Xuntanza Pola Vivenda Compostela

Xuntanza Pola Vivenda Compostela Xuntanza de persoas polo dereito a unha vivenda gratuíta universal e de calidade

Anunciamos a nosa primeira asamblea aberta o vindeiro venres día 21 na Casa do Taberneiro ás 18h.Esperámosvos a todes pa...
19/02/2025

Anunciamos a nosa primeira asamblea aberta o vindeiro venres día 21 na Casa do Taberneiro ás 18h.

Esperámosvos a todes para seguir xerando solucións ao problema da vivenda!

Nun contexto de crise do sistema capitalista, o conflicto da vivenda constitúe un dos campos máis conflictivos na vida d...
19/02/2025

Nun contexto de crise do sistema capitalista, o conflicto da vivenda constitúe un dos campos máis conflictivos na vida da clase traballadora.

Atopamonos nun intre onde cada vez son máis as persoas sen fogar e os fogares sen persoas, no que medra exponecialmente o custo dos alugueres mentres a infraestructura das nosas vivendas está cada vez máis deteriada.

Todo isto é froito de que a vivenda sexa un ben de mercado máis dentro dun sistema que prioriza os beneficios dunhes pouques por encima da vidas do conxunto da clase traballadora.

Por iso o 5 de abril sairemos ás rúas de Compostela e do resto do Estado para decir alto e claro: Rematemos co negocio da vivenda!

O pasado sábado tivemos as primeiras xornadas organizadas pola Xuntanza pola Vivienda de Compostela.Despois de meses de ...
29/01/2025

O pasado sábado tivemos as primeiras xornadas organizadas pola Xuntanza pola Vivienda de Compostela.

Despois de meses de traballo, estas xornadas serviron para reforzar a necesidade de unirnos contra a mercantilización da vivienda que afecta á maioría da poboación traballadora. Non nos cansamos de repetir que a vivenda é un dereito básico e non un negocio e cómpre organizarse para combater a especulación e a privatización da mesma.

Sabemos que existen as condicións materiais que poidan garantir o acceso universal e gratuíto a unha vivenda digna e de calidade.

Non obstante, o sistema capitalista prioriza os beneficios dunha minoría por enriba das nosas necesidades.

Nestas xornadas, puidemos desfrutar das experiencias postas en común tanto de asociacións doutros territorios como da intervención de entidades locais, o que enriqueceu o debate e reforzou a necesidade de tecer alianzas amplas e solidarias.

Por iso, é imprescindible construír un movemento forte e comunitario que poida facer valer as nosas demandas e que non só denuncie as inxustizas, senón que tamén sexa capaz de promover alternativas en base aos nosos propios intereses como clase.

A formación, a mobilización e a organización son as ferramentas que temos para transformar a realidade. Seguiremos avanzando na creación dun movemento que poida garantir que a vivenda sexa un dereito universal e gratuíto, non un privilexio.

Grazas a todes es poñentes, militantes da Xuntanza pola Vivenda, a Gentalha do Pichel e asistentes por facer posible este espazo de reflexión e loita. Vémonos pronto!

Unhas notas sobre o problema do turismo na cidade de Compostela e as súas consecuencias na vivenda. Un dos moitos temas ...
23/01/2025

Unhas notas sobre o problema do turismo na cidade de Compostela e as súas consecuencias na vivenda. Un dos moitos temas que se tratará o vindeiro sábado 25 na Gentalha do Pichel.

Compostela está a padecer, como moitos outros lugares do Estado, as consecuencias da mercantilización da cidade e a aposta dende as administracións dun modelo de turismo basexado no consumismo e na atracción de masas. Como consecuencia o espazo público foi conquistado poles visitantes e pouco a pouco a veciñanza somos expulsades cara as zonas periféricas, deixando o centro como un escapate para peregrines e turistas. A publicidade que fai a Xunta a través das campañas do Xacobeo, campañas do Camiño de Santiago a través de "influencers" ou a realización de varios macrofestivais fai que a tempada alta de visitantes, a cal dura cada ano máis ,imposibilite á veciñanza descansar, traballar ou disfrutar da cidade.

A aparición de plataformas como Airbnb agravaron a complexa situación do aluguer, especialmente dende a pandemia. Unha plataforma que xurdiu para aumentar o beneficio que es propietaries extraen do negocio da vivenda voltouse o peor inimigo des traballadores. Os que antes eran os nosos fogares, agora son pisos turísticos que enriquecen a uns poucos.

Dende Xuntanza pola vivenda animámosvos a participar neste espazo creado por e para es veciñes para loitar contra a especulación inmobiliaria na cidade, defender o noso dereito a ter unha vivenda gratuíta universal e de calidade e plantexar alternativas de ocio e turismo alonxadas das lóxicas capitalistas e consumistas.

Agardámosvos o próximo día 25 na Gentalha do Pichel para tratar este e moitos máis temas! Podedes seguir enviando un correo se desexades quedar ao xantar ata o venres ás 16:00

Anotade a data! O sábado 25 de xaneiro terá lugar esta xornada de formación na que levamos traballando un tempiño.Estas ...
18/01/2025

Anotade a data! O sábado 25 de xaneiro terá lugar esta xornada de formación na que levamos traballando un tempiño.

Estas xornadas pretenden ser un espazo para aprendermos sobre a cuestión da vivenda en Galiza, sobre a experiencia de veciñas e organizacións doutros territorios pero tamén para compartirmos vivencias e pensar xuntes ferramentas para defender os nosos dereitos a ter unha vivenda gratuíta, universal e de calidade e un proxecto de vida nesta cidade.

Temos a sorte de contar coa A.V. A Xuntanza (), A.V. As Marías (), o Sindicat de Barri de Poble Sec (), o Sindicato de Inquilinos e Inquilinas de Madrid (), o Sindicato de Vivenda de Carabanchel (), o Sindicato de Barrio Falperra-Os Mallos, o Sindicato de Inquilinas de Vigo () e Stop Desahucios.

O acceso é libre, só vos pedimos que enviedes un correo a [email protected] no caso de que queirades quedarvos ao xantar (especificar alérxenos) .

Agardamosvos o próximo sábado ás 10 ❤️‍🔥

Dirección

Santiago De Compostela

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Xuntanza Pola Vivenda Compostela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir