Concello de Vilamarín

Concello de Vilamarín Vilamarín, Concello de Vilamarín Concello de Vilamarín

🎭 HOXE VENRES 17/07/26, DÍA 5 das ###VII NOITES TEATRAIS VILAMARÍN 2026, Ibuprofeno Teatro presenta a comedia "BIO CONST...
17/07/2026

🎭 HOXE VENRES 17/07/26, DÍA 5 das ###VII NOITES TEATRAIS VILAMARÍN 2026, Ibuprofeno Teatro presenta a comedia "BIO CONSTRUCCIÓN", con Marián Bañobre e Santiago Cortegoso.

SINOPSE:
En BIO CONSTRUCCIÓN unha parella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender, con toda a ilusión, o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. A súa gran creación. E así pasan trinta anos, toda unha vida traballando, lonxe do mundo, cun compromiso inquebrantable.
Entre o surrealismo e o absurdo, a peza pretende ser unha reflexión metafórica sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o teatro e a estupidez humana na sociedade contemporánea.
EQUIPO ARTÍSTICO E TÉCNICO:
En escena: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso
Música en directo e deseño do espazo sonoro: Macarena Montesinos
Texto: Santiago Cortegoso
Dirección: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso
Asistencia de dirección: Marcos PTT
Auxiliar de dirección: Gloria Punzano
Deseño e realización do espazo escénico: Jose Perozo
Deseño e realización de vestiario: Laura Vidales
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Movemento escénico: Armando Martén
Caracterización: Baia Fernández
Imaxe: Diego Seixo
https://ibuprofenoteatro.com/.../esp.../item/bio-construcion

⭐️ Animádevos!!! Ás 22:00 horas no Auditorio do Concello de Vilamarín. Entrada libre ata completar aforo.

ℹ️ Para máis información, na Casa do Concello de Vilamarín ou no teléfono 988 28 60 00.

Ibuprofeno TeatroIbuprofeno Teatro Concello de VilamarínConcello de VilamarínConcello de Vilamarín Xunta de Galicia Deputación de Ourense

🎭 HOXE XOVES 16/07/26, DÍA 4 das ###VII NOITES TEATRAIS VILAMARÍN 2026, Elefante Elegante Teatro presenta a comedia "ALT...
16/07/2026

🎭 HOXE XOVES 16/07/26, DÍA 4 das ###VII NOITES TEATRAIS VILAMARÍN 2026, Elefante Elegante Teatro presenta a comedia "ALTA COSTURA", con María Torres, Pablo Sánchez, Sofía Espiñeira e Raquel Crespo.

SINOPSE:
Un espectáculo cómico, irónico e poético sobre a moda e a súa estreita relación co consumo, o recoñecemento social, a contaminación, a saúde e as condicións laborais.
ALTA COSTURA retrata o percorrido da produción de roupa dende a orixe da materia prima empregada na fabricación dos tecidos ata a confección das pezas, e súa distribución e a perversidade dos mecanismos de reciclaxe.

EQUIPO ARTÍSTICO E TÉCNICO:
Dirección de escena e escenografía: Gonçalo Guerreiro
Interpretación: María Torres, Pablo Sánchez, Sofía Espiñeira, Raquel Crespo
Produción de arte, vestiario e deseño gráfico: Carolina Díguele
Composición musical: Manuel Fonte / Varios autores
Iluminación: Laura R. Duarte
Fotografía: Vanessa Rábade
Produción: Xuexo Prieto
https://elefanteelegante.net/project/alta-costura-es/

⭐️ Animádevos!!! Ás 22:00 horas no Auditorio do Concello de Vilamarín. Entrada libre ata completar aforo.

ℹ️ Para máis información, na Casa do Concello de Vilamarín ou no teléfono 988 28 60 00.

Elefante Elegante Teatro Concello de Vilamarín Xunta de Galicia Deputación de Ourense

🎭 HOXE MÉRCORES 15/07/26, DÍA 3 das ###VII NOITES TEATRAIS VILAMARÍN 2026, De Ste Xeito presenta a comedia "NEURA, UNHA ...
15/07/2026

🎭 HOXE MÉRCORES 15/07/26, DÍA 3 das ###VII NOITES TEATRAIS VILAMARÍN 2026, De Ste Xeito presenta a comedia "NEURA, UNHA COMEDIA NEURÓTICO-FESTIVA", con Stephy Llaryora e Sergio Macías.

SINOPSE:
Comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.

Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a través de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se encontren fronte fronte cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.

Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dun xeito hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental. Un camiño afastado de preconceptos caducos, que confronta con sinxeleza as múltiples alteracións da personalidade. Manías das que ninguén se libra, por moito que as ocultemos ou sexan tabú.

EQUIPO ARTÍSTICO E TÉCNICO:
Elenco: Stephy Llaryora e Sergio Macías
Dramaturxia e dirección: Manuel Pombal
Deseño de escenografía e vestiario: Carlos Alonso
Deseño de iluminación: Jorge Ramos Mourín
Axudante de produción: Steve Dominguez Fernández
Realización de Vídeo: Guillermo Pío Cribeiro
Fotografía:Tere Freiría y Juan Ramilo
https://destexeito.com/es/neura-es/

⭐️ Animádevos!!! Ás 22:00 horas no Auditorio do Concello de Vilamarín. Entrada libre ata completar aforo.

ℹ️ Para máis información, na Casa do Concello de Vilamarín ou no teléfono 988 28 60 00.

De Ste Xeito Concello de Vilamarín Xunta de Galicia Deputación de Ourense Ver menos

🎭 HOXE MARTES 14/07/26, DÍA 2 das ###VII NOITES TEATRAIS VILAMARÍN 2026, Talía Teatro presenta a comedia "A PARÁBOLA DO ...
14/07/2026

🎭 HOXE MARTES 14/07/26, DÍA 2 das ###VII NOITES TEATRAIS VILAMARÍN 2026, Talía Teatro presenta a comedia "A PARÁBOLA DO ANGAZO", con Toño Casais e Artur Trillo.

SINOPSE:
No mundo hai linguas de todo tipo e tamaño. Unhas máis falangueiras, outras máis longas, algunhas tan enormes que enchen a boca, outras tan morniñas que non dan dito nada, e algunhas tan afiadas que mesmo parece que aguilloan ao falar.
E entre todas elas está a nosa: a lingua galega.
Con "A parábola do angazo" queremos sacar a lingua a pacer. Imos botar unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do noso presente e mesmo mirar de esguello ao que haberá no futuro.
Así, rindo a eito, poderemos tirar da nosa lingua para sacala ben fóra e demostrar que aínda ten moito que dicir.

EQUIPO ARTÍSTICO E TÉCNICO:
Intérpretes: Toño Casais, Artur Trillo
Escenografía e iluminación: Dani Trillo
Vestiario e maquillaxe: Martina Cambeiro
Títeres: Borja Ínsua
Música: Manu Abraldes
Fotografía e vídeo: Rubén Prieto
Deseño gráfico: Fausto Isorna
Produción e distribución: Artur Trillo e Auri Ferreiro
Dirección: Diego Rey
https://taliateatro.gal/gl/espectaculos/parabola-do-angazo

⭐️ Animádevos!!! Ás 22:00 horas no Auditorio do Concello de Vilamarín. Entrada libre ata completar aforo.

ℹ️ Para máis información, na Casa do Concello de Vilamarín ou no teléfono 988 28 60 00.

Talía Teatro Concello de Vilamarín Xunta de Galicia Deputación de Ourense

13/07/2026
🏊‍♀️ Programa Fomento Deportivo Deputación de Ourense: Salvamento Acuático no Concello de Vilamarín.🏊‍♂️ O vindeiro mart...
13/07/2026

🏊‍♀️ Programa Fomento Deportivo Deputación de Ourense: Salvamento Acuático no Concello de Vilamarín.

🏊‍♂️ O vindeiro martes 14/07/2026 ás 12:00 horas terá lugar unha actividade lúdico-deportiva na Piscina do Outeiro Maior do Concello de Vilamarín para nenas e nenos, co fin de prever accidentes acuáticos e inicialos en técnicas de salvamento e socorrismo. Actividade realizada polo Club Salvamento Salvour.
https://www.salvour.com/

Concello de Vilamarín Deputación de Ourense Ver menos

🎭 HOXE LUNS 13/07/26, DÍA 1 das ###VII NOITES TEATRAIS VILAMARÍN 2026, O GRUPO DE TEATRO DE VILAMARÍN presenta a comedia...
13/07/2026

🎭 HOXE LUNS 13/07/26, DÍA 1 das ###VII NOITES TEATRAIS VILAMARÍN 2026, O GRUPO DE TEATRO DE VILAMARÍN presenta a comedia "QUE VEÑEN OS AMERICANOS", coa adaptación e a dirección de Eva Tato e Galicia Gutierrez "Gali".

💃🕺 As nosas veciñas e veciños do Concello de Vilamarín estrean a súa nova obra: Iván Novoa, Pepita López, Cristina Ucha, Herminia López, Marilisa Freijedo, Tania Pérez, Alicia Cortés, Modesto Veiras, Amalia Conde, Pepita Guzmán, Consuelo Pérez, Camila Rodríguez, Maricarmen Gómez.

SINOPSE:
Nunha pequena vila chea de ilusións, a chegada dunha delegación americana esperta os soños de prosperidade de toda a veciñanza. Entre preparativos, música, humor e situacións disparatadas, o pobo enteiro transfórmase para recibir os visitantes máis agardados.
QUE VEÑEN OS AMERICANOS é unha comedia tenra e satírica que retrata, con ironía e emoción, as esperanzas dunha sociedade que busca un futuro mellor.

⭐️ Animádevos!!! Ás 22:00 horas no Auditorio do Concello de Vilamarín. Entrada libre ata completar aforo.

ℹ️ Para máis información, na Casa do Concello de Vilamarín ou no teléfono 988 28 60 00.

Churras Con Merinas Concello de Vilamarín Xunta de Galicia Deputación de Ourense Ver menos

13/07/2026

El certamen Noites Teatrais en Vilamarín ofrece cinco comedias gratuitas con grupos locales y del panorama gallego

13/07/2026

El evento cultural, organizado por el Concello de Vilamarín con la colaboración de la Xunta de Galicia y la Diputación de Ourense, se celebrará del 13 al 17 de julio, con entrada libre hasta completar aforo

13/07/2026

El auditorio será el escenario de todas las funciones y contarán con entrada gratuita y libre hasta completar el aforo

Dirección

Concello De Vilamarín
Orense
32101

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Vilamarín publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir