Concello de Barbadás

Concello de Barbadás Información de interese do Concello de Barbadás

💜💪 Esta mañá acudimos ao Centro Ocupacional e Residencial As Burgas para formar parte dunha interesantísima charla sobre...
08/09/2026

💜💪 Esta mañá acudimos ao Centro Ocupacional e Residencial As Burgas para formar parte dunha interesantísima charla sobre inclusión e igualdade para mulleres e nenas con discapacidade.

⏩️⏩️ A actividade, enmarcada no Programa Luz Pozo Garza para mulleres de todas as idades, estivo guiada pola avogada e consultora Laura Seara.

🔜 A próxima cita do programa é o xoves 24 de setembro, ás 17,00 horas, cunha charla sobre as oportunidades da idade no Fonval (A Valenzá).

🔎 𝐂𝐈𝐄𝐍𝐂𝐈𝐀 𝐂𝐎𝐍𝐓𝐑𝐀 𝐎𝐒 𝐁𝐔𝐋𝐎𝐒!*🧠💥O próximo xoves, 10 de setembro, o Parque dos Patos – A Valenzá,  acolle unha nova activida...
08/09/2026

🔎 𝐂𝐈𝐄𝐍𝐂𝐈𝐀 𝐂𝐎𝐍𝐓𝐑𝐀 𝐎𝐒 𝐁𝐔𝐋𝐎𝐒!*🧠💥

O próximo xoves, 10 de setembro, o Parque dos Patos – A Valenzá, acolle unha nova actividade do proxecto KTB – Kill the Bulo, unha iniciativa para aprender a identificar, cuestionar e desmontar bulos científicos.

A cita será…

📅 o xoves, 10 de setembro de 2026
🕘 ás 21:00 h
📍no Parque dos Patos – A Valenzá - Barbadás

Unha proposta para achegarnos á ciencia dun xeito ameno e participativo e, sobre todo, para desenvolver ferramentas que nos axuden a distinguir entre información científica fiable e desinformación. 🔬🧐

👉 Agardámoste! Ven e pon a proba o teu radar antibulos.

08/09/2026

▶️ Así presentamos o Plan de Obras de 2026, que supón un esforzo inversor de 3,3 millóns de euros.

🤝 Este é o resultado do esforzo do goberno local, da colaboración con outras administracións, do bo facer do funcionariado municipal e da escoita activa da nosa veciñanza.

💜 Mañá falamos de inclusión e igualdade para mulleres e nenas con discapacidade, ven conversar con nós!⏰ 11,00 horas📅 Ma...
07/09/2026

💜 Mañá falamos de inclusión e igualdade para mulleres e nenas con discapacidade, ven conversar con nós!

⏰ 11,00 horas
📅 Martes 8 de setembro
📍 Centro ocupacional e residencial As Burgas

💪 Actividade enmarcada no programa Luz Pozo Garza para mulleres de todas as idades.

✅ O goberno local presentou esta mañá en Finca Fierro o Plan de Obras de 2026, o máis ambicioso da historia de Barbadás,...
07/09/2026

✅ O goberno local presentou esta mañá en Finca Fierro o Plan de Obras de 2026, o máis ambicioso da historia de Barbadás, que conta cunha dotación de 3,3 millóns de euros.

⏩ Estes investimentos están dirixidos a servizos deportivos, infraestruturas, seguridade, estradas e vías (como en Finca Fierro), beirarrúas, zonas verdes ou parques infantís, entre outras.

🎤 Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, e Daniel Rey, tenente alcalde, puxeron en valor o esforzo inversor, que mellora o día a día da nosa veciñanza.

🔍 Aprende a identificar bulos científicos con KTB! ❌"Kill the bulo" chega esta semana a  ! Trátase dunha actividade inte...
07/09/2026

🔍 Aprende a identificar bulos científicos con KTB! ❌

"Kill the bulo" chega esta semana a ! Trátase dunha actividade interactiva que nos ensina a identificar e destruír bulos científicos.

⏰ 21,00 horas
📅 10 de setembro
📍 Parque dos Patos, A Valenzá

⚠️ Incidencia na rede de abastecemento da auga ⚠️Veolia mantén interrompido desde esta mañá o abastecemento na rúa San B...
04/09/2026

⚠️ Incidencia na rede de abastecemento da auga ⚠️

Veolia mantén interrompido desde esta mañá o abastecemento na rúa San Bernabé debido aos traballos de reparación dunha incidencia na rede. A empresa prevé repoñer o servizo ás 15,00 horas de hoxe.

📢 Aberto o prazo de solicitudes! 📢⏩️ O Concello de Barbadás convoca unha liña de axudas destinadas a facilitar a adquisi...
04/09/2026

📢 Aberto o prazo de solicitudes! 📢

⏩️ O Concello de Barbadás convoca unha liña de axudas destinadas a facilitar a adquisición de libros e material didáctico aos alumnos de Educación Infantil matriculados en centros públicos e privados en tramos concertados.

⏳ O prazo comeza hoxe, 4 de setembro, e remata o 5 de outubro.

🔗 Máis info en www.barbadas.es ou escaneando o QR da imaxe.

04/09/2026

🎶😎 Pero como desfrutamos do concerto de Mercedes Peón! 👌

🎶 Despedimos o verán cultural de Barbadás, despois de tres meses de intensa actividade, cunha das artistas galegas máis recoñecidas do panorama musical. Que marabilla! 😍

💪 Aquí vos deixamos as dúas próximas citas do programa Luz Pozo Garza para mulleres de todas as idades.📅 O próximo marte...
04/09/2026

💪 Aquí vos deixamos as dúas próximas citas do programa Luz Pozo Garza para mulleres de todas as idades.

📅 O próximo martes, día 8 de setembro, abordaremos a inclusión e igualdade de mulleres e nenas con discapacidade no Centro Ocupacional e Residencial As Burgas.

📅 E o xoves 24 de setembro reflexionaremos sobre as oportunidades da idade no local O Fonval.

Empoderamento en comunidade!💜

Dirección

Cimadevila, Nº 1
Barbadás
32890

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Concello de Barbadás publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Barbadás:

Atajos

Compartir

Categoría