13/12/2025
👥 A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o concelleiro de Auga e Saneamento, Vicente Reiriz, reuníronse nestes días co director de Augas de Galicia -ente dependente da Xunta de Galicia-, Roi Fernández, para analizar conxuntamente a situación da rede de abastecemento e saneamento do municipio coa finalidade de mellorar ambas.
🚰 Os representantes municipais, xunto con persoal técnico, interesáronse polo estado da tramitación da regularización da concesión de captación do río Sieira, iniciada en agosto de 2020. Isto posibilitaría diminuír o volume de auga que se recibe do punto de captación do río Ulla e, polo tanto, os custes, sen renunciar a un correcto funcionamento do servizo. Ademais, o estado da concesión da captación condiciona os pregos a redactar para a licitación do novo contrato de concesión da rede de abastecemento de Ribeira.
🏞️ Tamén se puxeron sobre a mesa futuras melloras a acometer na depuradora e nos bombeos de saneamento para a optimización deste outro servizo, ademais de buscar a colaboración para a limpeza integral do río Artes.
🔗 Máis información na web municipal: https://www.ribeira.gal/noticias/-/asset_publisher/e68fDEVIe6E7/content/id/641753