23/12/2019
A Excma. Deputación Provincial de Lugo publicou o pasado luns día 16 de Decembro de 2019 as bases para o programa "Prende! Bota raíces no rural". Un programa que ten por obxecto establecer unha convocatoria para seleccionar mozos e mozas dentro dun programa de formación no que cobrarán unha axuda económica, que sirva para afincar os mozos no rural e así combater o reto demográfico. Está dirixido á mocidade inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e que estea empadroada nalgún dos concellos de menor poboación da provincia (indicados no Anexo I da convocatoria).
No caso da Mariña Lucense trataríanse dos concellos de Alfoz, Barreiros, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Xove.
A formación proposta para a nosa comarca nesta primeira edición versa sobre Enerxía e Auga. De todos modos, cremos interesante destacar que as zonas de organización das accións formativas son unha previsión, posto que poden variar dependendo de onde se concentre a maioría dos beneficiarios para evitar desprazamentos. De concentrarse a maioría de beneficiarios, por exemplo, da formación en Hostelería e Turismo na nosa zona, esta actividade podería chegar a darse na Mariña. Ou calquera das outras accións formativas propostas.
Ademais, destacar que tamén existe unha actividade de formación sobre o Autoemprego e que tamén se celebrará no lugar onde se concentre a maioría de beneficiarios para evitar desprazamentos.
Consideramos interesante resaltar esta información (que igual pode pasar un pouco desapercibida) xa que as posibilidades do programa son amplas e unha boa oportunidade de formación.
http://deputacionlugo.gal/gl/temas/emprego/prende
http://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/16-12-2019.pdf =2
O cambio demográfico é un dos grandes retos aos que se enfrontan as administracións públicas pois afecta o seu equilibrio económico, social, cultural, territorial, ambiental....