Renova Vigo

Renova Vigo OLIVEIRA - Organización LIBre da Esquerda IRreverente Autónoma.

07/04/2020

Vertebrar o territorio.
Ilegalizar o seguro de alquiler.
Reformar a economía.
Reclamar que a nosa enerxía sexa xestionada por nós.
Reverter os recortes en sanidade.
Reabrir o Anexo do Hospital Xeral, as plantas pechadas do meixoeiro e as súas urxencias, e os hospitais Nicolás Peña e Rebullón.
Reverter a LOMCE.
Promover políticas de fronteira.
Crear unha empresa de transportes pública propiedade da Xunta.
Redes de cercanías e vía estreita nas catro provincias.
Tranvía para Vigo.
Fiscalidade xusta para co(a)s traballadorxs.
Recoñecemento dos dereitos de todas as minorías.
Fomento do idioma galego.
Redistribución da poboación entre os pobos das áreas metropolitanas.
Creación de "novas cidades" como resultado do punto anterior.
Autoconsumo enerxético.
Xestión responsable dos recursos.

Podería seguir, pero estas deberán ser as liñas de actuación. Porque de nada vale definirse no eixo político, se non hai propostas que substenten esta definición.

Por unha política da unión.
Oliveira - Organización Libre da Esquerda Irreverente Galega.

07/04/2020

En virtude da aplicación do Estado de Alarma, as eleccións autonómicas suspéndense. Existe unha necesidade en Galicia que é o voto daquelas persoas que non se sinten identificadas co tradicional, cos de sempre, cos novos. Grazas a que existe este sentimento de impotencia política nunha parte do suxeito político galego, cumpre que esta parte do eleitorado se organice de xeito libre e autónomo.

Baixo a sombra da oliveira, a primavera galega nacerá.

Próximamente, publicarase un Manifesto. Espérase que exista realimentación por parte daquelxs interesadxs.

25/04/2017

Liña H3, un logro do proletariado de Teis fronte ás imposicións da mafia que ten a concesión, e a mafia que lla dá. Exemplo de viguismo, loita de clases e altura de miras. Adiante!! Avante!!

(Destacar, que por primeira vez Vitrasa pensou un recorrido axeitado en 65 anos de historia, mais seguen a ser miserables en canto á frecuencia. Municipalización XA!)

15/12/2016

fil:///E:/AV-PAPV/manifesto%20AV%20%28MOD%29.pdf

18/11/2016

Viguismo non só é unha nova provincia para Vigo. Viguismo é articular un novo ente político onde ninguén sexa máis que ninguén, unha asemblea de xente na que decidamos as persoas que a compoñemos. Iso pretende tamén ser Asemblea Viguista, unha nova maioría social que recupere para Vigo o que merece. A cidade gobernada pola súa xente, para a súa xente. Imos AV

15/11/2016

Tui é a provincia que nos pertenecería agora, e que nos foi usurpada. Alégrame ver que a xente se interesa, ainda que mínimamente. Precisamos base social pra levar a cabo estes cambios

Recuperar para Vigo o que lle pertence como pobo soberano. Levantemos o pensamento viguista e levémolo a todos os rincón...
15/11/2016

Recuperar para Vigo o que lle pertence como pobo soberano. Levantemos o pensamento viguista e levémolo a todos os rincóns da nosa cidade. O sur de Pontevedra chamarase Vigo, e con iso mellorará as condición de vida da xente. Descentralizar o poder implica mellor administración do mesmo. Imos AV

Tui é a provincia que nos pertenecería agora, e que nos foi usurpada. Alégrame ver que a xente se interesa, ainda que mínimamente. Precisamos base social pra levar a cabo estes cambios

13/11/2016

A Asemblea pretende articular poder popular que aglutine o pensamento viguista, unha provincia na que nós sexamos quen de decidir, de ter representantes nas Cámaras lexislativas e de propoñer leis. Somos o motor económico máis importante da Galiza, e se fósemos electoralmente independentes, seriamos quen de facer máis forte o movimento do 15-M. Porque precisamos trazar alianzas fraternas. Viva Vigo, avante Asemblea

04/11/2016

Dádelle pola rede!! Precisamos base social e unha asemblea constituínte da organización, a nosa función, o noso espazo no espectro, a concreción do viguismo e falar de propostas. Fáltame subir o proxecto de Estatuto, pero o ideario resúmese na primeira entrada da páxina. Forza!!

01/11/2016

Esas fotos constitúen un esquema dos obxectivos e propostas que cómpre debatir para constituír a formación. Facede chegar esta páxina aos vigueses e viguesas, e aos compatriotas do Condado, Paradanta e Baixo Miño, Cangas e Moaña. Xuntos somos máis grandes

01/11/2016

Dirección

Vigo

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Renova Vigo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir