Antas de Ulla

Antas de Ulla Concello de Antas de Ulla

🚵‍♀️🚵‍♂️ ANTAS DE ULLA CONSOLÍDASE COMO REFERENTE PARA A BTT EN GALICIAAntas de Ulla volveu ser protagonista da Volta a ...
04/09/2026

🚵‍♀️🚵‍♂️ ANTAS DE ULLA CONSOLÍDASE COMO REFERENTE PARA A BTT EN GALICIA

Antas de Ulla volveu ser protagonista da Volta a Galicia BTT, cun percorrido que tivo no Centro Xeográfico de Galicia un dos seus grandes referentes e que destacou polo seu atractivo, esixencia e dificultade. 🌿💪

A celebración desta etapa reforza a aposta por consolidar o noso Concello como un enclave idóneo para acoller probas deportivas deste nivel, poñendo tamén en valor a riqueza natural e paisaxística do noso territorio.

🏆 Parabéns a todas e todos os participantes, ás persoas gjañadoras, aos clubs e tamén a quen competiu de maneira individual, polo esforzo, a deportividade e o gran espectáculo ofrecido ao longo da proba.

👏 Queremos trasladar ademais un agradecemento especial á organización da Volta a Galicia BTT por confiar en Antas de Ulla e querer contar novamente co noso Concello dentro do percorrido.

Seguiremos traballando para que Antas de Ulla continúe gañando peso como escenario de grandes eventos deportivos, facendo do deporte unha ferramenta para promocionar o noso territorio e dinamizar o municipio. 💚

🎶 Desde o Concello de Antas de Ulla queremos compartir con todos vós esta cita tan especial.Este sábado, o Parque Centra...
02/09/2026

🎶 Desde o Concello de Antas de Ulla queremos compartir con todos vós esta cita tan especial.

Este sábado, o Parque Central de Galicia, en Nugallás, acollerá a presentación do novo disco de Zoelas, ás 20:00 horas. 🎵✨

👉 Contamos con vós para desfrutar xuntos dunha gran tarde de música!

🎶 O Parque Central de Galicia será este sábado escenario da presentación do novo disco de Zoelas.

📍 Hora: ás 20:00h.

▶️ O concerto do grupo de Antas de Ulla dará continuidade As mañás en Nugallás, un amplo programa cultural impulsado pola Deputación de Lugo GO este verán para dinamizar este espazo situado no centro xeográfico galego.

👉🏻 https://www.deputacionlugo.gal/es/node/84906

🚵‍♀️🚵 ANTAS DE ULLA, PROTAGONISTA DA VOLTA GALICIA BTT 2026 🚵‍♂️🚵‍♀️O vindeiro venres, 4 de setembro, Antas de Ulla conv...
02/09/2026

🚵‍♀️🚵 ANTAS DE ULLA, PROTAGONISTA DA VOLTA GALICIA BTT 2026 🚵‍♂️🚵‍♀️
O vindeiro venres, 4 de setembro, Antas de Ulla converterase nun dos escenarios da 2ª etapa da Volta Galicia BTT 2026 – Desafío San Miguel, unha importante cita deportiva que reunirá a 140 participantes chegados para afrontar un percorrido esixente polo corazón de Galicia. 💪🌿
A etapa contará con dous percorridos:
🚴 58 km e +1.600 m de desnivel
🚴 44 km e +900 m de desnivel
Desde o Concello de Antas de Ulla celebramos poder formar parte dunha proba destas características, que combina deporte, natureza, esforzo e promoción do territorio, permitindo amosar as nosas paisaxes e os nosos recunchos a participantes, equipos e acompañantes. 💚
📍 Consulta aquí o percorrido completo da etapa:
https://www.google.com/maps/d/edit?mid=1U_1HGs1qDF_YNtUbhTXX6b8jFWYBPP4&usp=sharing⁠�
👏 Animamos á veciñanza a achegarse aos diferentes puntos do percorrido e a dar ánimos aos 140 ciclistas que pasarán polo noso municipio.
🚵‍♂️ Este 4 de setembro, Antas de Ulla volve situarse no mapa do deporte galego!

📅✨ **AXENDA DE EVENTOS · SETEMBRO 2026** ✨📅Chega setembro a **Antas de Ulla** cunha programación chea de deporte, música...
31/08/2026

📅✨ **AXENDA DE EVENTOS · SETEMBRO 2026** ✨📅

Chega setembro a **Antas de Ulla** cunha programación chea de deporte, música, tradición, servizos e actividades para diferentes públicos. 💙

🚴 **4 de setembro** – Volta a Galicia BTT 2026
🎶 **5 de setembro** – Concerto de Zoelas
⚽ **6 de setembro** – Memorial Chorente, con partidos de fútbol ás **16:30 h (feminino)** e ás **19:00 h (sénior)**
🎉 **8 e 9 de setembro** – Festas dos Remedios en Antas, con misas, pasarrúas, concertos, hora infantil e verbenas
📚 **9 de setembro** – Comezo do curso escolar
👨‍👩‍👧‍👦 **9 de setembro** – Inicio do servizo municipal de conciliación
🧠 **16 de setembro** – Día Mundial do Alzheimer, con charla sobre benestar emocional
🎨 **18 de setembro** – Aniversario de Fiadeira e presentación dun mural conmemorativo
🪪 **24 de setembro** – Expedición e renovación do DNI e do pasaporte, DNI electrónico e recuperación de claves
🤝 **26 de setembro** – Networking para persoas empresarias, autónomas e emprendedoras

📌 Consulta no cartel os lugares, horarios e demais información de cada actividade.

Desde o **Concello de Antas de Ulla** animamos a toda a veciñanza a participar e desfrutar dunha nova tempada de encontros, cultura, deporte e convivencia. 🙌💙

🎭 ANTAS DE ULLA, COMPROMETIDA COA CULTURA E CO NOSO TEATRO 🎭A pasada fin de semana, familiares e integrantes dos distint...
31/08/2026

🎭 ANTAS DE ULLA, COMPROMETIDA COA CULTURA E CO NOSO TEATRO 🎭

A pasada fin de semana, familiares e integrantes dos distintos grupos do Grupo de Teatro de Antas de Ulla desprazáronse ata Ciudad Rodrigo (Salamanca) para desfrutar de tres intensas xornadas arredor do teatro, no marco da 29ª Feira de Teatro de Castela e León. 👏🎬

Unha experiencia enriquecedora que lles permitiu asistir a diferentes representacións, coñecer novas propostas escénicas, compartir vivencias e seguir aprendendo e medrando arredor dunha actividade cultural que conta cunha importante tradición e participación no noso municipio. 🎭✨

Desde o Concello de Antas de Ulla queremos agradecer e recoñecer o traballo, a dedicación e a ilusión de todas as persoas que forman parte desta asociación e que, ao longo de todo o ano, contribúen a manter viva a actividade teatral e cultural na nosa vila. ❤️

O Concello continúa colaborando e apoiando, dentro das súas posibilidades, as iniciativas das nosas asociacións e colectivos, tanto no desenvolvemento da súa actividade habitual como na realización de propostas especiais que lles permitan seguir formándose, coñecendo novas experiencias e representando a Antas de Ulla fóra do noso municipio. 🤝🏛️

Parabéns ao Grupo de Teatro de Antas de Ulla polo seu traballo e agardamos que esta viaxe a Ciudad Rodrigo fose unha experiencia inesquecible e moi proveitosa para todas e todos. 😊👏

💙 Seguimos apostando pola cultura, polo asociacionismo e pola participación da nosa veciñanza.

🎺 III CERTAME DE BANDAS DE MÚSICA DE ANTAS DE ULLA – EDUARDO SALGADO 🎶Esta tarde vivimos na Praza Nova de Antas de Ulla ...
29/08/2026

🎺 III CERTAME DE BANDAS DE MÚSICA DE ANTAS DE ULLA – EDUARDO SALGADO 🎶
Esta tarde vivimos na Praza Nova de Antas de Ulla unha nova edición do Certame de Bandas de Música dedicado a Eduardo Salgado, trompetista e figura fundamental da nosa Banda de Música. 💙
Foi unha xornada moi especial na que puidemos desfrutar da música da Banda de Música Vila de Cedeira e da Banda de Música de Antas de Ulla, que nos ofreceron un magnífico concerto e encheron a praza de música, emoción e convivencia. 🎼👏
Desde o Concello queremos agradecer a participación das dúas bandas, así como o traballo de todas as persoas que fixeron posible esta terceira edición. E, por suposto, moitas grazas a toda a veciñanza e ao público que nos acompañou e contribuíu a facer desta cita unha tarde inesquecible. ❤️
🎺 Seguimos facendo cultura e mantendo viva a tradición musical de Antas de Ulla!

🎶 III CERTAME DE BANDAS DE MÚSICA DE ANTAS DE ULLA – EDUARDO SALGADOEste sábado, 29 de agosto, ás 19:30 h, a Praza Nova ...
27/08/2026

🎶 III CERTAME DE BANDAS DE MÚSICA DE ANTAS DE ULLA – EDUARDO SALGADO

Este sábado, 29 de agosto, ás 19:30 h, a Praza Nova de Antas de Ulla encherase de música cunha nova edición deste certame homenaxe a Eduardo Salgado. 🎺🎼

Contaremos coa participación da Banda de Música Vila de Cedeira e da Banda de Música de Antas de Ulla.

📍 Praza Nova
🕢 19:30 h

👏 Agardámosvos para desfrutar dunha gran tarde de música!

*TÍTULO:* _III CERTAME DE BANDAS DE MÚSICA DE ANTAS DE ULLA - EDUARDO SALGADO_

*DATA*: 29 de Agosto de 2026

*HORA*: 19:30 h

*LUGAR*: Praza Nova de Antas de Ulla

*DURACIÓN*: 90 minutos aprox.

*ARTISTAS*: Banda de Música Vila de Cedeira & Banda de Música de Antas de Ulla

*SINOPSE*: O vindeiro sábado 29 de agosto, a vila de Antas acollerá o III Certame adicado a Eduardo Salgado, trompetista e figura clave da Banda de Música de Antas de Ulla.
Nesta homenaxe, desfrutaremos dun concerto a dúas bandas con un nexo común: a boa música.

*¡Agardámosvos!*

📢 *PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN 2026/2027*O Concello de Antas de Ulla informa de que se abre o *prazo de inscrició...
26/08/2026

📢 *PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN 2026/2027*

O Concello de Antas de Ulla informa de que se abre o *prazo de inscrición no Programa Municipal de Conciliación para o curso 2026/2027*

📅 Prazo de inscrición: do *26 de agosto ao 1 de setembro*, ambos incluídos.

📄 As solicitudes deberán presentarse mediante o *ANEXO I*, xunto coa documentación correspondente, no Rexistro Xeral do Concello, por medios electrónicos ou a través das formas previstas legalmente.

ℹ️ Máis información:

Servizos Sociais Municipais do Concello de Antas de Ulla
☎️ 982 23 80 14

📄 As *bases* e os modelos de solicitude están dispoñibles no Concello e na sede electrónica.

📢 *CAMBIO DE UBICACIÓN!*O *Mercadiño de Troco* celebrarase finalmente na *PRAZA NOVA* de Antas de Ulla. 🧸📚🎲📅 *28 de agos...
26/08/2026

📢 *CAMBIO DE UBICACIÓN!*

O *Mercadiño de Troco* celebrarase finalmente na *PRAZA NOVA* de Antas de Ulla. 🧸📚🎲

📅 *28 de agosto*
🕛 *12:00 – 18:00 h*
📍 *Praza Nova*

E ademais… *BUSCAMOS VOLUNTARIADO*! 🙋‍♀️🙋‍♂️

Se tes *12 anos ou máis* e queres participar na organización e montaxe do Mercadiño, ponte en contacto con nós.

👉 *Anímate e participa!* 💚

🏊‍♀️🌧️ REMATE DA TEMPADA DAS PISCINAS MUNICIPAISO Concello de Antas de Ulla informa de que, debido ás condicións climato...
24/08/2026

🏊‍♀️🌧️ REMATE DA TEMPADA DAS PISCINAS MUNICIPAIS
O Concello de Antas de Ulla informa de que, debido ás condicións climatolóxicas adversas previstas para os próximos días, dáse por finalizada a tempada 2026 das piscinas municipais.
Queremos aproveitar este momento para agradecer a todas as persoas usuarias que nos acompañaron durante este verán, así como ao persoal encargado das instalacións polo seu traballo e dedicación ao longo de toda a tempada. 💙
Agardamos que desfrutárades das piscinas e que foran, un ano máis, un espazo de lecer, encontro e diversión para grandes e pequenos.
🙏 Moitas grazas a todos e todas pola confianza e pola boa acollida durante estes meses.
Vémonos o próximo verán! ☀️💦

Dirección

Praza De España, 2
España
27570

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Antas de Ulla publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir