Axencia Galega das Industrias Culturais

Axencia Galega das Industrias Culturais Conta oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais. Xunta de Galicia
🎭🩰 artes escénicas
🎬 audiovisual
🎼 música

A Axencia Galega das Industrias Culturais, adscrita á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego. As súas competencias esténdense á totalidade das actividades culturais e artísticas desenvolvidas por creadores individuais e empresas, na procura dunhas industrias culturais dinámicas, competitivas e innovadoras.

🔵Música, danza, imaxe e performance no 'top' de GalicianTunes🟰 raze como  .
07/09/2026

🔵Música, danza, imaxe e performance no 'top' de GalicianTunes🟰 raze como .

👉 https://www.galiciantunes.com/news/2867

raze: «NINGUÉN PODE LIMITAR A MIÑA IDENTIDADE. SON UNHA TRANSFORMACIÓN CONSTANTE»
ARTISTA DA SEMANA. Música, danza, imaxe e performance atravesan o universo creativo de raze, artista multidisciplinar de Vigo que entende a experimentación e o movemento como parte esencial da súa maneira de crear. En "ºoº" (Alende, 2026), o seu EP debut, reúne seis cancións conectadas sonora e visualmente nas que conviven electrónica, pop, flamenco, desexo, identidade, transformación… e honestidade: “Aprendín que canto máis concretas e sinceras sexan as experiencias que narras nas cancións, máis profundamente poderás conectar co público”. 👉 Le a entrevista completa a raze como en galiciantunes.com.

raze: «NADIE PUEDE LIMITAR MI IDENTIDAD. SOY UNA TRANSFORMACIÓN CONSTANTE»
ARTISTA DE LA SEMANA. Música, danza, imagen y performance atraviesan el universo creativo de raze, artista multidisciplinar de Vigo que entiende la experimentación y el movimiento como parte esencial de su manera de crear. En "ºoº" (Alende, 2026), su EP debut, reúne seis canciones conectadas sonora y visualmente en las que conviven electrónica, pop, flamenco, deseo, identidad, transformación... y honestidad: “He aprendido que cuanto más concretas y sinceras sean las experiencias que narras en las canciones, más profundamente podrás conectar con el público”. 👉 Lee la entrevista completa a raze como en galiciantunes.com.

Axencia Galega das Industrias Culturais Cultura de Galicia

🍂 Xa non concibimos ser un outono cultural galego sen o gran festival de teatro de Carballo. E a piques de comezar está ...
07/09/2026

🍂 Xa non concibimos ser un outono cultural galego sen o gran festival de teatro de Carballo. E a piques de comezar está xa, sete lustros despois da súa primeira edición, avanzando en complicidades co sector, abrindo máis fiestras cara ao exterior e reforzando a súa faceta coprodutora.

👉 Desta volta, do 23 de setembro ao 31 de outubro baixo o lema "Cando todo cae, ven ao teatro", para reivindicar a escena como o mellor refuxio.

👉 O FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro) é beneficiario das subvencións a festivais de artes escénicas de carácter profesional concedidas pola Xunta de Galicia.

🔗 https://industriasculturais.xunta.gal/gl/actualidade/xunta-destaca-capacidade-do-fiot-de-carballo-para-impulsar-creacion-escenica-nunha-35a

🔗 https://fiot.gal/

Moi produtiva a reunión de hoxe coas compañías e artistas que integrarán a delegación galega na 34ª Quinzena de Dança de...
03/09/2026

Moi produtiva a reunión de hoxe coas compañías e artistas que integrarán a delegación galega na 34ª Quinzena de Dança de Almada para coordinar a súa participación no II Foco Galicia Danza, que se celebrará do 1 ao 4 de outubro.

🌎 Colectivo DeXeito, Corpo Liminal, Julia Laport e Nova Galega de Danza presentarán os seus traballos neste encontro profesional, no que tamén participarán en pitchings e manterán encontros con máis de 25 programadores e profesionais internacionais.

🔝 A presenza galega completarase coa estrea de ‘A espera do baleiro’, coprodución da Companhia de Dança de Almada e o Centro Coreográfico Galego que abrirá o festival.

Cultura de Galicia

🎬 Bueu volve converterse neste mes de setembro en escaparate internacional da curtametraxe!A 19ª edición do Festival Int...
01/09/2026

🎬 Bueu volve converterse neste mes de setembro en escaparate internacional da curtametraxe!

A 19ª edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu reunirá filmes procedentes de máis dunha vintena de países, con 32 curtametraxes nas seccións Oficial e Descubertas e unha destacada presenza do audiovisual galego, con obras de Ángel Suanzes, David Fidalgo e Bea Lema.

🎥 Máis de dúas semanas de proxeccións, formación, divulgación e actividades para diferentes públicos, cunha edición que terá na relación entre ciencia ficción e curtametraxe unha das súas liñas temáticas.

🤝 Desde a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, apoiamos unha nova edición do festival cunha achega de preto de 38.000 €, contribuíndo á consolidación dunha cita de referencia para a difusión internacional da curtametraxe e a descuberta de novas voces cinematográficas.

🎬 FICBUEU
📍 Bueu
🗓️ 4-19 de setembro

https://industriasculturais.xunta.gal/gl/actualidade/xunta-apoia-o-festival-internacional-de-cinema-de-bueu-na-sua-19a-edicion-que-reunira

Cultura de Galicia

Xa coñecemos os nomes dos proxectos seleccionados na programación artística de PALCO, que se celebrará en novembro en Sa...
27/08/2026

Xa coñecemos os nomes dos proxectos seleccionados na programación artística de PALCO, que se celebrará en novembro en Santiago de Compostela.

🎶 Despois de recibir 162 propostas na convocatoria artística de PALCO, xa podemos poñerlle nome aos proxectos que este outono subirán aos escenarios do primeiro encontro do sector musical en Galicia:

Abril - Amoebo - Antía Muíño - Apolo 18 - Catuxa Salom - GALICIAN ARMY - High Paw - Lisdexia - Lumedoloop - Maricarme - Néboa - Raze - Tona - Vimbio - Xan Campos

Durante PALCO, do 3 ao 5 de novembro, poderemos velos en directo nas salas compostelás Sala Capitol, Riquela, Sala Sonar e CDG - Salón Teatro, nunha serie de showcases pensados para que profesionais da industria musical poidan coñecer de primeira man estes proxectos.

E grazas ao acordo entre MIL Lisboa e a Xunta de Galicia, un dos proxectos presentados na convocatoria artística viaxará este outono a Lisboa para participar no MIL, mentres que un proxecto portugués formará parte tamén da programación artística de PALCO e actuará durante o encontro.

E que... hai moito talento aquí cerca e hai que poñerlles cara e nome!.

E atención, que PALCO segue abrindo portas: a convocatoria de pitchings continúa aberta ata o 10 de setembro 😉.



Agem Asociación Galega Empresas Musicais
Axencia Galega das Industrias Culturais

📹 Galicia mira ao ceo e tamén detrás das cámaras con ‘Despois da eclipse (Rumbo ás estrelas)’.🎬 O documental, dirixido p...
11/08/2026

📹 Galicia mira ao ceo e tamén detrás das cámaras con ‘Despois da eclipse (Rumbo ás estrelas)’.

🎬 O documental, dirixido por Alba Prol e producido por Meteórica Cine en coprodución con Abano Producións, segue os pasos da científica viguesa Begoña Vila durante os días decisivos da misión Nancy Grace Roman da NASA.

🚀 Para contar esta historia, o equipo está rodando en diferentes instalacións da NASA nos Estados Unidos e tamén en varias localizacións galegas. A presenza de Begoña Vila en Galicia para presenciar a eclipse permitirá incorporar ao documental un momento especialmente singular da súa traxectoria, ligado tamén ao regreso á súa terra e ao reencontro coa súa familia e amizades.

🤝 Unha produción galega con vocación internacional que conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, cunha achega de 120.000 euros.

https://industriasculturais.xunta.gal/gl/actualidade/lopez-campos-pon-en-valor-o-apoio-da-xunta-ao-documental-despois-da-eclipse-rumbo

Cultura de Galicia

As rúas de Vilagarcía de Arousa encheranse de circo, humor e acrobacias co Festaclown!O festival reforza este ano a súa ...
10/08/2026

As rúas de Vilagarcía de Arousa encheranse de circo, humor e acrobacias co Festaclown!

O festival reforza este ano a súa dimensión internacional con compañías e artistas de Colombia, Arxentina e Australia, que compartirán programación con destacadas propostas galegas e do resto do Estado.

💜 A inclusión será tamén protagonista, con propostas como ‘Pallasearte’, unha creación compartida por Igualarte, Con Eles e a Fundación Tchyminigagua, que sitúa a diversidade no centro do escenario.

🤝 Desde a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, apoiamos esta edición con 13.875 €, no marco da liña de subvencións a festivais profesionais de artes escénicas, que este ano distribúe 290.000 € entre 13 citas.

🎪 Festaclown
📍 Vilagarcía de Arousa
🗓️ 17-22 de agosto

Cultura de Galicia Festiclown

Dirección

Santiago De Compostela

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

+34881996078

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Axencia Galega das Industrias Culturais publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Axencia Galega das Industrias Culturais:

Compartir