Concello de Irixoa

Concello de Irixoa Información sobre actividades e asuntos de interese para a poboación de Irixoa de deportes e cultura

Desde o día 1 ata o 25 de setembro está aberto o prazo para inscribirse nas actividades municipais para o curso 2026-202...
07/09/2026

Desde o día 1 ata o 25 de setembro está aberto o prazo para inscribirse nas actividades municipais para o curso 2026-2027.
Para formalizar a inscrición haberá que cubrir unha solicitude e entregala no concello presencialmente ou a través da sede electrónica do Concello de Irixoa https://sede.irixoa.es/sxc/es/index.html.
Máis información no concello, no tel. 981 793 001, na páxina web: www.irixoa.es, no bando móbil: Irixoa informa.

Con motivo dunha rotura na rede de distribución de abastecemento de auga, informamos que hoxe día 11 de agosto  a auga e...
11/08/2026

Con motivo dunha rotura na rede de distribución de abastecemento de auga, informamos que hoxe día 11 de agosto a auga estará cortada ata as 13:00 horas aproximadamente, en varios lugares das parroquias de Ambroa e A Viña.

Lugares afectados:
Chao da Viña (zona de As Airas e a Igrexa da Viña)
Midoi
Vilar da Viña
Os Chaos
Valmarín
A Moreira
Samede
Cal de Samede
Escañoi

O servizo restablecerase o máis axiña posible.
Desculpen as molestias

O Concello de Irixoa organiza unha excursión á Mariña Lucense o vindeiro día 19 de setembro.Saída: 8:30 horas diante do ...
28/07/2026

O Concello de Irixoa organiza unha excursión á Mariña Lucense o vindeiro día 19 de setembro.
Saída: 8:30 horas diante do Concello.
Prezo
20,00 € persoas empadroadas.
40,00 € peroas non empadroas.
De acordo coa ordenanza fiscal reguladora de prezos públicos pola prestación de actividades deportivas, culturais e outras actividades de carácter puntual no Concello de Irixoa.
Bonificacións e exencions, Máis información na ordenanza reguladora, publicada no BOP Deputación da Coruña de mércores, 24 de setembro de 2025. Haberá que solicitalo e achegar a documentación que o acredite.
Terán preferencia ao persoas empadroadas.
As non empadroadas poderán ir no caso de que queden prazas libres.
Inscricións ata o día 21 de agosto.

O Concello de Irixoa organiza unha excursión ao Aquapark de Cerceda o dia 17 de agosto de 2026.Saída: 11:00 horas ao lad...
28/07/2026

O Concello de Irixoa organiza unha excursión ao Aquapark de Cerceda o dia 17 de agosto de 2026.

Saída: 11:00 horas ao lado da Casa consistorial.
Chegada a Irixoa de volta: 21:00 horas aproximadamente.

Prezos:
20,00 € persoas empadroadas.
40,00 € persoas non empadroadas.

Gratuíto para os nenos e as nenas anotados/as no Campamento de veran.
(os nenos/as do campamento irán con monitores/as, poderán ir acompañados/as por unha persoa adulta pero non necesariamente)

Inscrición: ata o día de 7 agosto.
Nas oficinas xerais do Concello de Irixoa Máis información: tél. 981 793 001.

USO RESPONSABLE DA AUGADebido ás vagas de calor que se están a rexistrar nestes días, estanse a producir importantes inc...
07/07/2026

USO RESPONSABLE DA AUGA

Debido ás vagas de calor que se están a rexistrar nestes días, estanse a producir importantes incrementos no consumo de auga da Traída Municipal. Co fin de garantir o abastecemento de auga para o consumo humano e as necesidades dos animais, faise un chamamento á responsabilidade e colaboración de todos os usuarios e usuarias, solicitando que se limite o consumo aos usos estritamente necesarios.

Actividade financiada dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña .
03/07/2026

Actividade financiada dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña .

15/06/2026

A empresa Enel Green Power SpA, xestora do parque eólico de Touriñán, comunicou que o día 17 de xuño se realizará na zona un simulacro de incendio e rescate. A actividade desenvolverase de 10:00 a 15:00 h.

Durante o simulacro poderase observar presenza de persoal e vehículos de emerxencia e escoitar ruídos. Rogámos á poboación que respecte as indicacións do persoal autorizado e que non se achegue ás zonas acotadas.

Datos clave:

Data: 17 de xuño
Hora: de 10:00 a 15:00 h
Lugar: parque eólico de Touriñán
Actividade: simulacro de incendio e rescate
Entidade responsable: Enel Green Power SpA

Para calquera dúbida ou información adicional, póñase en contacto co Concello.

Con motivo de traballos de mantemento na rede de distribución, informamos que o próximo luns 1 de xuño, entre as 07:00 e...
29/05/2026

Con motivo de traballos de mantemento na rede de distribución, informamos que o próximo luns 1 de xuño, entre as 07:00 e as 13:00 horas aproximadamente, interrumpirase o servizo de auga en varios lugares das parroquias de Ambroa e A Viña. Lugares afectados: Chao da Viña (zona de As Airas e a Igrexa da Viña), Midoi, Vilar da Viña, Os Chaos, Valmarín, A Moreira, Samede, Cal de Samede e Escañoi. O servizo restablecerase o máis axiña posible.Desculpen as molestias

Bando sobre a obriga de maner os terreos e solares nas debidas condicións de limpeza e evitar así o risco de incendio, a...
19/05/2026

Bando sobre a obriga de maner os terreos e solares nas debidas condicións de limpeza e evitar así o risco de incendio, antes do remate do mes de maio

Vacacións en Paz para o Pobo Saharaui.A Asociación "Solidariedade Galega co Pobo Saharaui" busca familias acolledoras pa...
19/05/2026

Vacacións en Paz para o Pobo Saharaui.

A Asociación "Solidariedade Galega co Pobo Saharaui" busca familias acolledoras para o programa de Vacacións en Paz para as nenas e nenos do Pobo Saharaui.
Máis información en [email protected] ou no teléfono 669 078 725.

Dirección

Pazo De Irixoa, 6
Irixoa
15313

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Irixoa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Irixoa:

Atajos

Compartir