Concello de Valdoviño

Concello de Valdoviño Facebook oficial do Concello de Valdoviño (A Coruña).

📽🏄‍♀️O Océano Surf Museo  acollerá este venres 11 de setembro unha sesión de cine e relatorio posterior baixo o título "...
07/09/2026

📽🏄‍♀️O Océano Surf Museo acollerá este venres 11 de setembro unha sesión de cine e relatorio posterior baixo o título "Sobre o sentido e o sinsentido das táboas de surf de madeira". Dará comezo ás 20:00 horas no auditorio da casa da cultura, e o público poderá visionar tres curtametraxes de surf, entre elas a galardoada Spaghetti Week, un documental independente que recolle a vida de Job "Jabalí" Verpoorte, un enxeñeiro químico que mudou toda a súa vida para converterse en shaper de táboas de surf. A peza celebra a artesanía da fabricación de táboas de madeira e todo o que gravita ao seu redor: natureza, relacións, surf e oceáno. 😉Precisamente, o propio Job Verpoorte estará presente este venres en , e poñerá o broche de ouro á xornada cunha charla sobre o emprego de madeira como material para a fabricación de táboas de surf. A entrada é de balde e libre ata completar aforo. 🙂Non faltedes

😊⚽Iniciando a tempada, a SD Valdoviño continúa coas portas abertas para aqueles nenos e nenas a partir de 4 anos que des...
07/09/2026

😊⚽Iniciando a tempada, a SD Valdoviño continúa coas portas abertas para aqueles nenos e nenas a partir de 4 anos que desexen formar parte da canteira. 💪🏻Nos últimos anos, o club iniciaba un intenso traballo para recuperar as categorías de base, logrando crear o equipo de xuvenís primeiro, e o de prebenxamíns, benxamíns e alevíns a pasada tempada. 😉Un proxecto ilusionante no que estás a tempo de participar. 🥅Adestran martes e xoves de 17:00 a 18:30 horas, no campo municipal de Mourente, e podedes contactar a través dos 📲 649 298 382 e 629 324 863 ou do 📧[email protected]
-
-
S.D. Valdoviño

📢🫶A 𝐀𝐮𝐥𝐚 𝐝𝐞 𝐂𝐞𝐫𝐚́𝐦𝐢𝐜𝐚 tamén abre inscricións este martes 8 de setembro. Será o segundo curso deste proxecto municipal qu...
07/09/2026

📢🫶A 𝐀𝐮𝐥𝐚 𝐝𝐞 𝐂𝐞𝐫𝐚́𝐦𝐢𝐜𝐚 tamén abre inscricións este martes 8 de setembro. Será o segundo curso deste proxecto municipal que tan boa acollida tivo en 2025. 🔝A artista local Martina Beceiro, con estudo en Vilarrube, repite ao fronte da actividade, destinada a nenos e nenas a partir de 3º de Primaria, e tamén, persoas adultas. 🗓📍As sesións celebraranse os xoves, de 16:30 a 18:30 horas no local social de -antiga unitaria-, avanzando nesa aposta pola descentralización das actividades culturais máis aló da casa da cultura.

😉Se vos animades a participar, podedes formalizar a inscrición ata o 18 de setembro, na casa da cultura de 9:00 a 13:00 horas e a través da sede electrónica.

📢🎨O Concello de   abre inscricións na 𝐀𝐮𝐥𝐚 𝐝𝐞 𝐀𝐫𝐭𝐞𝐬 𝐏𝐥𝐚́𝐬𝐭𝐢𝐜𝐚𝐬. Dada a alta demanda que se rexistra en cada edición, vol...
07/09/2026

📢🎨O Concello de abre inscricións na 𝐀𝐮𝐥𝐚 𝐝𝐞 𝐀𝐫𝐭𝐞𝐬 𝐏𝐥𝐚́𝐬𝐭𝐢𝐜𝐚𝐬. Dada a alta demanda que se rexistra en cada edición, volverán ofertarse prazas para dous grupos: os martes ás 16:30 h e ás 18:30 h. As sesións teñen unha duración de 2 horas, nun espazo do máis inspirador: o local social de , con vistas ao encoro. 👨‍🎨🔝O pintor Manuel Carballeira ponse de novo ao fronte das sesións, con carácter interxeracional, xa que están abertas tanto a nenos e nenas a partir de 7 anos como a persoas adultas. 👉A cota a abonar é de 22,12 euros no caso de menores de idade, e de 29,49 euros para participantes de 18 anos en adiante.

🙂Se estades interesados/as en sumarvos, podedes anotarvos a partir de mañá 8 de setembro, e ata o día 18, presencialmente na casa da cultura de 9:00 a 13:00 horas ou a través da sede electrónica.

🏖️🚭  é un dos 49 concellos de toda Galicia que teñen a categoría de ouro na Rede de Praias Sen Fume, ao ter declarado es...
05/09/2026

🏖️🚭 é un dos 49 concellos de toda Galicia que teñen a categoría de ouro na Rede de Praias Sen Fume, ao ter declarado esta condición para o 100% dos seus areais. Onte, o alcalde, Alberto González, e o concelleiro de Servizos, Benito Vega, desprazábanse á localidade lucense de Begonte para recibir o distintivo de mans do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño. No acto, púxose en valor a consolidación en Galicia da Rede de praias sen fume, a máis ampla de España, concentrando un de cada catro areais libres de tabaco.

👉Os obxectivos fundamentais do programa son protexer a saúde das persoas non fumadoras, coidar o noso patrimonio e medio natural e, sobre todo, desnormalizar o consumo de tabaco e outros produtos como os vapeadores.

🤳Na web da Xunta podedes ampliar info: https://acortar.link/uKl1cm

🏆⚽O Torneo de Fútbol Sala OcioSol 2026 xa ten campións! 🙌🏻O Bar El Paseo proclamábase vencedor da competición tras super...
05/09/2026

🏆⚽O Torneo de Fútbol Sala OcioSol 2026 xa ten campións! 🙌🏻O Bar El Paseo proclamábase vencedor da competición tras superar a O Roxal-Canalones Freijo nunha reñida e igualadísima final disputada onte á noitiña no pavillón municipal O Longoiro, tendo que chegar á prorroga. O partido remataba con empate a dous tantos, e no tempo de desconto os locais marcarían o gol que lles daría o triunfo. Revalidan así o título que lograban xa en 2025. 🥈O Roxal-Canalones Freijo lograba a segunda praza, e Autos Pasuco 🥉, o terceiro posto na clasificación xeral. 🫱🏻‍🫲🏼Na entrega de trofeos, presidida polo concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, e na que tamén participou o edil de Obras, Alejandro García, Bar El Paseo recollía tamén o premio como mellor equipo local, e o xogador Antonio González, de Justo al Revés FS recibía o recoñecemento como o xogador máis veterán do torneo. Parabéns 👏🏻👏🏻👏🏻

📢⚽Atención nenos e nenas! Se o fútbol é a vosa paixón, e queredes aprender formando equipo, o Meiras CF  pode ser a vosa...
04/09/2026

📢⚽Atención nenos e nenas! Se o fútbol é a vosa paixón, e queredes aprender formando equipo, o Meiras CF pode ser a vosa mellor opción. 💚O club local quere completar equipos en biberóns e prebenxamíns, e anímavos a probar os seus adestramentos.

🗓️🕕📍No caso dos biberóns, luns e mércores de 18:00 a 19:00 horas no pavillón O Longoiro
🗓️🕠📍No caso dos prebenxamíns, martes e xoves de 17:30 a 18:45 horas no Misael Prieto

😊Animádevos! Podedes contactar a través do 📲 627 57 33 78 ou 📧 [email protected]

❌N𝒐𝒗𝒐 𝒂𝒄𝒕𝒐 𝒅𝒆 𝒗𝒂𝒏𝒅𝒂𝒍𝒊𝒔𝒎𝒐 𝒏𝒂 𝒄𝒐𝒏𝒕𝒐𝒓𝒏𝒂 𝒅𝒂 𝑭𝒓𝒐𝒖𝒙𝒆𝒊𝒓𝒂. A empresa concesionaria do servizo de augas desprazábase esta mañá at...
04/09/2026

❌N𝒐𝒗𝒐 𝒂𝒄𝒕𝒐 𝒅𝒆 𝒗𝒂𝒏𝒅𝒂𝒍𝒊𝒔𝒎𝒐 𝒏𝒂 𝒄𝒐𝒏𝒕𝒐𝒓𝒏𝒂 𝒅𝒂 𝑭𝒓𝒐𝒖𝒙𝒆𝒊𝒓𝒂. A empresa concesionaria do servizo de augas desprazábase esta mañá ata as inmediacións da caseta de aseos máis próxima á rotonda tras constatar uns niveis desorbitados de consumo de auga na zona. Alí comprobaron que o peche da arqueta na que se atopan as chaves de paso da auga das duchas estaba rebentado, e as chaves, abertas. Así, e tendo en conta que a desfeita tería lugar pola noite, 𝐝𝐮𝐫𝐚𝐧𝐭𝐞 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐬 𝐚 𝐚𝐮𝐠𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐢𝐯𝐨 𝐬𝐚𝐢́𝐧𝐝𝐨 𝐩𝐨𝐫 𝐭𝐨𝐝𝐚𝐬 𝐚𝐬 𝐝𝐮𝐜𝐡𝐚𝐬 𝐝𝐚 𝐩𝐫𝐚𝐢𝐚 𝐝𝐚 𝐅𝐫𝐨𝐮𝐱𝐞𝐢𝐫𝐚. Uns feitos graves, especialmente na situación de seca que estamos a vivir e pola que non se descartan novas restriccións a curto prazo.

👉De feito, no pleno de onte, abordouse este tipo de situacións, e o goberno municipal de informaba aos grupos que nos últimos tempos está sendo habitual que os vándalos accedan a determinadas chaves de paso e abran á auga, especialmente na zona próxima ao areal de Pantín. Unha situación moi complicada de atallar sen cámaras, xa que é imposible ter un axente en cada punto do territorio as 24 horas do día.

🤩Hoxe, ás 21:30 horas, Bar El Paseo e Roxal disputarán a gran final do 𝐓𝐨𝐫𝐧𝐞𝐨 𝐝𝐞 𝐅𝐮́𝐭𝐛𝐨𝐥 𝐒𝐚𝐥𝐚 𝐎𝐜𝐢𝐨𝐒𝐨𝐥. 🏆⚽Será o broche d...
04/09/2026

🤩Hoxe, ás 21:30 horas, Bar El Paseo e Roxal disputarán a gran final do 𝐓𝐨𝐫𝐧𝐞𝐨 𝐝𝐞 𝐅𝐮́𝐭𝐛𝐨𝐥 𝐒𝐚𝐥𝐚 𝐎𝐜𝐢𝐨𝐒𝐨𝐥. 🏆⚽Será o broche de ouro a unha competición que arrincaba a finais de xullo, e que nos permitiu desfrutar da emoción deste deporte ao longo das últimas semanas. Os locais mídense ao equipo nedense buscando revalidar o triunfo do pasado ano, cando conquistaban a copa fronte a Autos Pasuco. A entrada é libre. Non o perdades 😊!

🙋A corporación municipal de   dá luz verde á primeira fase do proxecto básico e de execución do 𝐏𝐥𝐚𝐧 𝐝𝐞 𝐑𝐞𝐜𝐮𝐩𝐞𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚...
04/09/2026

🙋A corporación municipal de dá luz verde á primeira fase do proxecto básico e de execución do 𝐏𝐥𝐚𝐧 𝐝𝐞 𝐑𝐞𝐜𝐮𝐩𝐞𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚𝐬 𝐁𝐚𝐭𝐞𝐫𝐢́𝐚𝐬 𝐝𝐚 𝐝𝐞𝐟𝐞𝐧𝐬𝐚 𝐝𝐞 𝐅𝐞𝐫𝐫𝐨𝐥𝐭𝐞𝐫𝐫𝐚, 𝐪𝐮𝐞 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐯𝐢𝐫𝐚́ 𝐞𝐧 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐞𝐥𝐨 𝐀𝐥𝐭𝐨 e, segundo indicaba o alcalde, Alberto González, suporá o primeiro paso en firme para a recuperación física das infraestruturas. Por unanimidade, o pleno aprobaba o documento na sesión celebrada onte, e abre a porta á contratación das obras por parte da Deputación da Coruña, administración que financiará tamén a intervención ao 100%.

👷Así, nesta primeira fase levaranse a cabo actuacións de consolidación de infraestruturas, limpeza, mobilidade, mellora da seguridade nas construcións -demolicións de cubertas en situación de inestabilidade grave, retirada de cascallos e vexetación ou limpeza de fachadas e interiores, entre outros-, ou sinalización de información ou advertencia.

📍En concreto, actuarase nas seguintes zonas

▪️Acceso a garitas
▪️Edificio para taller, almacén e plantones da batería antiaérea 4x10.5 e construcións vinculadas
▪️Edificio para taller, almacén e plantones da batería 2x38.1 e construción vinculada
▪️Almacéns para municións
▪️Asentamento peza antiaérea 40 mm
▪️Batería de dous pozos
▪️Batería antiáerea de 4 pezas 4x10.5
▪️Telémetros auxiliares
▪️Lavadoiro
▪️Estación central telemétrica (calculador e sala de máquinas)
▪️Edificio de servizo ao Posto de Mando
▪️Telémetro 1
▪️Grupo de mando (telémetro 2)
▪️Asentamento peza antiaérea 20 mm
▪️Asentamento peza antiaérea 20 mm

🤳Na web municipal podedes ampliar info: https://acortar.link/d24EnK

Dirección

Porta Do Sol
S/N
15552

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Valdoviño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Valdoviño:

Atajos

Compartir