25/05/2026
🌽 HABITAR O MILLO VERDE DENDE OS COIDADOS 💜
O Millo Verde non é só un festival, é un espazo que construímos colectivamente durante uns días. Pero sabemos algo fundamental: a festa non é unha burbulla.
Por iso, dende xunto co , presentamos e coidamos o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ás Violencias. Unha ferramenta que naceu para facer visible o que adoita quedar oculto e para afirmar con claridade que queremos facer as cousas doutra maneira.
Porque queremos un espazo onde bailar non implique estar alerta e onde ocupar o espazo non sexa un acto de risco.
Este protocolo é unha declaración colectiva: as violencias non son benvidas e non imos mirar cara outro lado. Queremos festa, queremos música e queremos encontro. Pero tamén queremos algo máis: vivir sen medo, habitar o espazo con liberdade e relacionarnos desde o respecto.
A prevención e a resposta non poden recaer só nun equipo. A festa é de todes!. Cando a comunidade implicase, a violencia perde espazo.
🔗 Tedes o protocolo completo dispoñible no link da nosa bio e estivo presente permanentemente no Punto Lila, Diverso e Seguro do festival💚