22/08/2026
🎶 Hoxe acompañamos á Banda de Música Nova Lira de Moraña na celebración do seu 40 aniversario, nunha xornada especial nos arredores do Santuario dos Milagres de Amil.
Foi un concerto con moita historia detrás, no que tamén volveron tocar persoas que formaron parte da banda hai anos e que se sumaron a esta celebración.
Catro décadas dan para moitos recordos, moita música e moita xente que foi deixando a súa pegada na Nova Lira.
👏 Parabéns por estes 40 anos e por seguir formando parte da vida de Moraña.