Galiza Nova Lugo

Galiza Nova Lugo Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Galiza Nova Lugo, Lugo.

Por Moncho Reboiras.Polo respecto da soberanía popular lucense.Por unha Galiza ceibe e popular.
23/07/2026

Por Moncho Reboiras.

Polo respecto da soberanía popular lucense.

Por unha Galiza ceibe e popular.

Este xoves 23 poñemos fin ás actividades da Semana da Patria na comarca cunha foliada aberta.Bailarmos, cantarmos e toca...
22/07/2026

Este xoves 23 poñemos fin ás actividades da Semana da Patria na comarca cunha foliada aberta.

Bailarmos, cantarmos e tocarmos tamén é facer país. É manter viva a tradición e cultura que nos deixaron os nosos devanceiros.

É coñecer e honrar a todas aquelas galegas que, tamén mediante a música e baile tradicional, denunciaron a persecución da nosa lingua e a nosa identidade.

Agardámosvos!

Onte realizamos un roteiro polas nacentes do Rato da man de ADEGA | Ecoloxismo. Sobre estes terreos, de inmenso valor am...
21/07/2026

Onte realizamos un roteiro polas nacentes do Rato da man de ADEGA | Ecoloxismo. Sobre estes terreos, de inmenso valor ambiental para o noso concello, preténdese urbanizar a ampliación do Polígono do Ceao.

En concreto, serían 32 as hectáreas afectadas, destruíndose regatos, zonas húmidas, charcas, bosques de ribeira e carballeiras.

Máis unha vez observamos como o modelo capitalista vixente intenta levar a cabo un proxecto especulador e nocivo para a nosa terra, escudándose novamente no lema de “desenvolvemento económico”, cando existen numerosas alternativas para a expansión industrial da cidade.

Adega está recadando fondos para poder frear este pelotazo pola vía xudicial. As doazóns pódense facer a través de https://adega.helpbysc.com/rioratosencemento.

Obrigado ás persoas que acudistes.

O próximo mércores 22 de xullo temos o cuarto acto desta Semana da Patria.Despregaremos o bandeirón da nosa nazón, o das...
20/07/2026

O próximo mércores 22 de xullo temos o cuarto acto desta Semana da Patria.

Despregaremos o bandeirón da nosa nazón, o das causas xustas, para reivindicarmos máis un ano o noso dereito a decidir sobre o noso futuro.

O próximo xoves 16 de febreiro temos a segunda actividade desta Semana da Patria, cunha visita guiada á Casa Museo Manue...
14/07/2026

O próximo xoves 16 de febreiro temos a segunda actividade desta Semana da Patria, cunha visita guiada á Casa Museo Manuel María.

Coñeceremos de primeira man o corpus literario dun dos grandes referentes do século XX que, alén do seu valor artístico, representa a propia evolución da nación galega na súa realidade social, cultural e política.

Tamén recalcaremos no seu compromiso político co país, sendo unha das figuras que mellor entroncou o nacionalismo galego actual coa acción política de Castelao.

Agardámosvos!

O próximo martes 14 de xullo teremos o primeiro acto da Semana da Patria organizada pola nosa comarca.Contaremos con Elv...
11/07/2026

O próximo martes 14 de xullo teremos o primeiro acto da Semana da Patria organizada pola nosa comarca.

Contaremos con Elvira Lombao e Maite Ferreiro, que compartirán a súa experiencia como mulleres na militancia política.

Dende unha perspectiva feminista, abordaremos as dificultades adicionais ás que as mulleres aínda teñen que facer fronte unicamente polo feito de ser muller.

📍 Xardíns da Diputación
⏰ 20:00h

Agardámosvos!

𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀 𝐃𝐀 𝐏𝐀𝐓𝐑𝐈𝐀 2026!!Un calendario que un ano máis referencia o noso compromiso coa emancipación do país. Únete a nós‼...
11/07/2026

𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀 𝐃𝐀 𝐏𝐀𝐓𝐑𝐈𝐀 2026!!

Un calendario que un ano máis referencia o noso compromiso coa emancipación do país.

Únete a nós‼️ nestas actividades organizadas pola mocidade nacionalista da comarca de Lugo para promocionar o noso día nacional

Viva Galiza Ceive!

👀 Ollo!! Nova ubicación❗️📣🚩 O próximo sábado 23 de febreiro celebraremos un acto público para presentarmos a nosa campañ...
21/05/2026

👀 Ollo!! Nova ubicación❗️📣

🚩 O próximo sábado 23 de febreiro celebraremos un acto público para presentarmos a nosa campaña “𝐀𝐬 𝐬𝐮́𝐚𝐬 𝐠𝐮𝐞𝐫𝐫𝐚𝐬, 𝐚 𝐧𝐨𝐬𝐚 𝐩𝐫𝐞𝐜𝐚𝐫𝐢𝐞𝐝𝐚𝐝𝐞”.

Fronte ao auxe belicista imposto polas “democracias” capitalistas, a mocidade nacionalista reivindicamos un modelo de paz e soberanía.

A barbarie actual levada a cabo sobre a Palestina, Venezuela, Cuba, Irán ou o Líbano obríganos a mobilizarnos como nunca antes, mostrando a nosa solidariedade interncionalista e repulsa ante calquera caso de inxerencia.

Tamén debemos sinalar publicamente aos actores principais que participan na industria armamentística, tamén no noso país.

Por isto e moito máis, agardámoste o próximo sábado 23 de maio ás 12:30h na Despensa do Saa (Rúa Salvador de Madariaga, 8, Lugo)

🚩 O próximo sábado 23 de febreiro celebraremos un acto público para presentarmos a nosa campaña “𝐀𝐬 𝐬𝐮́𝐚𝐬 𝐠𝐮𝐞𝐫𝐫𝐚𝐬, 𝐚 𝐧𝐨𝐬...
15/05/2026

🚩 O próximo sábado 23 de febreiro celebraremos un acto público para presentarmos a nosa campaña “𝐀𝐬 𝐬𝐮́𝐚𝐬 𝐠𝐮𝐞𝐫𝐫𝐚𝐬, 𝐚 𝐧𝐨𝐬𝐚 𝐩𝐫𝐞𝐜𝐚𝐫𝐢𝐞𝐝𝐚𝐝𝐞”.

Fronte ao auxe belicista imposto polas “democracias” capitalistas, a mocidade nacionalista reivindicamos un modelo de paz e soberanía.

A barbarie actual levada a cabo sobre a Palestina, Venezuela, Cuba, Irán ou o Líbano obríganos a mobilizarnos como nunca antes, mostrando a nosa solidariedade interncionalista e repulsa ante calquera caso de inxerencia.

Tamén debemos sinalar publicamente aos actores principais que participan na industria armamentística, tamén no noso país.

Por isto e moito máis, agardámoste o próximo sábado 23 de maio ás 12:30h na Rúa Soto Freire (ao carón do Vello Cárcere).

🇵🇸 Presentes na manifestación de hoxe para reivindicarmos a recuperación da bandeira palestina no Vello Cárcere. Lugo es...
09/05/2026

🇵🇸 Presentes na manifestación de hoxe para reivindicarmos a recuperación da bandeira palestina no Vello Cárcere.

Lugo está co pobo palestino!

Dirección

Lugo

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Galiza Nova Lugo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Galiza Nova Lugo:

Atajos

Compartir