02/09/2025
En outubro comezan as escolas deportivas do concello de Dodro e hai que ir pensando que queres facer para manterte en forma. 🏋️
Si tes menos de 15 anos podes facer psicomotricidade, multideporte, patinaxe, ou baile deportivo. 💪
Para os maiores temos ximnasia de mantemento, pilates ou zumba. 🏃
E se tes máis de 65 anos ou mobilidade reducida non queremos que te quedes parado e por iso podes anotarte a psicomotricidade e tonificación. 🧍♀️
As inscricións comezan o 8 de setembro no Departamento de Deportes (Pavillón polideportivo). Organiza o concello de Dodro e colabora a Deputación da Coruña.