14/11/2014
Algúns becerrenses levantámonos a pasada semana e ó ver este bando pensamos que estábamos en algunha dictadura comunista como Corea do Norte ou Cuba ¿Por que decimos isto? Porque o noso querido "líder", perdón Alcalde e moi dado a mesturar partido con Administración Pública. Ó mellor quere facer como estas dictaduras onde o partido devora a propia administración, ata convertirse na propia extructura do Estado.
Pero por sorte (aínda que para algún é desgracia) vivimos nun país democrático e libre, no que o diñeiro público se gasta no público e non en "panfletos" disfrazados de bandos nos que unha vez máis pretende tratar de "tontos" ós veciños de Becerreá culpando ós adversarios políticos da súa lamentable xestión á fronte do Concello.
Había que preguntarlle ó Sr. Alcalde se se acorda cales eran os idearios do seu partido mellorar a calidade de vida dos traballadores ou mellorarse eles mesmos. Porque en Becerreá dende que o levamos padecendo fai case 7 anos nin se crearon novos postos de traballo, nin mellora dos servicios sociais, en definitiva non mellorou nada a calidade de vida dos becerrenses, máis ben todo o contrario.
Se aínda non coñece polo cargo que obstenta como funciona o Imposto de Bens Inmobles, xa só pola cantidade de vivendas que posue debería saber que este imposto cada Concello libremente pode aplicar unhas tarefas ou outras. Polo que se en Becerreá están as contas tan saneadas como presume non ten necesidade de telo tan elevado, ó mellor o precisa para pagar ás mariscadas que organiza con cargo ós becerrenses para él e os amigos todos os anos polas Candelas, outro exemplo máis de austeridade e de bo goberno.
O canon da auga xa cheira moi mal leva xa toda a vida queixándose del incluso moi hábilmente en vísperas electorais chegou a anunciar a colocación de contadores por "orde" da Xunta nas traídas rurais.
É moi fácil xestionar unha empresa ou unha Administración, o problema é sabela xestionala de forma que como mínimo non dea perdas e se convirta nun pozo sen fondo para os impostos dos cidadáns, cando o diñeiro non é de un é igual perder 5 que perder 100. Xa sabemos que él é experto en mal xestionar o público e pola contra en xestionar magníficamente o del con pisos en diferentes cidades ou accións en múltiples empresas. Pois se tan bo xestor é foi unha pena que non asesorase a Xunta bipartita para que xestionasen mellor Sogama e agora non sería necesario subir o canon para pagar o pufo que deixaron os seus "camaradas". De tódolos xeitos se tan bo é que abandone Sogama e que xestione él mesmo o lixo que xeramos os becerrenses e así xa non precisa subir o recibo do lixo. Se a pesar de ser tan bo xestor é incapaz de tratar o lixo máis barato que Sogama tamén ten a opción de non repercutir nos cidadáns a suba do recibo do lixo e pode por exemplo destinar ós máis de 2000€ que nos custa cada mes ós becerrenses o "Comisario Político", perdón outro lapsus o Concelleiro de Cultura que xa demostrou o que lle importamos os veciños cando tomou posesión cando dixo que senon tiña soldo que marchaba.
Estes son os "gobernantes" dos que podemos presumir de ter en Becerreá un Alcalde que invirte toda a fortuna que gaña da política fóra do Concello, un Concelleiro de Cultura que senon ten soldo non llle "interesamos" os veciños. Como vemos están moi preocupados por Becerreá e polo futuro dos nosos veciños.