Cim Curtis

Cim Curtis Facebook oficial do CIM Concello de Curtis / Facebook oficial del CIM Ayuntamiento de Curtis en condicións de igualdade.

Somos un servizo gratuíto, permanente, especializado e personalizado de atención integral ás mulleres dos concellos de Curtis, Sobrado e Vilasantar, que ten como fin dotalas dos recursos persoais e sociais necesarios en prol da súa incorporación en todos os ámbitos da vida (persoal, familiar, social, laboral...)

🌈 No Concello de Curtis cremos nunha sociedade onde tódalas persoas poidan vivir con liberdade, respecto e igualdade.Con...
28/06/2026

🌈 No Concello de Curtis cremos nunha sociedade onde tódalas persoas poidan vivir con liberdade, respecto e igualdade.

Con motivo do Día do Orgullo LGTBI+, dende o Concello de Curtis reafirmamos o noso compromiso coa diversidade, coa inclusión e coa defensa dos dereitos de tódalas persoas.

Porque a diversidade enríquecenos, o respecto únemos e a igualdade fainos avanzar como sociedade.

Neste Orgullo, celebremos o dereito a ser, sentir e amar en liberdade. 🏳️‍🌈💜

➡️Co gallo do 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, desde o Concello de Curtis reafirmamos o noso compromiso...
25/06/2026

➡️Co gallo do 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, desde o Concello de Curtis reafirmamos o noso compromiso coa igualdade, o respecto e a diversidade.

➡️Ao longo destes días desenvolveremos diferentes iniciativas para promover unha sociedade máis inclusiva: a colocación da bandeira no balcón da Casa do Concello, a iluminación da fachada, unha proposta de lecturas infantís na biblioteca, actividades nos campamentos de verán e unha campaña de sensibilización coa colaboración da Deputación da Coruña a través da iniciativa "Ser e Sentir".

➡️Porque unha sociedade mellor constrúese desde o respecto, a convivencia e a liberdade de cada persoa para ser e sentir.

🌈 Curtis, un concello onde todas as persoas contan.

+

23/06/2026
🌿✨ IGUALDADE 365 ✨🌿Porque a igualdade constrúese cada día, nace Igualdade 365, un programa de apoio, acompañamento e emp...
22/06/2026

🌿✨ IGUALDADE 365 ✨🌿

Porque a igualdade constrúese cada día, nace Igualdade 365, un programa de apoio, acompañamento e empoderamento para as mulleres dos concellos de Curtis e Sobrado.

💜 Actuacións incluídas:
🐴 Equinoterapia para mulleres que sofren violencia de xénero.
🤝 Programa de recuperación integral para mulleres reclusas.
⚖️ Acompañamento en procesos xurídicos para mulleres migrantes.
🌟 Accións de empoderamento feminino, autoestima, formación e liderado.

Este programa está financiado pola Xunta de Galicia, a través da iniciativa Xacobeo 2027, e conta co cofinanciamento da Unión Europea a través dos Fondos Europeos, en colaboración cos Concellos de Curtis e Sobrado.

O obxectivo é ofrecer recursos, acompañamento especializado e oportunidades que favorezan a inclusión social, a autonomía persoal e a igualdade real entre mulleres e homes.

✨ Máis igualdade, máis oportunidades, máis futuro para tod@s.

➡️Hoxe presentamos esta saia elaborada a partir das fotografías enviadas polas mulleres do Concello de Curtis.A peza nac...
08/05/2026

➡️Hoxe presentamos esta saia elaborada a partir das fotografías enviadas polas mulleres do Concello de Curtis.

A peza nace da idea de construír, dende unha parte esencial da nosa tradición —a saia do baile galego tradicional—, unha homenaxe colectiva a tódalas mulleres que forman parte do patrimonio inmaterial do Concello de Curtis. Cada imaxe compón un fragmento de memoria, identidade e historia compartida.

➡️💜A obra estará dispoñible dende hoxe, xunto coa colección de traxes tradicionais Rei de Viana, no Centro Etnográfico de Teixeiro.”

25/04/2026

➡️Hoxe vivimos en Curtis un día deses que deixan pegada 💜

A entrega dos premios “Sementes de Igualdade 2026” foi moito máis ca un acto: foi un encontro cheo de emoción, de recoñecemento e de compromiso compartido.

Grazas de corazón a todas as persoas que nos acompañastes, por estar, por sumar e por formar parte deste camiño cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.

E, sobre todo, parabéns ás persoas galardoadas.
Polo que facedes, polo que representades e por demostrarnos cada día que a igualdade constrúese con feitos.

➡️💜Seguimos sementando igualdade

Dirección

Praza De España, Nª 1, 2º Andar
Curtis
15310

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 14:30
16:00 - 19:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cim Curtis publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Cim Curtis:

Atajos

Compartir