EsquerdaUnida Vilagarcia

EsquerdaUnida Vilagarcia Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de EsquerdaUnida Vilagarcia, Organización política, Agustín Romero 7, Baixo.

📢 Valoración de EU Vilagarcía sobre o PXOM:Reunión decepcionante que evidencia a falta de xestión do goberno local. No m...
09/04/2026

📢 Valoración de EU Vilagarcía sobre o PXOM:

Reunión decepcionante que evidencia a falta de xestión do goberno local. No mellor dos casos, o PXOM non estará ata 2030 → máis de 25 anos sen planificación 😠

📉 Vilagarcía está estancada dende 2008
🏚️ Máis de 6.000 vivendas baleiras
🌳 Déficit grave de zonas verdes

Datos do propio equipo redactor que desminten ao goberno de Varela.

Ademais, o PXOM non parece dar solución á falta de vivenda nin de solo industrial (escaso crecemento en Trabanca).

👉 Todo apunta a unha manobra para aparentar xestión e xustificar retrasos.

09/02/2026
🔧 Que non vos enganen co conto do parón nas obras!O Convenio Provincial da Construción non establece en ningún punto a o...
07/08/2025

🔧 Que non vos enganen co conto do parón nas obras!

O Convenio Provincial da Construción non establece en ningún punto a obriga de parar a actividade entre o 8 e o 18 de agosto. O único recollido é un festivo de convenio nese período.

Outra cousa ben distinta é que os traballadores/as teñan dereito ás súas vacacións —como debe ser— e que estas coincidan con esas datas. Pero iso non xustifica a paralización total das obras.

📌 Se unha empresa quere continuar a actividade, pode organizar quendas, contratar reforzos ou negociar un calendario co persoal. Hai solucións. O que non se pode permitir é seguir co de sempre: que as empresas fagan e desfagan ao seu antollo, sen pensar nas consecuencias para a veciñanza e o interese público.

‼️ Non é un parón legal, é unha decisión empresarial. E como tal, debe ser cuestionada.

Enlace nos comentarios
17/06/2025

Enlace nos comentarios

Esiximos a gratuidade do servido, non se pode pagar por algo que non funciona.
07/04/2025

Esiximos a gratuidade do servido, non se pode pagar por algo que non funciona.

🔴 ‼️ 𝑬𝑼 𝑫𝑬𝑴𝑨𝑵𝑫𝑨 𝑨 𝑮𝑹𝑨𝑻𝑼𝑰𝑫𝑨𝑫𝑬 𝑫𝑶 𝑽𝑨𝑰𝑩𝑰𝑲𝑬: “𝑵𝑶𝑵 𝑺𝑬 𝑷𝑶𝑫𝑬 𝑷𝑨𝑮𝑨𝑹 𝑷𝑶𝑹 𝑼𝑵 𝑺𝑬𝑹𝑽𝑰𝒁𝑶 𝑸𝑼𝑬 𝑵𝑶𝑵 𝑭𝑼𝑵𝑪𝑰𝑶𝑵𝑨” 🚲❌

🔴 O voceiro de Esquerda Unida, Juan Fajardo, reclama a gratuidade inmediata do servizo público de préstamo de bicicletas VaiBike tras as numerosas queixas da veciñanza 📣

🗣️ “A evidencia demostra que a señora Paola leva meses mentindo ao pleno dicindo que o servizo funciona con normalidade. Pedímoslle que incremente o seu horario laboral para afrontar as melloras que o VaiBike necesita con urxencia”, sinala Fajardo.

O servizo, que naceu como alternativa sostible e saudable 🌱, está agora abandonado e inutilizable por falta de mantemento 🔧, como tantas outras infraestruturas municipais: marquesiñas, fontes, beirarrúas…

🔍 EU denuncia:

⚠️ Bicicletas e estacións en mal estado
⚠️ Falta de mantemento e transparencia
⚠️ Un servizo de pago que non funciona

📌 Ante isto, Esquerda Unida pide:

✅ Gratuídade inmediata do VaiBike
✅ Plan urxente de revisión e mantemento
✅ Transparencia na xestión e uso dos fondos públicos

💬 “O VaiBike debe ser unha alternativa real e útil, non un motivo máis de queixa. A cidadanía de Vilagarcía merece solucións e un goberno que traballe a tempo completo”.

17/03/2025

🔴 𝑬𝑺𝑸𝑼𝑬𝑹𝑫𝑨 𝑼𝑵𝑰𝑫𝑨 𝑫𝑬𝑵𝑼𝑵𝑪𝑰𝑨 𝑶 𝑫𝑬𝑺𝑷𝑰𝑳𝑭𝑨𝑹𝑹𝑶 𝑫𝑬 𝑪𝑨𝑹𝑻𝑶𝑺 𝑷Ú𝑩𝑳𝑰𝑪𝑶𝑺 𝑵𝑨 𝑵𝑶𝑽𝑨 𝑺𝑰𝑵𝑨𝑳𝑰𝒁𝑨𝑪𝑰Ó𝑵 𝑫𝑬 𝑨𝑷𝑨𝑹𝑪𝑨𝑴𝑬𝑵𝑻𝑶𝑺 𝑬𝑵 𝑽𝑰𝑳𝑨𝑮𝑨𝑹𝑪Í𝑨

🔴 Juan Fajardo, voceiro do grupo municipal de Esquerda Unida (EU) crítica a recente implementación dunha nova sinalización de aparcamentos en Vilagarcía de Arousa, cualificándoa de propagandística e sen impacto real na mellora da dispoñibilidade de espazos para aparcar. Segundo EU, esta medida representa un despilfarro de recursos públicos e non resolve os problemas de tráfico e aparcamento na vila.

🔴 Proposta de EU: Sinalización dixital con información en tempo real

EU propón a instalación de paneis dixitais e sensores nos aparcamentos disuasorios que proporcionen información en tempo real sobre o número de prazas dispoñibles. Esta información debería integrarse nunha plataforma dixital accesible desde vehículos intelixentes ou dispositivos móbiles, permitindo aos condutores dirixirse directamente aos aparcamentos con prazas libres e reducindo a circulación innecesaria en busca de estacionamento.

🔴 Beneficios adicionais: Menor conxestión e redución da pegada de carbono

A implementación deste sistema podería contribuír a desconxestionar o tráfico en determinadas rúas, reducir o estrés dos usuarios e diminuír a pegada de carbono. Ademais, facilitaría o acceso a áreas comerciais, mercados e a praza de abastos, impulsando a economía local.

🔴 Crítica á medida actual: Superficial e ineficaz

EU considera que a medida adoptada polo goberno local, liderado polo señor Varela, é superficial e ineficaz, xa que non resolve a escaseza de aparcamento nin a conxestión do tráfico en Vilagarcía. Denuncian que se trata dunha manobra política de carácter publicitario que non axuda aos cidadáns a atopar aparcamento con maior facilidade.

Esquerda Unida insta ao goberno local a investir en solucións tecnolóxicas modernas que melloren a xestión do tráfico e do aparcamento na vila, garantindo unha mobilidade máis eficiente e sustentable para todos os habitantes.

11/02/2025

🔴 𝑬𝑼 𝑷𝑹𝑶𝑷Ó𝑵 𝑼𝑵 𝑷𝑳𝑨𝑵 𝑬𝑿𝑻𝑹𝑨𝑶𝑹𝑫𝑰𝑵𝑨𝑹𝑰𝑶 𝑫𝑬 𝑳𝑰𝑴𝑷𝑬𝒁𝑨 𝑬 𝑴𝑨𝑵𝑻𝑬𝑴𝑬𝑵𝑻𝑶 𝑫𝑨𝑺 𝑩𝑬𝑰𝑹𝑨𝑹𝑹Ú𝑨𝑺 𝑫𝑬 𝑪𝑬𝑴𝑬𝑵𝑻𝑶 𝑬𝑵 𝑽𝑰𝑳𝑨𝑮𝑨𝑹𝑪Í𝑨

🔴 Esquerda Unida insta ao goberno local a aprobar un plan extraordinario de limpeza, mantemento e mellora das beirarrúas de cemento do concello, ante o preocupante estado de degradación e sucidade que presentan. O voceiro do Grupo Municipal trasladará esta petición ao goberno, alertando do risco para a seguridade peonil, especialmente en días de chuvia, debido á acumulación de verdín que fai as beirarrúas extremadamente esvaradías.

🔴 Vilagarcía está inmersa nunha transformación urbana baseada no modelo de cidade accesible, impulsado pola concelleira de urbanismo. Non obstante, a súa execución errada e a falta de mantemento transformaron as novas beirarrúas en espazos dominados polo cemento, cuxa limpeza insuficiente converte moitas rúas en zonas perigosas para a circulación peonil.

🔴 A deterioración destas superficies afecta directamente á calidade de vida da cidadanía, xerando un incremento das caídas e accidentes, sobre todo entre persoas maiores, rapazada e persoas con diversidade funcional. Esta situación limita o dereito destas persoas a desfrutar da cidade en igualdade de condicións e, ao mesmo tempo, contribúe a unha imaxe de abandono que prexudica o atractivo da cidade para residentes e visitantes.

🔴 EU reclama un plan urxente que inclúa accións de limpeza, mantemento e reparación das zonas máis deterioradas. Esta medida debe garantir que as beirarrúas sexan seguras, accesibles e transitables, protexendo á veciñanza de perigos evitables e facendo de Vilagarcía unha cidade máis inclusiva e cohesionada.

31/01/2025

🔴 𝑬𝑺𝑸𝑼𝑬𝑹𝑫𝑨 𝑼𝑵𝑰𝑫𝑨 𝑬𝑺𝑰𝑿𝑬 𝑼𝑵 𝑪𝑨𝑴𝑩𝑰𝑶 𝑵𝑨 𝑿𝑬𝑺𝑻𝑰Ó𝑵 𝑫𝑶 𝑽𝑨𝑰𝑩𝑰𝑲𝑬 𝑨𝑵𝑻𝑬 𝑶𝑺 𝑷É𝑺𝑰𝑴𝑶𝑺 𝑫𝑨𝑻𝑶𝑺 𝑫𝑬 𝑼𝑺𝑶

🚲📉 O Grupo Municipal de Esquerda Unida critica a xestión do servizo Vaibike e reclama medidas urxentes para mellorar a súa eficiencia e accesibilidade. Segundo os datos ofrecidos pola concelleira responsable no último pleno, en 2024 apenas se rexistraron 12.887 usos e 2.808€ de recadación, o que equivale a só 83 usuarios anuais de pago e unha media de 35 usos diarios.

🔴 Para reverter esta situación, EU propón:
✅ Reducir a tarifa anual a 10€ para fomentar o seu uso.
✅ Gratuídade para menores de 26 anos e persoas xubiladas.
✅ Melloras urxentes nas bicicletas e estacións, xa que algunhas presentan un importante deterioro.
✅ Recuperación do parking de bicicletas municipal e posta en marcha dun sistema de alugueiro anual accesible para persoas con menos recursos.

📢 “O servizo de Vaibike non busca recadación, senón fomentar unha mobilidade sostible e reducir as emisións no concello”, destacan desde Esquerda Unida.

🔜 Que opinas? Cres que estas medidas poden mellorar o servizo? Déixanos o teu comentario! 👇

18/12/2024

O Camarada Cesar Roo participa na inauguración do fito da Memoria no cemiterio de Rubians, en memoria dos represaliados polo fascismo. O seu bisavó Jose Ramón Roo foi asasinado no 37 logo de ser apresados na casa onde se ocultaban en Cornazo.

Hoxe achegámonos ata Compostela e, xunto co resto das compañeiras e compañeiros de , berramos ben alto: Polo futuro de G...
15/12/2024

Hoxe achegámonos ata Compostela e, xunto co resto das compañeiras e compañeiros de , berramos ben alto: Polo futuro de Galicia, ALTRI NON‼️

Dirección

Agustín Romero 7
Baixo
36600

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando EsquerdaUnida Vilagarcia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a EsquerdaUnida Vilagarcia:

Compartir