Veciñas e veciños de Padrón

Veciñas e veciños de Padrón Facebook Oficial de Veciños de Padrón. VECIÑOS SOMOS TODOS

MANIFESTO FUNDACIONAL

Padrón é un pobo cheo de historia, cultura, berce do Xacobeo, espazos naturais, produtos coñecidos internacionalmente como os pementos de Herbón, un mercado dominical dos máis populares de Galicia, un gran tecido empresarial, comercio, museos, un núcleo urbano cheo de posibilidades, parroquias con encanto e cunha situación xeográfica estratéxica. Vemos como todas estas grand

es virtudes do noso concello, en vez de axudar a prosperar e medrar, cada día van a menos; algunhas lastran o porvir do pobo e non son aproveitadas para o gozo e benestar da xente. É por iso que un grupo de VECIÑOS con distintas ideoloxías decide dar o paso de crear este proxecto para que entre todos poidamos dar a Padrón o impulso que necesita. A nosa finalidade é administrar e xestionar os recursos do noso concello de xeito honesto, transparente e eficaz, para iso é necesario xente nova, con novas ideas, ilusión, dedicación e capacidade de traballo. Dende VECIÑOS de Padrón estamos a sentar as bases para que ti sexas fundamental neste proxecto; queremos a unión de todos/ás para lograr un Padrón mellor.

Dirección

Padrón
15900

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Veciñas e veciños de Padrón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Veciñas e veciños de Padrón:

Compartir