Concello de LALÍN

Concello de LALÍN Benvidos/as ao perfil oficial do Concello de Lalín na rede social Facebook

O Concello de Lalín, cunha superficie de 326 quilómetros cadrados, é un dos municipios de maior extensión de toda Galicia e goza dunha situación privilexiada no corazón da Comarca de Deza, que aglutina a seis concellos (Lalín, Silleda, Rodeiro, Vila de Cruces, Dozón e Agolada) nun área de 987,7 quilómetros cadrados. A súa situación xeográfica, no denominado "Quilómetro cero de Galicia" e equidista

nte das principais cidades, converte a Lalín nun importante enclave loxístico dentro da comunidade autónoma. Esta posición vantaxosa estase a reforzar aínda máis cos importantes investimentos en infraestructuras viarias, que permitirán reduci-lo tempo de conexión coas grandes capitais: Santiago de Compostela (25 minutos), A Coruña (50), Lugo (40), Ourense (25), Pontevedra (40) e Vigo (50). A poboación do Concello de Lalín é de 20.453 habitantes e está dividida entre o núcleo urbano, onde hai máis de 10.000 veciños, e as 52 parroquias do rural: Albarellos, Alemparte, Alperiz, Anseán, Anzo, Barcia, Bendoiro, Bermés, Botos, Busto, Cadrón, Camposancos, Cangas, Castro, Catasós, Cello, Cercio, Cristimil, Doade, Donramiro, Donsión, Erbo, Filgueira, Fontecabalos, Galegos, Goiás, Gresande, Lalín, Lalín de Arriba, Lebozán, Lodeiro, Losón, Maceira, Madriñán, Méixome, Moneixas, Muimenta, Noceda, Palio, Palmou, Parada, Prado, Rodís, Santiso, Sello, Soutolongo, Val do Carrio, Vilanova, Vilatuxe, Xaxán, Xesta e Zobra. Considerando o conxunto da Comarca de Deza, que abrangue ás xurisdiccións de Deza,Camba, Dozón, Carbia, Trasdeza e Valquireza, as cifras de poboación achéganse ós 50.000 habitantes. Esta comarca, situada no extremo setentrional da provincia de Pontevedra, linda ó oeste coa Comarca de Tabeirós-Terra de Montes, ó norte coas de Arzúa e Terra de Melide (A Coruña), ó leste coas de Chantada e A Ulloa (Lugo) e ó sur coa do Carballiño (Ourense). No ámbito da natureza, o Concello de Lalín goza de envexables paisaxes, que son froito dun clima atlántico húmido, caracterizado pola súa alta pluviosidade e por unha temperatura media anual que xira en torno ós 12 graos centígrados. Esta demarcación, regada polas correntes dos ríos Deza, Arnego e Asneiro, ten os seus puntos máis elevados na Serra do Candán e nos montes do Coco e do Testeiro.
Ó longo dos seus 326 quilómetros cadrados, o Concello de Lalín garda incomparables tesouros naturais, como as carballeiras da Crespa, do Rodo e de Barcia, sendo esta última a máis singular por contar con centos de carballos perfectamente aliñados en ringleiras. Asemade, tamén destaca pola súa beleza o souto de Quiroga, en Catasós, que está formado por uns castiñeiros cunhas características especiais de crecemento que os converten nos exemplares co índice de medranza e o porte máis alto de Europa. Na actualidade, este municipio conta cunha economía moi diversificada, posto que a tradicional actividade agrícola e gandeira foi abrindo portas progresivamente nas últimas décadas a un sector industrial en expansión, principalmente puxante nas ramas do téxtil, do aluminio e da construcción. Esta diversificación tamén ten unha traducción xeográfica, posto que no núcleo urbano e nas parroquias colindantes atópanse tódolos servicios e a maior parte das industrias -situadas maioritariamente nos dous polígonos existentes-, mentres que na zona eminentemente rural a economía segue a estar baseada nas explotacións agropecuarias, que aproveitaron a riqueza da comarca para modernizarse e facerse máis competitivas. As condicións socioeconómicas, a súa localización xeográfica e o apoio institucional proxectan a Lalín como un municipio con grandes expectativas de crecemento. Neste proceso, un dos factores determinantes será a mellora das infraestructuras, como a autoestrada Santiago-Ourense, ou a posta en marcha de novos servicios, como a Cidade do Transporte -recentemente inaugurada-, dous novos aparcadoiros soterrados na vila -en proceso de licitación-, o proxectado aeródromo deportivo ou a remodelación do pavillón polideportivo e do estadio de fútbol. Esta puxante situación do municipio lalinense tamén se ve reflectida no interese comercial amosado por grupos empresariais como Eroski, que proximamente asentará na zona unha grande área con establecementos comerciais e de ocio. Ó mesmo tempo, varios empresarios de Lalín tamén iniciaron os trámites urbanísticos para construír outra alternativa lúdica e comercial exclusivamente con financiamento dos empresariado local. No apartado festivo, a Feira do Cocido, que se celebra cada ano no domingo anterior ó Entroido, é o máximo expoñente do Concello de Lalín. Nas 34 edicións da súa historia, este evento gastronómico foi gañando pulo ata converterse nunha das festas máis importantes -senón a que máis- do calendario lúdico galego. A súa sona mesmo alcanza xa repercusión en foros internacionais, un feito ó que contribuíu o esforzo promocional realizado dende o concello. Outra das feiras senlleiras é a do cabalo, que se celebra na primeira semana do mes de abril e sirve para que cabaleiros e gandeiros de toda Galicia acudan a participar nas diferentes actividades e competicións. Por outra banda, os días 3 e 18 de cada mes o Campo da Feira Vello acolle os tradicionais mercadiños. No capítulo festivo tamén destacan as celebracións de carácter relixioso, como as festas patronais na honra da Virxe das Dores, que se celebran o terceiro domingo de setembro, ou a romaría do Corpiño, que se celebra os días 23 e 24 de xuño na parroquia de Santa Baia de Losón. A esta romaría, unha das máis famosas de toda Galicia, acoden devotos de infinidade de lugares coa confianza de que a Virxe espantará dos seus corpos e mentes aqueles problemas e enfermidades que se lle escapan á medicina. Conta a lenda que no século X, nunha cova do monte Carrio vivía un ermitaño moi apreciado que ó morrer foi soterrado polos veciños, que ocultaron o corpo incorrupto antes de escapa-la invasión dos árabes. A pista do escondite do corpo perdeuse ata que unha tarde foi descuberta por uns nenos pastores, que se viron atraídos polo estraño resplandor que saía dunha cova. O denominado lugar "do corpiño" sinalábao a propia Virxe co Neno Xesús nos seus brazos.

🚭 🏖️  A concelleira de Medio Ambiente, Raquel Lorenzo, asistiu en representación do Concello de Lalín ao acto de entrega...
05/09/2026

🚭 🏖️ A concelleira de Medio Ambiente, Raquel Lorenzo, asistiu en representación do Concello de Lalín ao acto de entrega de diplomas da Rede Galega de Praias sen Fume na categoría ouro, recollendo a certificación que corresponde á nosa praia fluvial Pozo do Boi de Vilatuxe.

No acto, que a consellería de Sanidade organizou onte na praia fluvial de Begonte, o conselleiro, Antonio Gómez Caamaño, celebrou a consolidación en Galicia da Rede de praias sen fume máis ampla de España, concentrando un de cada catro areais libres de tabaco.

De todos os participantes, o conselleiro dixo que o seu departamento quere facer unha distinción moi especial e recoñecer a 49 concellos na categoría de ouro, posto que teñen declarado como espazo libre de fume o 100 % dos seus areais, 18 na provincia da Coruña, 10 na de Lugo, 8 na de Ourense e 13 na de Pontevedra.

🔹🏫 O alcalde José Crespo, acompañado da concelleira de Educación, Begoña Blanco, está a visitar estes días os centros de...
05/09/2026

🔹🏫 O alcalde José Crespo, acompañado da concelleira de Educación, Begoña Blanco, está a visitar estes días os centros de Educación Infantil e Primaria do municipio, visitas que continuarán o luns.

Deste xeito trátase de manter unha primeira toma de contacto coas direccións dos centros sobre o inicio do curso académico 2026-2027 e de comprobar a posta a punto das instalacións, co obxectivo de que as clases poidan comezar o vindeiro 9 de setembro con normalidade e sen incidencias.

Ao longo dos últimos meses o goberno local acometeu distintas obras de mantemento solicitadas polos directores dos centros e polas Anpas a fin de que os centros estean a punto para dar comezo ás clases.

Esto labores continuarán ao longo do ano académico, mantendo o contacto permanente cos colexios para atender aquelas actuacións que sexan de competencia municipal, establecendo prioridades en función dos recursos e da dispoñibilidade orzamentaria.

✅ O alcalde José Crespo e o concelleiro Avelino Souto mantiveron unha xuntanza cos representantes da Sociedade de Caza e...
05/09/2026

✅ O alcalde José Crespo e o concelleiro Avelino Souto mantiveron unha xuntanza cos representantes da Sociedade de Caza e Pesca de Lalín, encabezados polo seu presidente, José Luis Montoto, para analizar diversas solicitudes e proxectos do colectivo.

📍 Puntos debatidos na reunión:

1️⃣ Cesión da granxa de perdices de Mouriscade: a Sociedade solicitou materializar canto antes a cesión destas instalacións para recuperar o seu uso cinexético orixinal. O rexedor recoñeceu o compromiso adquirido polo goberno local e sinalou a vontade de tentalo facer realidade.
2️⃣ Criadeiro de troita autóctona: o colectivo propuxo estudar a posibilidade de habilitar un criadeiro de alevíns nunha presa situada nunha finca municipal de Mouriscade, pendente dos correspondentes estudos técnicos e ambientais.
3️⃣ Comercialización da carne de xabaril: Solicitouse a colaboración municipal (asesoramento técnico e apoio no financiamento de cámaras frigoríficas) para poder aproveitala e comercializala coas máximas garantías sanitarias.

✍️  🧑‍🎓 Próximos cursos e actividades da UNED Pontevedra Aula de Lalín:▪️Taller de escritura: como escribir e editar un ...
05/09/2026

✍️ 🧑‍🎓 Próximos cursos e actividades da UNED Pontevedra Aula de Lalín:

▪️Taller de escritura: como escribir e editar un libro
▪️Patronaxe e confección de pantalón Nivel 1
▪️Liderazgo feminino aplicado: autoliderazgo, funcións cognitivas e executivas e xestión do cambio
▪️Real English for real jobs!
▪️ Programa de reforzo educativo para a obtención do Título da ESO para adultos (2026-2027)

Inscricións 👇👇

Página web de Actividades y cursos de la UNED

05/09/2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, fixo esta tarde parada en Lalín xunto cun grupo de amigos cos que está a percorrer en bici de montaña o Camiño Mozárabe a Santiago. Despois de completar hoxe a etapa Ourense-Lalín, aproveitaron a chegada ao noso concello para facer un pequeno descanso e tomar un refrixerio antes de continuar mañá coa etapa Lalín-Santiago. É unha honra que escollan o Quilómetro 0 de Galicia para facer esta paradiña no seu camiño cara Compostela.

🔸 Hoxe cita co I seRANDELAlín organizado por Centro de Interpretación da Cultura Tradicional Randela, a partir das 16:30...
05/09/2026

🔸 Hoxe cita co I seRANDELAlín organizado por Centro de Interpretación da Cultura Tradicional Randela, a partir das 16:30 h na alameda do Auditorio.

05/09/2026
ℹ️ 🚧 🌳 Durante esta pasada noite caeu unha póla grande dos choróns situados na entrada do Paseo do Pontiñas. Efectivos d...
05/09/2026

ℹ️ 🚧 🌳 Durante esta pasada noite caeu unha póla grande dos choróns situados na entrada do Paseo do Pontiñas. Efectivos de Emerxencias Lalín proceden a cortar a parte da árbore afectada, habilitar o paso e sinalizar o incidente para garantir a seguridade.

A zona permanece marcada, á espera de completar a retirada dos restos de madeira.

05/09/2026
✍️ 📖 Este xoves o Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín acolleu a presentación de libro "Niño de barro y su metamor...
04/09/2026

✍️ 📖 Este xoves o Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín acolleu a presentación de libro "Niño de barro y su metamorfosis", do poeta e narrador Esteban A. Jiménez.

Unha obra na que a través da poesía percorre distintas etapas vitais versando sobre as cicatrices dunha vida marcada pola dor, a resiliencia e a procura da identidade desde a infancia.

Dirección

Lalín

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34986787060

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de LALÍN publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de LALÍN:

Atajos

Compartir

Categoría