Concello de Pontedeume

Concello de Pontedeume Páxina oficial do Concello de Pontedeume para informar e facilitar a participación das veciñas e veciños do municipio.

O Concello de Pontedeume desexa unha veciñanza informada e participativa, e que mellor forma de facelo que a través desta páxina de facebook. Nela podes seguir e opinar sobre a actualidade da Corporación Municipal e das accións do Goberno Local, e toda a información sobre axudas, subvencións e toda a información de interese sobre o Concello.

🏳️‍🌈🏳️‍⚧️ O domingo 28 de xuño celebramos o Día do Orgullo coa colaboración das asociacións ALAS A Coruña e Manada Norte...
24/06/2026

🏳️‍🌈🏳️‍⚧️ O domingo 28 de xuño celebramos o Día do Orgullo coa colaboración das asociacións ALAS A Coruña e Manada Norte

Será ás 12:00 na praza Real, con lectura da declaración institucional e degustación do cóctel Arco da Vella da Diversidade 🌈 Non faltes!

🥇🚣‍♂️ Santiago Cruz, campión de Europa!O eumés Santiago Cruz e Jesús Rodríguez, do Fluvial O Barco, proclamáronse esta m...
23/06/2026

🥇🚣‍♂️ Santiago Cruz, campión de Europa!

O eumés Santiago Cruz e Jesús Rodríguez, do Fluvial O Barco, proclamáronse esta mañá Campións de Europa de piragüismo na categoría K2 Veterano (45-54 anos) no Campionato de Europa desputado en Pitești, Romanía 👏🏻🏆

👉🏻 Trátase dun novo éxito internacional para Santiago Cruz, que volve situar o nome de Pontedeume no máis alto do piragüismo europeo, formando unha parella imparable con Jesús Rodríguez.

Parabéns aos dous por esta extraordinaria fazaña deportiva 🛶🌊

⚠️🚨 Quedan suspendidas as queimas que poidan xerar risco de incendios por mor da alerta vermella declarada pola Xunta no...
23/06/2026

⚠️🚨 Quedan suspendidas as queimas que poidan xerar risco de incendios por mor da alerta vermella declarada pola Xunta nos concellos do noroeste da provincia

👉 Só estarán permitidas as sardiñadas que non impliquen risco e extremando as medidas de precaución.

Adxuntamos o bando completo asinado polo alcalde con toda a información. Grazas pola vosa atención!

🐟 Lembrade que xa é 23 de xuño, polo que hoxe a partir das 19:30 temos a nosa Sardiñada de San Xoán!Está organizada pola...
23/06/2026

🐟 Lembrade que xa é 23 de xuño, polo que hoxe a partir das 19:30 temos a nosa Sardiñada de San Xoán!

Está organizada pola Comisión de Festas das Peras 2026 coa colaboración de Sander e Tronada 🔥

Ás 21:00 comezarán as actuacións musicais con DJ Chus e Banda de la O 🎵

📍 Será na pista do parque Sarmiento, e haberá sardiñas, pan e viño por 6 euros. Non faltes!

Saen a licitación os traballos de mellora da eficiencia enerxética no CEIP de Ombre, a escola unitaria da parroquia 🏫O p...
22/06/2026

Saen a licitación os traballos de mellora da eficiencia enerxética no CEIP de Ombre, a escola unitaria da parroquia 🏫

O prazo para a presentación de ofertas rematará o vindeiro día 6 de xullo, e o importe da licitación será duns 100.000 €

👉 A actuación incluirá a retirada da uralita existente en cuberta e a súa substitución por un sistema integral de impermeabilización, illamento térmico e acabado en tella. Tamén a substitución do sistema de calefacción de radiadores eléctricos por bomba de calor aerotérmica e radiadores de aluminio inxectado, a incorporación dun sistema de ventilación mediante colocación de recuperador de calor aire-aire e o cambio das luminarias actuais a tecnoloxía LED.

💚 No día de onte, domingo 21 de xuño, o edificio do Concello iluminouse de verde con motivo do Día Mundial da Esclerose ...
22/06/2026

💚 No día de onte, domingo 21 de xuño, o edificio do Concello iluminouse de verde con motivo do Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).

Con este xesto queremos amosar o noso apoio e solidariedade coas persoas afectadas por esta enfermidade, as súas familias e as asociacións que traballan cada día para dar visibilidade á ELA e impulsar a investigación.

Sumámonos á reivindicación dunha maior concienciación social e do compromiso colectivo para mellorar a calidade de vida das persoas que conviven con esta enfermidade.

Imaxes dos eventos deportivos desta fin de semana 📷🧘🏻‍♀️🚲Celebramos o Día Internacional do Ioga cunha xornada no Paseo M...
22/06/2026

Imaxes dos eventos deportivos desta fin de semana 📷🧘🏻‍♀️🚲

Celebramos o Día Internacional do Ioga cunha xornada no Paseo Marítimo Rosalía de Castro a cargo de Andrea Carrera Ferreiro e Romina Porto ✨

🌞 Consistíu na realización de 108 Saúdos ao Sol, unha práctica tradicional que combina movemento, respiración e concentración.

E a Peña Ciclista Leboreira organizou, un ano más, o seu tradicional Encontro de Clásicas, unha cita imprescindible para amantes das bicicletas históricas e o ciclismo clásico 👏🏻

🚲 Realizaron o seu percorrido polas diferentes zonas da nosa vila e, por suposto, a súa clásica carreira de bicicletas lentas.

21/06/2026

▶️ Aquí vai o resumo das principais novidades, obras e actividades do pasado mes de maio en Pontedeume

👉 Anunciamos e comezamos obras en diferentes puntos do municipio, e celebramos eventos como a Festa dos Maios, a Fashion Night, a Feira das Asociacións ou os Cantos de Taberna, entre outras moitas cousas. Bótalle un ollo!

🟠 Na noite de onte, 20 de xuño, a Casa do Concello iluminouse de cor laranxa para conmemorar o Día da Distrofia Muscular...
21/06/2026

🟠 Na noite de onte, 20 de xuño, a Casa do Concello iluminouse de cor laranxa para conmemorar o Día da Distrofia Muscular Facioescapulohumeral (FSHD)

Esta enfermidade neuromuscular afecta principalmente á musculatura da cara, os ombreiros e os brazos, condicionando de maneira significativa a calidade de vida das persoas que a padecen.

Con este xesto queremos visibilizar esta doenza, mostrar o noso apoio ás persoas afectadas e ás súas familias, e contribuír a impulsar a investigación e a sensibilización social.

Porque dar visibilidade tamén é avanzar cara a un futuro con máis coñecemento, máis recursos e máis esperanza 🧡

19/06/2026

O pasado día 30 de maio desfrutamos dunha fermosa xornada na que coñecimos mellor a fauna e flora do noso municipio da man do experto Xoán Fontaíña 🦋

A xornada incluíu un relatorio e máis unha ruta arredor de Caaveiro. Aquí tedes un vídeo que resume ambas actividades ▶️

Mil grazas a todas as persoas participantes e a Xoán polo seu labor!

👉 A actividade, como parte do plan de sostibilidade turística en destino Fragas do Eume promovido pola Deputación, foi financiada con fondos NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) 🇪🇺🇪🇸

Dirección

Rúal Real 13
Real
15600

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

+34981433054

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Pontedeume publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Pontedeume:

Compartir