30 - 13:30
Jueves 09:30 - 13:30
Viernes 09:30 - 13:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca Casa Consulado publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Biblioteca Casa Consulado:

Compartir

Categoría