Esquerda Unida Barbanza

Esquerda Unida Barbanza Páxina de Esquerda Unida na comarca do Barbanza

Dende fai xa 12 días a  Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza mantén un peche no hospital comarcal. Hoxe...
03/05/2026

Dende fai xa 12 días a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza mantén un peche no hospital comarcal. Hoxe fai 822 días que a Plataforma solicitou unha xuntanza coa Xerencia da Área Sanitaria Santiago-Barbanza para trasladar as problemáticas e inquedanzas que toda a veciñanza ven observando, soportando e padecendo dende fai anos; ante o silencio da administración sanitaria da zona, o martes 21 de abril optaron por esta medida de presión e dende entón, día e noite, veciñas e veciños de toda a comarca veñen mantendo unha loita sostible e admirable.

Dende Esquerda Unida sumámonos na esixencia da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza, así como da implantación das medidas que sexan necesarias para dotar de máis profesionais os servizos sanitarios e para a redución e a transparencia na xestión das listas de espera.

Dende aquí, trasladar toda a nosa solidariedade coas Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza e a todas as persoas que loitan polo común, polos dereitos e o benestar do pobo.

08/01/2026

Hoxe estivemos en Noia apoiando ás compañeiras e compañeiros de Mercadona que levan moitos meses xa aturando condicións laborais que non se axustan á legalidade

Dirección

Rúa Ramón Fernández Mato, 19. Entresuelo
Boiro
15930

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Esquerda Unida Barbanza publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Esquerda Unida Barbanza:

Atajos

Compartir