02/08/2026
Rematou o noso 25 aniversario e non podemos estar máis orgullosos. 💙
O primeiro agradecemento é para todas e cada unha das persoas que, dalgún xeito, arrimastes o ombreiro para facer posible esta edición tan especial. Por pequena que fose a vosa achega, formastes parte deste soño.
Grazas tamén ás institucións, patrocinadores e colaboradores que aportastes o voso gran de area para que todo saíse adiante.
E queremos facer unha mención moi especial á Protecciòn Civil Porto Do Son. Mil grazas polo voso compromiso, dedicación e enorme traballo durante toda a festa. Sodes unha peza fundamental para que un evento destas dimensións poida celebrarse con todas as garantías.
Sabemos que seguimos tendo cousas que mellorar e erros que corrixir, e traballaremos para facelo de cara ao futuro. Pero, mentres aínda estamos dixerindo todo o vivido nesta edición tan inesquecible, xa estamos pensando, con máis ilusión ca nunca, na seguinte.
Isto só acaba de comezar.
🤍🩵🤎🩷🧡💚💗💛💖♥️
Carmen M e Jorge