18/09/2021
➖ OBRADOIROS DE FORMACIÓN GRATUITOS EN SAN XOÁN DE RÍO‼️
5 opcións para formarte de xeito totalmente gratuito 🔴Anótate antes do martes 21🔴
1️⃣ INFORMÁTICA (FORMACIÓN DIXITAL PARA MAIORES DE 55 ANOS). Cederaselle unha “Tablet” a cada participante e o curso durará ata Xuño de 2022.
2️⃣ REFORZO ESCOLAR. Os nosos cativos que así o desexen os seus pais terán clases de reforzó. Durarán ata fin de curso.
3️⃣ CARNÉ DE CONDUCIR TEÓRICO, pagamosche a parte teórica, tasas do 1º examen e psicotécnico.
4️⃣ CARNÉ DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS: Curso de 8 horas.
5️⃣ CARNÉ DE MANIPULACIÓN DE PRODUTOS FITOSANITARIOS: Curso de 15 horas.
👉🏾 Voltamos insistir, totalmente gratuitos, anótate antes de que se agoten as prazas. É necesario un mínimo de 5 persoas para realizar todos os cursos salvo o do carné de conducir.
Agardámosvos 🤝
💜 Asociación de Mulleres Anel