Concello De Campo Lameiro

Concello De Campo Lameiro Páxina oficial do Concello de Campo Lameiro. Toda a información e actualidade do Concello

GRAN ÉXITO DA FESTA D@S MOZ@S EN IMAXES.
06/09/2026

GRAN ÉXITO DA FESTA D@S MOZ@S EN IMAXES.

A PRAZA DO CONCELLO, CHEA ATA A BANDEIRA PARA A ACTUACIÓN DE 9LOURO A chegada de 9Louro ao escenario da Festa d@s Moz@s ...
06/09/2026

A PRAZA DO CONCELLO, CHEA ATA A BANDEIRA PARA A ACTUACIÓN DE 9LOURO

A chegada de 9Louro ao escenario da Festa d@s Moz@s de O Campo Lameiro provocou unha chegada de público xove que abarrotou por completo a Praza do Concello onde se está a celebrar este evento musical.

Os novos ritmos en galego de 9Louro conectou dun xeito especial co numeroso público que se congregou na XV Festa d@s Moz@s de O Campo Lameiro.

A FESTA D@S MOZ@S TRIUNFA ENTRE O PÚBLICO O público asistente á Festa d@s Moz@s de O Campo Lameiro está gozando dun espe...
06/09/2026

A FESTA D@S MOZ@S TRIUNFA ENTRE O PÚBLICO

O público asistente á Festa d@s Moz@s de O Campo Lameiro está gozando dun espectáculo musical co "Cancioneiro galego" lembrando cancións de toda unha vida que foron acompañando a xeracións que lembran con agarimo a nosa música e o noso folclore.

06/09/2026

O CANCIONEIRO GALEGO TRAE AS MÚSICAS DA NOSA VIDA Á FESTA D@S MOZ@S DE O CAMPO LAMEIRO

Un dos momentos centrais da xornada está sendo protagonizada por “Cancioneiro Galego. As músicas da nosa vida”, un espectáculo que reunirá sobre o escenario diferentes voces, músicos e agrupacións nunha celebración colectiva do patrimonio musical galego.

Fátima Pego, Manolete de Felisa e Lupe Blanco poñen as súas voces a un espectáculo concibido arredor das cancións e melodías que forman parte da memoria musical de varias xeracións.

A proposta complétase coa participación da Banda Unión Cultural de Campo Lameiro, o Grupo Tradicional Foula de Cerdedo Cotobade e a Coral Polifónica de O Campo Lameiro, conformando unha ampla representación da música tradicional, popular e coral.

AILÁ RECIBE OS PRIMEIROS APLAUSOS DO PÚBLICO NA FESTA D@S MOZ@SO público congregado na Praza do Concello, en O Campo Lam...
06/09/2026

AILÁ RECIBE OS PRIMEIROS APLAUSOS DO PÚBLICO NA FESTA D@S MOZ@S

O público congregado na Praza do Concello, en O Campo Lameiro, premia con aplausos as actuacións do grupo Ailá, encargados este ano de abrir a Festa d@s Moz@s de O Campo Lameiro.

06/09/2026

O GRUPO AILÁ ABRE A FESTA D@S MOZ@S DE O CAMPO LAMEIRO

A agrupación musical Ailá foi a encargada de abrir este ano a XV Festa d@s Moz@s de O Campo Lameiro. A música tradicional alcanza un atractivo especial a través da música e o conto do grupo Ailá que xa está a recoller os aplausos do público na Praza do Concello.

TODO PREPARADO PARA QUE ÁS 19 HORAS COMECE A XV FESTA D@S MOZ@S DE O CAMPO LAMEIRO A programación comezará ás 19:00 hora...
06/09/2026

TODO PREPARADO PARA QUE ÁS 19 HORAS COMECE A XV FESTA D@S MOZ@S DE O CAMPO LAMEIRO

A programación comezará ás 19:00 horas coa actuación de Ailá, formación que bebe directamente da música tradicional galega e que achegará ao público unha proposta na que a tradición se combina cunha posta en escena contemporánea.

Ás 20:15 horas chegará un dos momentos centrais da xornada coa proposta “Cancioneiro Galego. As músicas da nosa vida”, un espectáculo que reunirá sobre o escenario diferentes voces, músicos e agrupacións nunha celebración colectiva do patrimonio musical galego.

Neste apartado participarán Fátima Pego, Manolete de Felisa e Lupe Blanco, que achegarán as súas voces a un espectáculo concibido arredor das cancións e melodías que forman parte da memoria musical de varias xeracións.

A proposta completarase coa participación da Banda Unión Cultural de Campo Lameiro, o Grupo Tradicional Foula de Cerdedo Cotobade e a Coral Polifónica de O Campo Lameiro, conformando unha ampla representación da música tradicional, popular e coral.

O programa pecharase ás 22:15 horas coa actuación de 9Louro, que porá o broche final a unha xornada na que diferentes xeracións, estilos e maneiras de entender a música galega compartirán protagonismo.

NON TE ESQUEZA DE QUE MAÑÁ TEREMOS A XV FESTA D@S MOZ@S DE O CAMPO LAMEIRO A PARTIR DAS 19:00 HORAS NA PRAZA DO CONCELLO...
05/09/2026

NON TE ESQUEZA DE QUE MAÑÁ TEREMOS A XV FESTA D@S MOZ@S DE O CAMPO LAMEIRO A PARTIR DAS 19:00 HORAS NA PRAZA DO CONCELLO.

ESGOTADAS ANTES DE REMATAR O PRAZO PREVISTO AS 800 PRAZAS PARA PARTICPAR NA V ANDAINA DE O CAMPO LAMEIRO QUE TERÁ LUGAR ...
05/09/2026

ESGOTADAS ANTES DE REMATAR O PRAZO PREVISTO AS 800 PRAZAS PARA PARTICPAR NA V ANDAINA DE O CAMPO LAMEIRO QUE TERÁ LUGAR O DOMINGO 20 DE SETEMBRO

A V Andaina de O Campo Lameiro completou as 800 prazas dispoñibles antes de rematar o prazo de inscrición, confirmando a consolidación desta cita deportiva e solidaria.

Organizada polo Concello de O Campo Lameiro e o Campo Lameiro C. D., celebrarase o domingo 20 de setembro con percorridos de 8, 15 e 24 quilómetros. Cinco euros de cada inscrición destinaranse á Fundación Andrea.

O alcalde, Carlos Costa, agradece a extraordinaria resposta das persoas participantes e o traballo do comité organizador, das administracións, empresas, establecementos e colaboradores que fan posible esta iniciativa.

VECIÑOS DE O CAMPO LAMEIRO SE SOLIDARIZAN CON CEUTA Un grupo de veciños de O Campo Lameiro respaldaron coa súa presenza ...
03/09/2026

VECIÑOS DE O CAMPO LAMEIRO SE SOLIDARIZAN CON CEUTA

Un grupo de veciños de O Campo Lameiro respaldaron coa súa presenza a convocatoria feita polo Concello en defensa e solidariedade coa veciñanza de Ceuta despois dos sucesos ocurridos os pasados días 30 e 31 de xullo.

O alcalde, Carlos Costa, agradeceu a presenza das persoas alí concentradas, procedeu a ler un manifesto de solidariedade coa veciñanza de Ceuta e reclamou por parte do Goberno de España medidas protectoras e correctoras dos problemas que padece a Cidade Autónoma como consecuencia da avalancha incontrolada de persoas procedentes de Marrocos.

Dirección

O Lameiro
Campo Lameiro
36110

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello De Campo Lameiro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello De Campo Lameiro:

Atajos

Compartir