PP de Barro

PP de Barro Partido Popular de Barro. Populares de Barro

O PP de Barro acusa ao goberno de poñer en risco aos veciños, as vivendas e o territorio fronte aos lumes por non adheri...
21/05/2026

O PP de Barro acusa ao goberno de poñer en risco aos veciños, as vivendas e o territorio fronte aos lumes por non adherirse ao convenio de limpeza de franxas da Xunta

● Os populares califican de “inadmisible” a actitude de pasotismo e vagancia de Xosé Manuel Fernández Abraldes por non solicitar esta axuda do Goberno galego malia que o municipio é moi sensible por ser unha zona cun importante peso forestal
● O PP revela que 59 días despois de que vencese o prazo inicial de adhesión a esta medida aínda non se pedíu e lamentou que non se aproveiten as oportunidades que ofrece a Xunta

O grupo municipal do PP de Barro vén de acusar ao goberno local de poñer en risco aos veciños, as vivendas, o gando e o territorio fronte aos lumes forestais por non adherirse ao convenio de limpeza de franxas secundarias dos núcleos de poboación da Xunta de Galicia e da empresa pública Seaga e por non artellar ningunha medida especial de roza ás portas do verán máis alá de publicar bandos informativos.
Os populares salientaron que esta iniciativa do Goberno galego é de gran importancia e, proba delo, é que 293 concellos xa se sumaron á mesma para facilitar e axilizar os traballos de prevención consistentes na limpeza dos radios de 50 metros dos núcleos rurais, polo que calificaron de “inadmisible” a actitude pasotismo e vagancia do alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes
Neste senso, lembraron que Barro é un municipio moi sensible a esta lacra por ser unha zona rural e cun gran peso forestal, xa que dispón de moitísimos bosques e zonas arboradas, polo que lamentaron a inacción do executivo municipal para recabar esta axuda da Xunta para rozar e limpar todas as contornas dos núcleo.
O PP local lembrou que o prazo de adhesión ao convenio está aberto durante todo o ano, pero o Goberno galego fixou como primeira data inicial o pasado 21 de marzo para programar todas as actuacións necesarias, “polo que, aínda que Barro se incorpore agora, vai quedar loxicamente fóra destes traballos, xa que nin dá tempo antes da época de calor nin está estipulado pola firma Seaga”.
Así, os populares criticaron que 59 días despois desta data límite siga sen pedirse a adhesión ao convenio de maneira inmediata, pero é que ademais elevou o seu malestar porque a práctica totalidade dos alcaldes consideran a proposta moi interesante e proba delo é que se sumaron masivamente. “Se todo o mundo quere este convenio para facilitar a limpeza das contornas dos núcleos, aínda non sabemos a que están agardando en Barro”, detallaron desde o PP, que cre que o rexedor estase trabucando absolutamente cos tempos neste asunto e esíxelle que rectifique para protexer a Barro nas mellores condicións ante a posible aparición de lumes forestais

Por fin! Carreteras e pistas limpias nunha parroquia! En Perdecanai, a parroquia de Abraldes!Que gran traballo fixo a Xu...
13/05/2026

Por fin! Carreteras e pistas limpias nunha parroquia! En Perdecanai, a parroquia de Abraldes!
Que gran traballo fixo a Xunta de Montes!
SI: A XUNTA DE MONTES.
O Concello de Barro está en política de aforro: Deixar a monte e non gastar. 💶
Así podemos repartir máis en sueldos entre o BNG e o PSOE. Entre Abraldes e Sanmartin.
Mayor inutilidad, imposible

O PP de Barro pídelle ao alcalde que deixe de facer o ridículo cun vídeo onde pide paradas de tren na Portela, cando é c...
30/04/2026

O PP de Barro pídelle ao alcalde que deixe de facer o ridículo cun vídeo onde pide paradas de tren na Portela, cando é competencia estatal

● Os populares lamentaron que o alcalde teña a desfachatez de publicar un vídeo pedindo unha parada e non teña as agallas necesarias para pedirllo ao seu colega no Congreso, Néstor Rego, xa que isto é competencia estatal

● Reiteraron unha vez máis que esta sumisión que dende o BNG teñen a Madrid é completamente inadmisible. “Teñen que seguer sostendo ao Goberno central e claro, hai medo a levarlle a contraria”, indicaron.

● “Póñanse a traballar que o noso concello non se merece a xente que está ao seu cargo. É unha auténtica vergoña que os nosos veciños teñan que estar aturando esto”, reiteraron os populares.

O PP de Barro pídelle ao alcalde que deixe de facer o ridículo cun vídeo onde pide paradas de tren na Portela e se poña a traballar en serio dunha vez. O BNG ten un representante no Congreso, que é ao que se teñen que dirixir para que lle pida ao Ministerio de Óscar Puente que a parada da Portela sexa operativa, lembran dende o PP.

O PP lamentan lamenta que o alcalde teña a desfachatez de publicar un vídeo pedindo unha parada e non teña as agallas necesarias para pedirllo ao seu colega no Congreso, xa que isto é competencia estatal. Reiteraron unha vez maís que esta sumisión que dende o BNG teñen a Madrid é completamente inadmisible. “Teñen que seguer sostendo ao Goberno central e claro hai medo a levarlle a contraria en algo que afecte a Galicia”, indicaron.

“Póñanse a traballar que o noso concello non se merece a xente que está ao seu cargo. É unha auténtica que os nosos veciños teñan que estar aturando esto”, reiteraron os populares.

Os populares reiteraron unha vez máis que esta situación xa cansa.

O concello segue nunha situación de deixadez absoluta, onde só lles preocupa cobrar o soldo pero non traballar. “Póñanse a traballar que o noso concello non se merece estar nestas condicións. É unha auténtica vergoña que os nosos veciños teñan que estar aturando estas declaracións dun representante institucional que nin sabe a quen se ten que dirixir para pedir algo para o seu concello”, reiteraron os populares.

“Dous soldos do concello a cargo dos veciños. Miles de cartos tirados cada ano, xa que nin traballan nin saben traballar, e por riba un deles, ademáis de cobrar o soldo íntegro do concello, adícase a vender produtos como papel hixiénico e toallitas, algo completamente inadmisible cunha dedicación exclusiva”, indicaron dende o PP de Barro.

¿Agardando unha desgracia en  ?Pode ser! O  foi avisado, tamén o Concelleiro do PSOE, Sanmartin, para que acudan a   pre...
29/01/2026

¿Agardando unha desgracia en ?
Pode ser! O foi avisado, tamén o Concelleiro do PSOE, Sanmartin, para que acudan a prepa da escola a facer labores de mantemento, pero…. “No sabe, no contesta” 📲
Así traballan os políticos a sueldo en Barro. Así.

Así tedes que estar veciños e veciñas de  .En alerta 🚨 polas condicions meteorolóxicas como indican as autoridades.Pero ...
27/01/2026

Así tedes que estar veciños e veciñas de .
En alerta 🚨 polas condicions meteorolóxicas como indican as autoridades.
Pero tamén en ALERTA ‼️ porque carreteras, e cunetas están sin limpiar, ainda que temos un Concejal de Servicios a sueldo.

Pontón pode pedirlle conselloa Abraldes, que se queixaba para pedir máis cartos á  para o SAF.Ademáis de falabaratos non...
22/01/2026

Pontón pode pedirlle conselloa Abraldes, que se queixaba para pedir máis cartos á para o SAF.
Ademáis de falabaratos non saben se suben ou baixan

Toda Galicia y Barro están  con Andalucía en estos momentos tan difíciles.Nuestro apoyo, cariño y solidaridad con las ví...
19/01/2026

Toda Galicia y Barro están con Andalucía en estos momentos tan difíciles.

Nuestro apoyo, cariño y solidaridad con las víctimas, sus familias y todos los afectados. 💙💚

O noso sentido pésame polo pasamento de Maruja de Oubiña, a avoa do Presidente do   Apertas grandes da familia popular d...
09/01/2026

O noso sentido pésame polo pasamento de Maruja de Oubiña, a avoa do Presidente do
Apertas grandes da familia popular de

25/12/2025


20/12/2025


Dirección

San Antoniño, 5 Bj
Barro
3194

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PP de Barro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a PP de Barro:

Compartir

Categoría