22/11/2023
| aAntena "Golpes" con Estíbaliz Veiga
O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Muros programa, dentro dos actos do 25N, a peza teatral "Golpes". Esta peza afonda dun xeito directo e fuxindo do tráxico en como nas accións máis cotiás nace o “golpe” da desigualdade e chega á violencia machista.
📆 Domingo, 26 de novembro ás 19.00 h
🏟️ Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
🎫 Entrada: Gratuíta (ata completar aforo)
💻 Reservas: https://buff.ly/49G2iMM