12/06/2026
Queres descubrir Allariz coma nunca antes? Chegan os Roteiros Temáticos 2026! 🗺️✨
Desde Turismo de Allariz convidamos á veciñanza e a todo o público visitante a vivir unha experiencia única entre os meses de xuño e decembro. Unha viaxe guiada para conectar co noso patrimonio histórico, coa riqueza natural e cos tesouros arqueolóxicos do municipio.
As actividades desenvolveranse, na súa maioría, os terceiros sábados de cada mes. Para garantir a calidade de cada visita e g***r do contorno con total proximidade, as prazas son limitadas! 🌿
O punto de partida será este 20 de xuño cunha fascinante viaxe no tempo á Cibdá de Armea! 🏛️
Prepara a túa axenda e non perdas de vista o calendario:
📅 20 xuño – A Cibdá de Armea
📅 18 xullo – Muíños e Curtidorías
📅 8 agosto – Allariz, Centro e Corte Románica
📅 19 setembro – Visita Fotográfica
📅 17 outubro – Obradoiro Familiar de Arqueoloxía
📅 21 novembro – O Castelo de Allariz
📅 19 decembro – Obradoiro Familiar de Arqueoloxía (un plan ideal para a infancia 👦👧)
📍 Todos os roteiros partirán desde a nosa Oficina Municipal de Turismo.
📝 Lembra que é imprescindible realizar inscrición previa!
📞 609 474 976
💻 Para máis información e detalles de cada ruta, podes entrar no apartado de xornal da web municipal: allariz.gal
Súmate a un turismo cultural de calidade e redescubre o noso legado! 💚
O Concello de Allariz presenta unha nova edición dos seus Roteiros Temáticos, unha proposta que permitirá á veciñanza e ao turismo achegarse ao patrimonio histórico, cultural e natural do municipio […]