03/12/2021
O pasado xoves celebrouse o pleno ordinario correspondente ao mes de novembro. TeGa preguntou varias cuestións, entre as que destaca os atrancos que teñen moitos lugares no acceso ás redes informáticas de alta velocidade, en especial nas rúas do centro de San Roque.
Outra cuestion debatida foi a moción presentada unilateralmente polo PSOE, na que plantexaba unha serie de obras a incluir no Plan de Obras da Deputación. A postura de TeGa foi que se retirase da orde do día para consensualas cos restantes partidos e membros da oposición, como se acordara o pasado ano. Sorprendentemente, o voceiro do partido socialista non quixo retirala e saiu adiante co apoio do PP de Coristanco e Abrahan Gerpe. Os restantes partidos votamos en contra.
O sentido negativo do nosos voto foi fundamentado en:
1. Non é normal que un só concelleiro queira impoñer todas as obras que se fagan ao longo do ano con cargo ao POS da Deputación. Casi 1 millón de euros en obras.
2. Non é normal que o PP apoie a proposta do PSOE, deixando de lado aos demáis partidos. Nos derradeiros plenos xa vimos asistindo a certo acercamento de posturas entre os dous partidos.
3. Con esta iniciativa, rachouse os acordos que había o ano pasado sobre o consenso á hora de diseñar as obras que precisa Coristanco. Agora quedarán moitas do ano pasado sin rematar, por dispoñer as do ano pasado de varias fases de execución.
4. Sabendo que todas as obras son necesarias, un só candidato non debe actuar impoñendo os criterios do seu parecer, cando os demáis poden presentar propostas mellorables e tan lícitas como as que saíron adiante.
5. Calquera partido ou candidato podería presentar unha batería de propostas sin acordar cos outros membros da corporación, e intentar impoñelas como así fixo o candidato do PSOE.
6. Convocáronnos a unha xuntanza posterior ao pleno, pero para debatir ditas obras propostas polo PSOE e apoiadas polo PP, pero en ningún caso se falou de obras e servizos que propuxéramos os demáis partidos: o pescado xa estaba vendido!. Creemos que xa está vendido fai tempo.