Insubmisas Contra o Rearmamento - Galicia

Insubmisas Contra o Rearmamento - Galicia Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Insubmisas Contra o Rearmamento - Galicia, Organización política, Santiago de Compostela.

18/07/2026
Dende Insubmisas contra o Rearmamento Galicia manifestamos a nosa oposición visceral ao intolerable despilfarro de carto...
27/06/2026

Dende Insubmisas contra o Rearmamento Galicia manifestamos a nosa oposición visceral ao intolerable despilfarro de cartos públicos no marco do Semiquincentenario dos Estados Unidos.

O envío de máis de 2.500 militares, cazas e buques de guerra ao outro lado do Atlántico para participar nos fastos deste 4 de xullo é unha mostra flagrante de sometimento e submisión ante o imperialismo ianqui. Mentres o Goberno gasta millóns nesta exhibición de forza, a clase traballadora galega sofre a falta de investimento social.

Esiximos:

• Fin do seguidismo: Non máis submisión a potencias estranxeiras, claro exemplo de belicismo, executores e cómplices directos de xenocidio e apartheid, nin máis propaganda de guerra que busca branquear o militarismo internacional.

• Prioridade social: Transferir o gasto militar de inmediato para reforzar a sanidade, a educación e a vivenda, para garantir unhas pensións dignas e rescatar o sistema de atención á dependencia, a vida no centro.

A soberanía non se defende rendendo preitesía a potencias estranxeiras, senón blindando os servizos públicos e a dignidade da xente.

Gasto militar para escolas e hospitais!
Fóra as forzas imperiais!





Insubmisas contra o Rearmamento Galicia

Desde Insubmisas contra o Rearmamento Galicia denunciamos publicamente a gravísima contradición que supón que, mentres n...
20/06/2026

Desde Insubmisas contra o Rearmamento Galicia denunciamos publicamente a gravísima contradición que supón que, mentres no Parlamento galego se pronuncian discursos condenando o xenocidio contra o pobo palestino.

"Sabemos conscientemente que acabamos de condenar un xenocidio" - Alfonso Rueda, 24 de setembro 2025

A Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia abra un concurso público para adquirir 250 chalecos antibala para a Unidade de Policía Adscrita, ao que se presenta unha empresa cómplice do Estado de Israel.

A empresa Guardian Homeland Security, representante oficial dos principais fabricantes israelís de material policial e militar, é unha das tres candidatas a prover á Xunta de material.
Esta mesma empresa fornece equipamento ás forzas de ocupación sionistas que, neste mesmo momento, continúan asasinando impunemente a poboación civil en Gaza, Cisxordania e o Líbano, a maioría mulleres e nenos, e causando unha destrución sistemática de hospitais, escolas e infraestruturas básicas.

Non podemos tolerar que a Xunta de Galicia, que se di comprometida cos dereitos humanos e a paz, financie indirectamente a maquinaria de morte israelí.
A palabra “xenocidio” non pode ser unha ferramenta de oratoria baleira. Se o Parlamento galego é quen de pronunciar esa palabra, debe actuar en consecuencia: romper toda relación comercial, institucional e política con empresas que colaboran co réxime de apartheid israelí.

Non queremos chalecos manchados de sangue. Non queremos unha Galicia cómplice do xenocidio.

Por unha Galicia antimilitarista, solidaria e libre de complicidade co apartheid israelí!

Insubmissas contra o Rearmamento Galicia

https://praza.gal/politica/o-grupo-dos-principais-fabricantes-militares-israelis-opta-a-fornecer-chalecos-antibalas-a-xunta

A Asemblea Antiimperialista de Compostela ven de organizar unha exitosa palestra sobre como os gastos militares afectan ...
01/06/2026

A Asemblea Antiimperialista de Compostela ven de organizar unha exitosa palestra sobre como os gastos militares afectan aos investimentos no público. Neste contexto actual precisamos avanzar nun movemento amplo contra a guerra e os plans otanistas como expresión do imperialismo occidental. Graciñas ás persoas implicadas e vémonos nunha seguinte.

Cazolada por Palestina en apoyo á Global Sumud Flotilla: Venres 12 de xuño20:30Praza Cervantes, Santiago de Compostela
01/06/2026

Cazolada por Palestina en apoyo á Global Sumud Flotilla:
Venres 12 de xuño
20:30
Praza Cervantes, Santiago de Compostela

31/05/2026

📺 As Insubmisas contra o Rearmamento aparecemos no informativo de RTVE na reportaxe sobre a protesta cidadá celebrada en Vigo contra os actos do Día das Forzas Armadas e o desfile militar.

Agradecemos a todas as persoas e colectivos que participaron nesta mobilización para expresar unha mensaxe clara a favor da paz, da xustiza social e da resolución dialogada dos conflitos.

Nun momento de crecente gasto militar e de políticas de rearmamento, seguimos defendendo que os recursos públicos deben priorizar a sanidade, a educación, os coidados, a vivenda e a protección social.

✊ Por unha sociedade desmilitarizada e comprometida coa paz.



🔗 https://www.facebook.com/share/v/1BGxqiuihC/?mibextid=wwXIfr

31/05/2026

📺 As Insubmisas contra o Rearmamento aparecemos no informativo de RTVE na reportaxe sobre a protesta cidadá celebrada en Vigo contra os actos do Día das Forzas Armadas e o desfile militar.

Agradecemos a todas as persoas e colectivos que participaron nesta mobilización para expresar unha mensaxe clara a favor da paz, da xustiza social e da resolución dialogada dos conflitos.

Nun momento de crecente gasto militar e de políticas de rearmamento, seguimos defendendo que os recursos públicos deben priorizar a sanidade, a educación, os coidados, a vivenda e a protección social.

✊ Por unha sociedade desmilitarizada e comprometida coa paz.



🔗 https://www.facebook.com/share/v/198bwwVtTX/?mibextid=wwXIfr

Manifestación contra o desfile en Vigo
30/05/2026

Manifestación contra o desfile en Vigo

30/05/2026

Manifestación contra o desfile en Vigo

🕛 Á mesma hora que en Samil comezaba o desfile, presidido por Felipe VI e acto central das actividades do Día das Forzas...
30/05/2026

🕛 Á mesma hora que en Samil comezaba o desfile, presidido por Felipe VI e acto central das actividades do Día das Forzas Armadas, no centro de Vigo unhas 3.000 persoas rexeitaban a presenza de tropas militares na cidade e pedían gastar o custo do armamento en Sanidade, Educación e Servizos Sociais

Máis ℹ️nformación en www.vigoalminuto.com

🔗 https://www.facebook.com/share/r/1FGub1tvU2/?mibextid=wwXIfr

Toda la actualidad y última hora de Vigo y su área metropolitana. Sucesos, Cultura, Entretenimiento, Agenda, noticias de Galicia

Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Insubmisas Contra o Rearmamento - Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir