12/06/2026
📣 O Club de Produto Galicia Suroeste dá un paso máis na súa andaina coa súa presentación oficial
🗓 Venres, 26 de xuño
🕢 19:30 h
📍 Viñedos Altos de Torona
Unha xornada para poñer en valor o noso territorio, o sector primario e a artesanía, conectando experiencias turísticas auténticas e sostibles.
Nos vindeiros días compartiremos máis detalles sobre o evento, que servirá como punto de encontro para o tecido económico local.