Biblioteca José Saramago SCQ

Biblioteca José Saramago SCQ Biblioteca José Saramago SCQ

Onte estivemos de visita no Museo do Pobo Galego para coñecer mellor a historia das estatuas do Mestre Mateo. Foi o noso...
22/05/2026

Onte estivemos de visita no Museo do Pobo Galego para coñecer mellor a historia das estatuas do Mestre Mateo. Foi o noso xeito de conmemorar o Día Internacional dos Museo deste ano.

Grazas ao por acollernos!

“É o tempo do feminismo, da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e, por que non? Da felicidade”Onte Encarna...
21/05/2026

“É o tempo do feminismo, da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e, por que non? Da felicidade”

Onte Encarna Otero transmitiunos o espírito de Begoña Caamaño a través dun paseo guiado por aqueles lugares de Compostela máis conectados coa escritora homenaxeada nas Letras Galegas deste ano.

Agardamos que o desfrutarades!

Celebramos as Letras Galegas e á homenaxeada, Begoña Caamaño, coa inauguración do mural no Centro Sociocultural das Font...
15/05/2026

Celebramos as Letras Galegas e á homenaxeada, Begoña Caamaño, coa inauguración do mural no Centro Sociocultural das Fontiñas, a palestra de Encarna Otero e a inauguración fotográfico al redor da obra “Morgana en Esmelle”.

Boas Letras a todas e a todos!

A vindeira semana celebramos o Día Internacional dos Museos. Para conmemoralo, a José Saramago organiza un grupo para un...
13/05/2026

A vindeira semana celebramos o Día Internacional dos Museos. Para conmemoralo, a José Saramago organiza un grupo para unha visita guiada ás estatuas do Mestre Mateo.

📍Museo do Pobo Galego
🗓️ Xoves, 21 de maio
⏳ 16:30 h.

Para anotarvos podedes chamar ao 981 52 87 50. De balde para todas e todos os que vos acheguedes. Prazas limitadas!

Agardámosvos 🏛️🗿.

Esta semana celebramos o Día das Letras Galegas, que este ano se adica á escritora Begoña Caamaño (Vigo, 1964 - Santiago...
12/05/2026

Esta semana celebramos o Día das Letras Galegas, que este ano se adica á escritora Begoña Caamaño (Vigo, 1964 - Santiago de Compostela, 2014).

Begoña é a autora de “Circe ou o pracer do azul” (2009) e “Morgana en Esmelle” (2012). Ademais de como escritora, desenvolveuse profesionalmente como xornalista. No plano persoal destacou polo seu activismo incansable como feminista, contra a violencia de xénero e no antimilitarismo.

A Biblioteca José Saramago celebrará as Letras Galegas con varias actividades ao redor da súa figura:

Inauguración do mural conmemorativo das Letras Galegas:
📍CSC das Fontiñas
🗓️ Venres, 15 de maio
⏳ A partir das 18:30 h.
Ademais da inauguración do mural contaremos cun faladoiro a cargo de Encarna Otero, a presentación da exposición fotográfica ao redor do seu universo literario e a actuación musical das Pandereteiras de Vite.

Paseo guiado “A Compostela de Begoña Caamaño”, con Encarna Otero:
📍Punto de encontro: Praza 8 de marzo
🗓️ Mércores, 20 de maio
⏳ 18:00 h.
Con inscrición previa no 981 52 87 50.

Xogo didáctico participativo sobre a figura de Begoña Caamaño:
📍CSC Cidade Histórica Maruxa e Coralia
🗓️ Ao longo de toda a semana

Agardámosvos a todas e a todos nas nosas actividades para conmemorar a figura de Begoña Caamaño. Boas Letras!

O vindeiro mércores o Centro Sociocultural de Vite propónvos unha actividade para as e os máis cativos.Na sala de lectur...
08/05/2026

O vindeiro mércores o Centro Sociocultural de Vite propónvos unha actividade para as e os máis cativos.

Na sala de lectura do centro a Asociacion Acougo levará a cabo un contacontos ao redor da figura dos Bolechas.

📍CSC de Vite ( )
🗓️ Mércores, 13 de maio
⏳ 18 h.

Podedes inscribirvos no propio CSC de Vite ou no 981 54 24 90.

Deixamos atrás abril coas recomendacións de lectura do 12 meses, 12 libros para maio.No mes das Letras Galegas propómosv...
30/04/2026

Deixamos atrás abril coas recomendacións de lectura do 12 meses, 12 libros para maio.

No mes das Letras Galegas propómosvos a lectura dun clásico da nosa lingua. Velaí vai a nosa escolla!

Pechamos o ciclo de actividades ao redor do Día do Libro deste 2026 coas actividades “O moucho boa”, para maiores, e “A ...
29/04/2026

Pechamos o ciclo de actividades ao redor do Día do Libro deste 2026 coas actividades “O moucho boa”, para maiores, e “A miña Carapuchiña”, para cativas e cativos, celebradas na nosa sala de lectura do Centro Sociocultural de Vite.

Grazas a todas e a todos os que vos achegáchedes a elas, e grazas tamén a Miguel polos seus coñecementos e o seu bo facer impartíndoas 📚.

Rematamos esta semana do Día do Libro agradecéndovos que participarades nas actividades propostas pola José Saramago.Rec...
24/04/2026

Rematamos esta semana do Día do Libro agradecéndovos que participarades nas actividades propostas pola José Saramago.

Recordade que na vindeira semana contaremos con obradoiros no Centro Sociocultural de Vite, ao que podedes achegarvos para cubrir as prazas que aínda están dispoñibles:

🗓️ Luns, día 27
✍️ “O moucho voa”, para persoas maiores

🗓️ Mércores, día 29
✍️ “A miña Carapuchiña”, para nenas e nenos de entre 6 e 10 anos

📚

Xa atopáchedes algún? 👀Bo Día do Libro a todas e a todos! 📚📚📚
23/04/2026

Xa atopáchedes algún? 👀

Bo Día do Libro a todas e a todos! 📚📚📚

Dirección

Rúa De Berlín, 13
Berlín
15707

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca José Saramago SCQ publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría