Concello A Merca

Concello A Merca Información e actualidade do Concello da Merca

🚌💚 𝐄𝐗𝐂𝐔𝐑𝐒𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐀 𝐓𝐄𝐑𝐂𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄: 𝐀𝐍𝐈𝐌𝐀́𝐃𝐄𝐕𝐎𝐒 𝐀 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐂𝐈𝐏𝐀𝐑!O Concello da Merca organiza unha nova excursión para a Tercei...
25/08/2026

🚌💚 𝐄𝐗𝐂𝐔𝐑𝐒𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐀 𝐓𝐄𝐑𝐂𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄: 𝐀𝐍𝐈𝐌𝐀́𝐃𝐄𝐕𝐎𝐒 𝐀 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐂𝐈𝐏𝐀𝐑!

O Concello da Merca organiza unha nova excursión para a Terceira Idade, unha oportunidade perfecta para g***r de dous días de viaxe, cultura, natureza e, sobre todo, de boa compañía. 😊

📍 Destino: Mondoñedo – Taramundi – Praia das Catedrais
📅 Datas: 3 e 4 de outubro

🌿 Durante a viaxe visitaremos lugares tan especiais como os Muíños de Mazonovo, a vila de Taramundi, o conxunto etnográfico de Os Teixos, Ribadeo, Foz, a Praia das Catedrais e Mondoñedo.

👥 Prioridade para pensionistas empadroados/as na Merca. As persoas non empadroadas poderán anotarse e entrarán nunha lista de agarda.

💶 Prezo: 172 € por persoa en habitación dobre
➕ Suplemento habitación individual: 38 €
👨‍👩‍👧‍👦 Mínimo: 40 persoas

📝 Inscricións: do 31 de agosto ao 4 de setembro
📍 Nas oficinas do Concello ou 📞 no 988 26 00 00
👉 Imprescindible presentar o DNI.

💳 Pagamento: do 7 ao 11 de setembro, sempre que se acade o mínimo de participantes.

✨ Unha viaxe para descubrir novos lugares, compartir experiencias e desfrutar xuntos. Animádevos a participar!

💧 COIDA A AUGA. ESTAMOS AO LÍMITE.O nivel das reservas de auga do noso municipio atópase nunha situación moi preocupante...
19/08/2026

💧 COIDA A AUGA. ESTAMOS AO LÍMITE.

O nivel das reservas de auga do noso municipio atópase nunha situación moi preocupante. Se non reducimos o consumo de maneira inmediata, o Concello verase obrigado a aplicar restricións no abastecemento.

É imprescindible a colaboración de todos e todas para garantir o consumo básico nos fogares.

🚫 Evita o enchido de piscinas.
🚫 Evita a rega de xardíns e leiras.
🚫 Evita o lavado de vehículos.
🚫 Evita calquera consumo innecesario.

Tolerancia cero co despilfarro‼️

Cada pequeno xesto conta. A responsabilidade individual é a mellor ferramenta para evitar medidas máis severas.

💙 Coidar a auga é responsabilidade de todos.

Lembramos…💧🚰 𝐎 𝐮𝐬𝐨 𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨𝐧𝐬𝐚𝐛𝐥𝐞 𝐝𝐚 𝐚𝐮𝐠𝐚 𝐞́ 𝐜𝐨𝐮𝐬𝐚 𝐝𝐞 𝐭𝐨𝐝@𝐬No Concello da Merca estamos comprometidos coa protección dun re...
05/08/2026

Lembramos…
💧🚰 𝐎 𝐮𝐬𝐨 𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨𝐧𝐬𝐚𝐛𝐥𝐞 𝐝𝐚 𝐚𝐮𝐠𝐚 𝐞́ 𝐜𝐨𝐮𝐬𝐚 𝐝𝐞 𝐭𝐨𝐝@𝐬

No Concello da Merca estamos comprometidos coa protección dun recurso esencial: a auga. 🌍💙
As altas temperaturas e a falta de chuvias están causando notables reducións nas reservas de auga.
Dende as administracións queremos evitar restricións no subministro básico, por elo, solicitamos que apliques no día a día estes pequenos xestos:
✔️ Controlar o uso en piscinas e regas
✔️ Restrinxir o lavado de vehículos
✔️ Evitar calquera tipo de despilfarro

👉 A concienciación e o compromiso individual son a mellor ferramenta para garantir que a auga chegue a todos os fogares sen interrupcións.

💧 Cada gota conta. Suma o teu esforzo!

🖌 𝐂𝐫𝐞𝐚𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞, 𝐭𝐞́𝐜𝐧𝐢𝐜𝐚 𝐞 𝐭𝐚𝐥𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐫𝐞𝐯𝐢𝐯𝐞𝐧 𝐦𝐨𝐛𝐥𝐞𝐬!Os/as participantes do curso de rehabilitación de mobles do Concel...
04/08/2026

🖌 𝐂𝐫𝐞𝐚𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞, 𝐭𝐞́𝐜𝐧𝐢𝐜𝐚 𝐞 𝐭𝐚𝐥𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐫𝐞𝐯𝐢𝐯𝐞𝐧 𝐦𝐨𝐛𝐥𝐞𝐬!

Os/as participantes do curso de rehabilitación de mobles do Concello da Merca amosan nestas imaxes o gran traballo realizado ao longo destas semanas 👏

🔨 Restauración,
🎨 personalización,
💡 e moita imaxinación…

Cada peza recuperada é o reflexo do esforzo, a aprendizaxe e a ilusión posta neste proxecto. Un exemplo de como dar unha segunda vida aos mobles apostando pola sostibilidade e o aproveitamento dos recursos ♻️

📸 Deixámosvos unha pequena galería para que vexades os resultados!

Parabéns a todas e todos os participantes polo excelente traballo 💙

💙 💙𝟐𝟓 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐥𝐥𝐨. 𝐃𝐢́𝐚 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚No Día de Galicia, queremos felicitar a todos os galegos e galegas, esteades onde esteade...
25/07/2026

💙 💙𝟐𝟓 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐥𝐥𝐨. 𝐃𝐢́𝐚 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚

No Día de Galicia, queremos felicitar a todos os galegos e galegas, esteades onde esteades, e agradecervos que sigades mantendo vivas as nosas raíces e construíndo, día a día, o futuro da nosa terra.

Feliz 25 de xullo! Feliz Día de Galicia! 💙

🌞🎨 𝐀𝐬𝐢́ 𝐝𝐞 𝐛𝐞𝐧 𝐨 𝐞𝐬𝐭𝐚́𝐧 𝐚 𝐩𝐚𝐬𝐚𝐫 𝐧𝐨 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐈𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢𝐥 𝐝𝐞 𝐕𝐞𝐫𝐚́𝐧 𝟐𝟎𝟐𝟔 𝐝𝐚 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚!Xogos, risas, aprendizaxe e moita diversi...
23/07/2026

🌞🎨 𝐀𝐬𝐢́ 𝐝𝐞 𝐛𝐞𝐧 𝐨 𝐞𝐬𝐭𝐚́𝐧 𝐚 𝐩𝐚𝐬𝐚𝐫 𝐧𝐨 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐈𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢𝐥 𝐝𝐞 𝐕𝐞𝐫𝐚́𝐧 𝟐𝟎𝟐𝟔 𝐝𝐚 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚!

Xogos, risas, aprendizaxe e moita diversión en cada xornada 💚
Os nosos nenos e nenas están a vivir uns días cheos de experiencias, amizade e momentos inesquecibles.

📸 Velaquí un pequeno resumo en imaxes do gran ambiente que se vive día a día no campamento!

📢 𝑪𝑨𝑵𝑪𝑬𝑳𝑨𝑫𝑨  𝑨  𝐄𝐗𝐂𝐔𝐑𝐒𝐈𝐎́𝐍 𝟑ª 𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄: 𝐌𝐀́𝐋𝐀𝐆𝐀 – 𝐆𝐑𝐀𝐍𝐀𝐃𝐀, prevista para setembro,  por non acadar o cupo mínimo de reserva...
22/07/2026

📢 𝑪𝑨𝑵𝑪𝑬𝑳𝑨𝑫𝑨 𝑨 𝐄𝐗𝐂𝐔𝐑𝐒𝐈𝐎́𝐍 𝟑ª 𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄: 𝐌𝐀́𝐋𝐀𝐆𝐀 – 𝐆𝐑𝐀𝐍𝐀𝐃𝐀, prevista para setembro, por non acadar o cupo mínimo de reservas.
Estamos organizando outra saída a un destino máis cercano do que informaremos próximamente vía web, redes sociais e as demáis canles habituais de comunicación do Concello da Merca.
Estade atentos/as!! ☺️

📢𝐀𝐕𝐈𝐒𝐎 𝐈𝐌𝐏𝐎𝐑𝐓𝐀𝐍𝐓𝐄 | 𝐒𝐎𝐋𝐈𝐂𝐈𝐓𝐔𝐃𝐄𝐒 𝐂𝐀𝐌𝐁𝐈𝐎 𝐃𝐄 𝐓𝐈𝐓𝐔𝐋𝐀𝐑𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄  𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐃𝐈𝐎𝐒 𝐃𝐄 𝐒𝐔𝐁𝐒𝐓𝐈𝐓𝐔𝐂𝐈𝐎́𝐍 O Concello da Merca informa:👉 A Xunt...
20/07/2026

📢𝐀𝐕𝐈𝐒𝐎 𝐈𝐌𝐏𝐎𝐑𝐓𝐀𝐍𝐓𝐄 | 𝐒𝐎𝐋𝐈𝐂𝐈𝐓𝐔𝐃𝐄𝐒 𝐂𝐀𝐌𝐁𝐈𝐎 𝐃𝐄 𝐓𝐈𝐓𝐔𝐋𝐀𝐑𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐃𝐈𝐎𝐒 𝐃𝐄 𝐒𝐔𝐁𝐒𝐓𝐈𝐓𝐔𝐂𝐈𝐎́𝐍

O Concello da Merca informa:

👉 A Xunta de Galicia vén de establecer unha nova data límite para solicitar cambios de titularidade nas parcelas da zona de concentración parcelaria Faramontaos–Proente (A Merca).

📅 Nova data límite: 14 de agosto de 2026 (inclusive)

Esta ampliación ten como obxectivo garantir os dereitos de todas as persoas afectadas polo proceso.

ℹ️ Para máis información, recoméndase contactar cos servizos correspondentes.
- Concello da Merca. ☎988 26 00 00
- Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural ☎981544763
Xunta de Galicia

🚒🔥  𝐂𝐚𝐦𝐩𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐯𝐞𝐫𝐚́𝐧 𝐝𝐚 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚 𝐜𝐨𝐬 𝐛𝐨𝐦𝐛𝐞𝐢𝐫𝐨𝐬.𝐔𝐧𝐡𝐚 𝐗𝐨𝐫𝐧𝐚𝐝𝐚 𝐜𝐡𝐞𝐚 𝐝𝐞 𝐚𝐩𝐫𝐞𝐧𝐝𝐢𝐳𝐚𝐱𝐞 𝐞 𝐝𝐢𝐯𝐞𝐫𝐬𝐢𝐨́𝐧!(Album 1 de 2)Os cativos e...
20/07/2026

🚒🔥 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐯𝐞𝐫𝐚́𝐧 𝐝𝐚 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚 𝐜𝐨𝐬 𝐛𝐨𝐦𝐛𝐞𝐢𝐫𝐨𝐬.
𝐔𝐧𝐡𝐚 𝐗𝐨𝐫𝐧𝐚𝐝𝐚 𝐜𝐡𝐞𝐚 𝐝𝐞 𝐚𝐩𝐫𝐞𝐧𝐝𝐢𝐳𝐚𝐱𝐞 𝐞 𝐝𝐢𝐯𝐞𝐫𝐬𝐢𝐨́𝐧!
(Album 1 de 2)

Os cativos e cativas do Campamento de Verán da Merca viviron unha experiencia inesquecible xunto aos bombeiros da Mancomunidade Terra de Celanova 👨‍🚒👩‍🚒

Durante a visita, puideron coñecer de preto o seu traballo, descubrir o equipamento que empregan e incluso participar en pequenas actividades prácticas que espertaron a súa curiosidade e entusiasmo 💦🚒

📸 As imaxes que acompañan esta publicación son boa mostra do ben que o pasaron… e do moito que aprenderon!

👏 Grazas aos bombeiros pola súa implicación e por achegar aos máis pequenos valores tan importantes como a prevención, o respecto e o traballo en equipo.

Mancomunidade Terra de Celanova

Dirección

EStrada De Celanova, 3
Celanova
32830

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello A Merca publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello A Merca:

Atajos

Compartir