08/06/2016
Interesante!
As mozas e mozos de 14 a 30 anos interesados en participar en DepoRúARTE xa poden inscribirse nas actividades que ofrece este programa nos seus respectivos concellos. Para iso deberán cubrir os formularios que están dispoñibles tanto no propio concello coma na web www.depo.es
Entre as actividades nas que poderán participar, desde o remate do curso escolar ata primeiros de setembro, están as habilidades en break dance, rap, funky ou hip-hop; disciplinas de slackline, monopatín ou patinaxe; eventos de arte urbana coma o graffiti, xogos malabares e monólogos na rúa; creación de historietas, fanzines e curtas co móbil e mesmo obradoiros de cociña e coctelería.
Máis información: http://ow.ly/asFk300ZF7l