Ponteareas en común

Ponteareas en común A xente do común unímonos para facer fronte á necesaria transformación social, ecolóxica e económica de Ponteareas.

Comunicado Ponteareas en Común – 2 de setembro 2026Desde o pasado 30 de xullo de 2026, na Cidade Autónoma de Ceuta atopa...
02/09/2026

Comunicado Ponteareas en Común – 2 de setembro 2026

Desde o pasado 30 de xullo de 2026, na Cidade Autónoma de Ceuta atopamos unha situación de extrema gravidade. Dende Ponteareas en Común erguemos a nosa voz para expresar unha solidariedade inequívoca e fraternal co pobo de Ceuta, coas persoas migrantes e con todas aquelas que alí conviven, cuxos servizos públicos e tecido social están a soportar unha presión extraordinaria por falta de recursos e solidariedade das administracións públicas.

A defensa de Ceuta e da súa cidadanía é inseparable da defensa dos Dereitos Humanos de todas as persoas migrantes, refuxiadas, solicitantes de protección internacional e, con carácter urxente e prioritario, das nenas e nenos que se atopan sen protección familiar. Non hai contradición posible: protexer a Ceuta, protexer a infancia vulnerable e protexer persoas que foxen de situacións de fame, guerra e persecución son faces da mesma resposta democrática, antifascista e humanitaria.

Unha traxedia que non pode quedar impune:

Segundo datos da ONG Caminando Fronteras, polo menos 141 persoas perderon a vida tentando cruzar a fronteira neste último episodio. Non son cifras, son vidas humanas segadas pola necropolítica fronteiriza. Estas mortes esixen situar de xeito inmediato a vida, a dignidade e os dereitos fundamentais no centro de calquera política migratoria. Unha sociedade democrática non pode permitir que o sufrimento nas nosas fronteiras sexa silenciado ou normalizado.

Comunicado completo: https://drive.google.com/file/d/1wKhEJL1e9WisjIXI4BGvQF7JMWmt5ytS/view?usp=sharing

01/09/2026

Vitoria total na praia! 🏃‍♂️🏆

Parabéns a Denis Incutti por proclamarse campión absoluto masculino da XV Carreira Popular Nigrán Area! 🥇

Correr sobre a area nunca é fácil, pero Denis demostrou o seu espectacular estado de forma voando sobre os arenais de Panxón e Praia América para cruzar a meta cun tempazo oficial de 17 minutos e 48 segundos. 🌊🔥

Este triunfo é o resultado da constancia, o talento e a disciplina duns dos nosos atletas, que non para de superarse en cada triatlón, duatlón e carreira da nosa terra.

Un orgullo para o deporte local! 🙌

31/08/2026

🔻🟣 Comedores escolares municipais

O capitalismo ten unha particularidade que ás veces esquecemos: para que exista forza de traballo ten que existir tamén un traballo que a reproduza.
Antes de entrar na fábrica, na oficina ou no comercio, alguén tivo que alimentarnos, coidarnos, limpar, criar e facer posible que mañá volvamos estar en condicións de traballar. Marx chamou a atención sobre esta continuidade entre produción e reprodución: o capitalismo non só produce mercancías, senón tamén necesita reproducir constantemente a propia forza de traballo.
O problema é que unha parte enorme dese traballo queda fóra do salario e das relacións laborais, encerrado no ámbito privado da familia. É dicir: o sistema necesita ese traballo, pero non ten por que pagalo.
Unha idea de enorme actualidade relacionada con isto está na emancipación da muller. Dentro do movemento obreiro, esta non podía consistir simplemente en que as mulleres saísen ao mercado laboral e, ao chegar á casa, continuasen soportando toda a carga doméstica. Había que socializar esas tarefas: crear garderías, lavanderías e, si, tamén comedores colectivos.
Non se trata, polo tanto, de que cada familia xestione mellor individualmente o seu tempo. Trátase de transformar socialmente aquilo que hoxe resolvemos de maneira privada.
E aí é onde pequenas medidas municipais poden ter unha dimensión política. Porque cada servizo público que permite sacar unha necesidade do ámbito privado e resolvela colectivamente é tamén unha pequena conquista contra a individualización das nosas vidas.
Mais non esquezamos unha cousa: todo isto é temporal e reversible se queda só en decisións políticas formais. A loita contra o capitalismo ten que ter lugar todos os días, nas rúas e nos lugares de traballo. Por iso debemos seguir loitando por ampliar a organización obreira.

27/08/2026

🔻🟣 Corrupción

A corrupción adoita presentarse como unha cuestión de individuos: un político que rouba, unha comisión, un contrato amañado. E, evidentemente, existen responsabilidades individuais, mais quedarse aí é abordar o problema superficialmente.

Nunha sociedade na que unha minoría concentra unha parte enorme da riqueza, o poder económico non desaparece cando entra pola porta das institucións. Ao contrario: busca influír sobre elas, condicionar as súas decisións e poñelas ao servizo dos seus intereses. Por iso, cando se nos intenta presentar o Estado, no sistema capitalista, como algo neutral (ou incluso, para algúns, do lado da clase traballadora!), os revolucionarios dicimos que iso non é así e nunca foi tal.

Non deberíamos preguntarnos só quen se levou o diñeiro, senón tamén quen tiña interese en que aquela decisión se tomase.
Hai unha corrupción evidente, a do suborno e o enriquecemento persoal. Pero tamén existe unha forma máis estrutural de captura do poder público: cando intereses privados conseguen orientar as decisións colectivas sen ter que presentarse nunca ás eleccións.
E por iso combater a corrupción non pode limitarse a pedir políticos máis honestos. Combátese organizando á maioría social para fiscalizalo, disputalo e sometelo seus intereses. E, para iso, necesitamos transformar as institucións por completo, convertíndoas, dunha vez por todas, nun instrumento ao servizo da clase traballadora.

🟣🔻Seguimos construíndo o programa co que queremos transformar Ponteareas en 2027.Non queremos un urbanismo feito de cost...
25/08/2026

🟣🔻Seguimos construíndo o programa co que queremos transformar Ponteareas en 2027.

Non queremos un urbanismo feito de costas á veciñanza, baseado en parchear problemas ou en decidir como debe medrar a vila sen contar coa xente.

Cremos nun urbanismo que planifique, que coide os espazos públicos, que facilite a mobilidade, que garanta acceso á vivenda e que faga de Ponteareas unha vila máis habitable, accesible e sostible.

Porque decidir como medra Ponteareas é tamén decidir como vivimos. Por iso continuamos co ciclo de 14 reunións programáticas abertas, para construír entre todas o modelo de vila que queremos.

Sexta sesión: Urbanismo. 🏘️
📍 Venres 28 de agosto
🕕 19:30 H
📌 Sede de PeC

Se tes unha idea para mellorar Ponteareas, este é o teu espazo. A política ten sentido cando serve para mellorar a vida da xente.

23/08/2026

🔻🟣 O maior disparate deportivo da historia de Ponteareas

A historia ensínanos que ningún dereito conquistado pola clase traballadora naceu da obediencia. Na política a cuestión nunca foi se se desafían ou non as regras. A cuestión sempre foi: para beneficiar a quen?
Por iso o realmente importante deste conflito non son os informes desfavorables nin os procedementos retortos. O importante é que todo iso non se utiliza para ampliar dereitos, democratizar as institucións ou responder ás necesidades da maioría social. Utilízase para acelerar un investimento millonario rexeitado pola propia comunidade deportiva e blindalo fronte ao debate público.
A política nunca é neutral. Tampouco as institucións. Pero quen presume de boa xestión debería ser o primeiro en facilitar a fiscalización das súas decisións. Cando ocorre o contrario, a participación convértese nun trámite e a democracia nunha simple escenografía.
Nós defendemos que as institucións non existen para mandar sobre a xente, senón para estar sometidas permanentemente ao control da cidadanía organizada. Porque a democracia non consiste só en votar cada catro anos. Consiste en que o poder nunca deixe de render contas ante quen vai sufrir as consecuencias das súas decisións.

20/08/2026

🔻🟣 Pleno de xullo en Ponteareas: todo o que non deu tempo a contar.

📊 A Conta Xeral de 2025 deixa datos importantes: o IBI urbano pasou de 2,69 a 3,6 millóns de euros, 913.000 € máis; e a taxa do lixo, de 1,01 a 1,46 millóns, 448.000 € máis. Case un millón de euros máis de recadación entre os dous conceptos, sen aplicar criterios progresivos nin ambientais. A lei permite recargas ás vivendas baleiras no IBI e aplicar o principio de que quen máis contamina, máis paga na taxa do lixo, pero non se aplicou ningunha destas medidas.

🎉 O gasto nas festas do Corpus e de setembro ascendeu a 383.578 €, 81.000 € máis que o ano anterior. Publicidade, propaganda e actos de representación sumaron 169.158 €. E a factura da electricidade de edificios municipais e iluminación pública superou os 652.000 €, un dato que debería impulsar, por exemplo, a creación de comunidades enerxéticas.

Outros recortes: 61.000 € menos no Plan Concertado de Servizos Sociais desde 2023; 65.000 € menos para a Escola Infantil; case 72.000 € menos en Atención Temperá dun ano para outro; e preto de 4.000 € menos na subvención do CIM para gastos correntes.

⚖️ Sobre corrupción e contratación pública, defendemos que non é só un problema de persoas concretas, senón estrutural. Empresas como Acciona, FCC, ACS ou OHL continúan obtendo contratos públicos pese aos escándalos que as rodean. En Ponteareas temos un exemplo próximo: o contrato do lixo con FCC, no que a propia empresa redactou os pregos do seu contrato.

🛍️ No Mercado e Mercatea, o regulamento que agora se modifica establece que os comerciantes non teñen dereito a indemnización polos cambios de localización. Consideramos que, polo menos durante o período de adaptación, debería deixarse de cobrar a taxa pola cesión do posto, porque o traslado provoca un prexuízo económico e un beneficio cesante real que non se pode ignorar.

14/08/2026

🥈 ORGULLO DE PONTEAREAS! Alice Finot colga a prata europea 🏃‍♀️

Espectacular carreira da nosa veciña máis rápida! A atleta francesa afincada en Ponteareas acaba de proclamarse subcampioa de Europa dos 3.000 metros obstáculos en Birmingham 🇬🇧 cun tempazo de 9:14.24.

Tras o seu histórico ouro hai dous anos en Roma, Alice volve demostrar que está na elite absoluta do atletismo mundial. ¡Todos estamos a celebrar este éxito contigo! 🌲💙

Parabéns, campioa!🤝

07/08/2026

🏆 PARABÉNS, BRUNO! O Concello de Ponteareas celebra un novo éxito histórico! 🏊‍♂️

💨Dende o Concello de Ponteareas queremos transmitir a nosa máis sincera noraboa ao nadador Bruno Rodríguez da Silva, do Club Natación Ponteareas, tras proclamarse Campión de España Júnior en 50 metros bolboreta en Sabadell!

Bruno pecha unha tempada espectacular demostrando que o esforzo, a constancia e o talento non teñen límites. Cun tempo estratosférico de 24,83 segundos, non só subiu ao máis alto do podio estatal na categoría de 16 anos, senón que tamén bateu a mellor marca galega da súa idade.

O teu pobo está orgulloso de ti, Bruno!

Grazas por levar o nome de Ponteareas ao máis alto do deporte nacional e por ser un exemplo de dedicación para toda a nosa xuventude. Parabéns tamén ao Club Natación Ponteareas por seguir formando a grandes campións e campioas na nosa vila.

¡A por máis éxitos na vindeira tempada! 🥇✨

02/08/2026

🔻🟣 Modelo de vivenda radical

A vivenda non é un ben de especulación. Non é un ben co que gañar cartos á costa da clase traballadora. A vivenda debe ser un dereito para todas e, por iso, debemos colocar o Plan Xeral de Ordenación Municial (PXOM) ao servizo da xente e das traballadoras, rexeitar calquer lucro privado e garantir un teito a todas as persoas da vila.

Seguindo o exemplo de Marinaleda, con esta fórmula se conseguen pagar vivendas en propiedade por 20 euros ao mes. Isto queremos para a nosa vila, vivendas a prezos asequibles e garantizando o seu acceso. Ata que non se atalle o problema da vivenda non vai desaparecer a maior causa de exclusión e desigualdade social. Precisamos dun modelo de vivenda radical.

Dirección

Amado Garra, 12
Puenteareas
36860

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Ponteareas en común publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Ponteareas en común:

Atajos

Compartir

Categoría