A Casa das Redes SCG

  • Home
  • A Casa das Redes SCG

A Casa das Redes SCG S. Coop. Galega | Val Miñor

🥁 O 2 DE SETEMBRO ABRIMOS AS PORTAS DA ESCOLA TRADICIONAL DE NIGRÁN!E queremos facelo como mellor sabemos: con música, e...
24/08/2026

🥁 O 2 DE SETEMBRO ABRIMOS AS PORTAS DA ESCOLA TRADICIONAL DE NIGRÁN!

E queremos facelo como mellor sabemos: con música, encontro e comunidade a través de unha FOLIADA 🥰

De 19:00 a 22:00h, vémonos no Muíño de Porto do Molle para presentar a Escola, coñecernos, tocar, bailar e pasar unha tarde xuntas arredor da música tradicional.

A idea é sinxela: podes vir aínda que non saibas tocar nada, podes traer o teu instrumento se xa tocas e podes sumarte á foliada se che apetece. Queremos que sexa unha xornada aberta a toda a veciñanza, teñas a idade que teñas e veñas con experiencia ou simplemente con curiosidade.

E si: imos ter barra!

Ademais, ese mesmo día poderás informarte e matricularte na Escola Tradicional de Nigrán para este novo curso.

📅 2 de setembro de 2026
🕖 19:00 – 22:00 h
📍 Muíño de Porto do Molle, Nigrán

Trae o instrumento, trae ganas de foliada ou simplemente ven coñecernos.

Organiza A Casa das Redes coa colaboración do Concello de Nigrán

💙 O 2 de setembro comezamos. E queremos que o Muíño soe.

22/08/2026

Se a vida che da limóns, 🍋

Hoxe arranca o festiletras festival de base en Couto onde se mestura arte, cultura, literatura e aldeanía 💖 e nós co corazón cheo de traballar man a man coa na coordinación do campo de voluntariado Ali, Xaz 💛

Coas voluntarias levamos toda a semana enredando pola aldea colaborando e facendo parte deste soño de festival. Da súa man este vídeo marabilloso que pon en valor todo o traballo destas 44 edicións do Festiletras ✨🌿

Grazas as veciñas de Couto por recibirnos, coidarnos e sumarnos a facer parte do seu saber-facer ✨

VOLVEMOS! NOVO CURSO OFICIAL DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE EN NIGRÁNDespois do éxito da edición intensiva que vivimos este...
21/08/2026

VOLVEMOS! NOVO CURSO OFICIAL DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE EN NIGRÁN

Despois do éxito da edición intensiva que vivimos este verán quedamos con ganas de máis.

Foron días de convivencia, aprendizaxe, dinámicas, xogos, debates, proxectos, natureza e moitísimas horas compartidas. E, sobre todo, confirmamos algo no que cremos moito: un curso de monitor/a pode ser unha formación oficial e rigorosa sen deixar de ser unha experiencia que se vive de verdade.

Por iso, en setembro abrimos unha nova edición do Curso Oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre de A Casa das Redes,recoñecido pola Xunta de Galicia, esta vez en formato de fins de semana para poder compatibilizalo con estudos ou traballo.

📍 Centro 3ªIdade A Ramallosa – Nigrán
📅 Do 18 de setembro ao 18 de decembro
🕓 Venres de 16:00 a 21:00 h
🕘 Sábados de 09:00 a 14:00 h e de 15:00 a 20:00 h
Inscricións: https://forms.gle/91EVzRrgqpfUzEB66

📩 Máis info: [email protected]

🏳️‍🌈 AQUÍ TAMÉN PASOU. AQUÍ TAMÉN (RE)CONSTRUÍMOS A HISTORIA. 🏳️‍🌈Durante moito tempo moitas de nós medramos baixo o ima...
20/08/2026

🏳️‍🌈 AQUÍ TAMÉN PASOU. AQUÍ TAMÉN (RE)CONSTRUÍMOS A HISTORIA. 🏳️‍🌈

Durante moito tempo moitas de nós medramos baixo o imaxinario de que as nosas vidas só existían nas grandes cidades. Que para ser, para amar ou para transitarmos sen medo había que fuxir, había que sexiliarse. Pero o Val Miñor tamén ten memoria q***r, tamén ten orgullo e ten historias que merecen ser recollidas, valorizadas e contadas.

Despois do traballo realizado nos obradoiros e unidades didácticas cos máis novos na campaña ''Baiona Diversa: Memoria, voz e rúa'', damos un paso máis: queremos rescatar do esquecemento todas esas vivencias que teñen como escenario Nigrán, Gondomar e Baiona e como argumento as realidades diversas que atravesan o territorio do Val Miñor.

📢 BUSCAMOS A TÚA VOZ E A TÚA MEMORIA

📸 Tés fotos antigas, cartas ou gardas recordos de como se vivía a diversidade no Val Miñor hai anos?

💬 Viviches aquí a túa identidade ou lembras como era o ambiente, os lugares de encontro ou as festas?

📖 Guardas unha historia de amor, de resistencia ou de desamor (túa ou de alguén que xa non está)?

Non deixemos que a historia a escriban sempre outros. As nosas vidas, as nosas loitas e os nosos afectos son parte fundamental do patrimonio humano, emocional e cultural do Val Miñor.

📥 COMO PARTICIPAR?
Podes compartir connosco o teu relato ou material. A través de:

💬 Escríbenos polo instagram ou facebook
📧 Correo electrónico: [email protected]
📱 WhatsApp: 604 00 81 64

(Podes facelo de xeito totalmente ANÓNIMO se o prefires)

Porque aquí tamén pasou. Porque aquí tamén estamos. E por qué decidir quedarnos nas nosas vilas é un acto político e de amor a nosa comunidade. Axúdanos a reconstruír a nosa memoria colectiva! ✊🏼✨

VOLTAMOS! 🤗✨ NOVO CURSO OFICIAL DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE EN NIGRÁN 📣Despois do éxito da edición intensiva que vivimos...
19/08/2026

VOLTAMOS! 🤗

✨ NOVO CURSO OFICIAL DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE EN NIGRÁN 📣

Despois do éxito da edición intensiva que vivimos este verán quedamos con ganas de máis 🌞 (así somos) 👀

Foron días de convivencia, aprendizaxe, dinámicas, xogos, debates, proxectos, natureza e moitísimas horas compartidas. E, sobre todo, confirmamos algo no que cremos moito: un curso de monitor/a pode ser unha formación oficial e rigorosa sen deixar de ser unha experiencia que se vive de verdade.

Por iso, en setembro abrimos unha nova edición do 💖Curso Oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre de A Casa das Redes 🌿 recoñecido pola Xunta de Galicia, esta vez en formato de fins de semana para poder compatibilizalo con estudos ou traballo.

📍 Centro 3ªIdade A Ramallosa – Nigrán
📅 Do 18 de setembro ao 18 de decembro
🕓 Venres de 16:00h a 21:00h
🕘 Sábados de 09:00h a 14:00h e de 15:00h a 20:00h
Inscricións: https://forms.gle/91EVzRrgqpfUzEB66 (ou no link da nosa bio)

📩 Máis info: [email protected]

🫂🥹💖🌿
18/08/2026

🫂🥹💖🌿

A Casa das Redes pone en marcha, en colaboración con el Concello de Nigrán, una nueva escuela para aprender música tradicional en un espacio bien poco habitual.

Ai ai ai.. xa metade de agosto e sem contarvos que pasou en Xullo 🫶🏾✨🥹🧚🏼‍♂️Na casa do maior celebramos a icónica festiña...
18/08/2026

Ai ai ai.. xa metade de agosto e sem contarvos que pasou en Xullo 🫶🏾✨🥹🧚🏼‍♂️

Na casa do maior celebramos a icónica festiña do verán coas veciñas, amigas, netas e a comunidade de Viladesuso 🥳

Dámaris Sánchez Otero estivo de feliz feliz aniversario 🎉

Xunto con 𝓙𝓸𝓼𝓮 𝓑𝓪𝓻𝓻𝓪 🥀 estivemos por Madrid da man da marabillosa Paula Iglesias Campos coñecendo de primeira man a articulación do orgullo LGBTIQA+ con Federación Estatal LGTBI+ 🏳️‍🌈 e COGAM Colectivo LGTBI+ Madrid dende esa base rabiosa e organizada 🏳️‍🌈🫂 🪭 e de paso estivemos de visita por el resu e en Espacio de intercambio y creación con miradas sociales vendo a furiosa performance de “Apátrida” de Maria Galindo e “Autónoma” de Geoconda Jacome Villacres 🫶🏾

E como non, xuntándonos coas amigas da para seguir construíndo as culturas vivas comunitarias no território con Resucitadero Yoelkis Torres Tapanes Alicia Es Martínez Juan Espacio de intercambio y creación con miradas sociales 🪷

Estivemos visitando a aldea do Couto para acompañar o campo de voluntariado Ali Xaz, e coñecendo o que vai ser o Festiletras 🍋 (e moi contentas de facer dende aquí esta publicación 🥰🫶🏾🧚🏼‍♂️)

Deu certo a primeira edición do Campo de voluntariado “Memoria do mar” coas amigas de Filmes de Pedra . ✨ Onde durante 12 días recolhemos a voz de Lita, Fina, Ito, Suso e Tono 🥹 desenvolvendo unha labor de documentación histórica de base ben ben linda 💙

Estivemos nas festas do Carme de Baiona e en Moaña co Punto Lila, Diverso e Seguro 💜🫂

E lanzamos o que vai ser a Festa Comuneira do vindeiro 28 de Agosto en Montes de Couso 🌻 un eventiño para mestutar cultura, autonomía, autoxestión e comunidade 💖 (non o perdas)

E xa en Agosto, con moito que cotarvos 🌝

Desfrutade o verán, das amigas, da comunidade e do mar amigues 🌊

🌞

🥁 NOVA ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL EN NIGRÁNGústache a música tradicional? Queres aprender desde cero, compartir, tocar...
13/08/2026

🥁 NOVA ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL EN NIGRÁN

Gústache a música tradicional? Queres aprender desde cero, compartir, tocar, bailar e formar parte dun grupo?

Chega a Escola de Música Tradicional de Nigrán, un espazo para achegarnos á nosa música e á nosa cultura dun xeito práctico, divertido e comunitario.

Poderás iniciarte en:

• Pandeireta
• Pandeiro
• Percusión miúda
• Charrasco
• Baile tradicional
• Obradoiros mensuais e actividades especiais

Non é necesario ter experiencia previa. Se sempre tiveches ganas de aprender pero nunca atopaches o momento, esta pode ser a túa oportunidade.

Queremos crear un espazo onde aprender, compartir saberes e facer comunidade arredor da música tradicional. E, sobre todo, facer que a tradición siga viva pasando dunhas mans a outras.

📍 Nigrán

📝 Máis información e inscricións:
https://forms.gle/yMHX5T7fzQZfuPta6

📩 Contacto:
[email protected]

Se coñeces a alguén a quen lle poida interesar, comparte!

30/07/2026
💖
24/07/2026

💖

Un tributo a la gente del mar de Baiona.

Address

Viladesuso

Website

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when A Casa das Redes SCG posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Organization

Send a message to A Casa das Redes SCG:

Shortcuts

  • Want your organization to be the top-listed Government Service?

Share