20/10/2023
A guía LACES recolle esta ✨ oportunidade de negocio ✨ para a eurorrexión de GALICIA - NORTE DE PORTUGAL.
As aldeas típicas do Norte de Portugal e da Galicia están, en gran parte, desertificadas e esquecidas. Predomina unha poboación envellecida e as edificacións atópanse en mal estado de conservación. Con todo, son lugares de inmensa tradición e historia, encuadrados por paisaxes naturais de extrema 🏞 e posuidores dunha excelente e pouco coñecida gastronomía 🍲 que merecen ser promovidos.
As tendencias do turismo mundial indican que o Turismo de Natureza e o Touring Cultural e Paisaxístico medran cada ano cerca do 7%, potenciados pola vontade de coñecer, interactuar, explorar e obter experiencias de gran valor simbólico. Estas aldeas típicas encerran todo o potencial para prover os turistas con todos estes produtos. As tendencias do sector apuntan cara a unha mistura de experiencias culturais 🎃 materiais e inmateriais, de natureza e de saúde e benestar, 🌅 visto que o turista ten cada vez mais interese en crecer interiormente.
A recuperación destas aldeas debe ter o foco dirixido cara a economía circular, ♻ a transición dixital 💻 e a eficiencia enerxética, con técnicas innovadoras e diferenciadas.
Son exemplos de posíbeis vías de actuación:
// Recuperación total ou parcial dunha aldea abandonada, con vocación para Touring Cultural e Paisaxístico, o descanso e a relaxación.
// Iniciativas enfocadas a persoas maiores, creando paquetes turísticos pedagóxicos, con uso das infraestruturas existentes, para a transmisión dos oficios, saberes, culinaria e experiencias.
// Recuperación do espazo rural con vertente comunitaria e ecolóxica, nunha óptica de Ecoaldea/Ecovila.
// Creación de iniciativas para a promoción online nacional e internacional das aldeas xa recuperadas.
Se precisas máis información sobre esta idea de negocio, ponte en contacto connosco.